lunes, 29 de marzo de 2010

RECONQUISTA DE VIGO, NADA QUE CELEBRAR




REFLEXIÓNS LOGO DA FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO Algo que celebrar?

Ver a partidos supostamente progresistas enfrascados en vindicar o proceso histórico de expulsión do invasor francés e restauración absolutista non deixa de asombrar, máxime cando a acción azuzada por terratenentes, clero e nobreza para que fose o pobo chairo o que restaurase os seus privilexios e abortase o constitucionalismo progresista de Cádiz, constitúe un exemplo de como a involución histórica triunfou sempre no estado español.

O Marx na feceta de historiador amosounos a gran parte da esquerda que o proceso de análise histórica debe ter un enfoque máis aló dos grandes feitos patrióticos que esconden realidades sociais e intencionalidades ocultas.
Xa analiza isto nunha carta do 17 de outubro de 1854 a Engels reflexionando sobre a Guerra da Independencia Española:
"...Cando, a consecuencia da matanza de Madrid e das transaccións de Bayona, estalaron insurreccións simultáneas en Asturias, Galicia, Andalucía e Valencia, e un exército francés ocupaba xa Madrid, [...] todas as autoridades constituídas - militares, eclesiásticas, xudiciais e administrativas -, así como a aristocracia, exhortaban ao pobo a someterse ao intruso estranxeiro. Pero había unha circunstancia que compensaba todas as dificultades da situación. Grazas a Napoleón, o país víase libre do seu rei, da súa familia real e do seu goberno. Así foron rotas as trabas que noutro caso puidesen impedir ao pobo español despregar as súas enerxías innatas. As vergoñosas campañas de 1794 e 1795 probaran o pouco capaz que era de resistir aos franceses baixo o mando dos seus reis e en circunstancias ordinarias. [...]
Deste xeito, desde o mesmo comezo da guerra de Independencia, a alta nobreza e a antiga administración perderon toda influencia sobre as clases medias e sobre o pobo por haber desertado nos primeiros días da loita. Ao carón estaban os afrancesados, e ao outro, a nación. En Valladolid, Cartaxena, Selecta, Xaén, Sanlucar, A Coruña, Cidade Rodrigo, Cádiz e Valencia, os membros máis eminentes da antiga administración - gobernadores, xerais e outros destacados personaxes sospeitosos de ser axentes dos franceses e un obstáculo para o movemento nacional - caeron victimas do pobo enfurecido. As autoridades existentes foron, destituídas en todas partes. Uns meses antes do alzamento, o 19 de marzo de 1808, as revoltas populares de Madrid perseguían a destitución do Choricero (alcume de Godoy) e os seus odiosos satélites. Este obxectivo foi conseguido agora a escala nacional, e con iso a revolución interior levaba a cabo tal como anhelaban as masas e sen relacionala coa resistencia ao intruso. O movemento, no seu conxunto, máis parecía dirixido contra a revolución que a favor dela. Era ao mesmo tempo nacional, por proclamar a independencia de España con respecto a Francia; dinástico, por opor o «desexado» Fernando VII a José Bonaparte; reaccionario, por opor as vellas institucións, costumes e leis ás racionais innovacións de Napoleón; supersticioso e fanático, por opor a «santa relixión» ao que se denominaba ateísmo francés, ou sexa, á destrución dos privilexios especiais da Igrexa romana. [...]

O pobo que se levantaba en armas contra os franceses facíao movido pola ignorancia, polo oportunismo das elites, esas mesmas elites que, afogaron o constitucionalismo de Cádiz que como dicía Marx
"...Unha vez expostas as circunstancias que explican a orixe e as características da Constitución de 1812, queda aínda por dilucidar a súa repentina desaparición sen resistencia ao retorno de Fernando VII. De cando en cando presenciou o mundo un espectáculo máis humillante. Cando Fernando entrou en Valencia o 16 de abril de 1814, «o pobo, presa dun xúbilo exaltado, enganchouse á súa carroza e deu testemuño ao rei por todos os medios de expresión posibles, de palabra e obra, que anhelaba verse de novo sometido ao yugo de outrora»; resoaron berros jubilosos de «¡Viva o rei absoluto!», «¡Abaixo a Constitución!» [...]
PSOE e BNG volven caer no engano populista, negándose a afrontar unha visión progresista da Historia. Axudando á restauración borbónica a perpetuarse como garante da estabilidade histórica dun pobo, no canto de ver as cadeas que paulatinamente foron axustando a calquera idea ilustrada, progresista ou avanzada.

O atraso que significou non a expulsión francesa, sinó a restauración do Antigo Réxime, aínda hipoteca moitas das carencias políticas, sociais e estruturais do estado Español.

Eu como cidadán de esquerda, non teño ABSOLUTAMENTE nada que celebrar



No hay comentarios:

Publicar un comentario