martes, 24 de marzo de 2015

CONSTRÚE O PROGRAMA PARTICIPATIVO DA MAREA DE VIGO

Lanzamos o Programa Vivo
Un xeito de facer política distinto, participativo e aberto, onde toda a veciñanza de Vigo poderá participar na elaboración do programa electoral. 
www.mareadevigo.org/programavivo
Para acceder só tes que asinar o manifesto, crear un contrasinal e comezar a facer propostas e votar as xa plantexadas. Cómpre sinalar que as propostas que incluíremos no programa serán aquelas que no cómputo de votos positivos e negativos obteñan +7.
Temos unha cidade aínda por facer. Participa!



sábado, 14 de marzo de 2015

XORNADA DE VOTACIÓN DE PRIMARIAS DA MAREA DE VIGO



Este sábado, 14 de marzo, será unha data sinalada no devir da política municipal viguesa. Por vez primeira na historia, a xente de Vigo poderá escoller libremente a lista electoral que prefira en base aos candidatos e candidatas que se postularon para a mesma. A votación das primarias da Marea de Vigo será desde as nove da mañá até as nove da noite, na cafetería La Moreneta, Colexio de Arquitectos (COAG), Doutor Cadaval nº 5 (Praza do Pobo Galego).
Un xeito de facer política inédito estase a dar na nosa cidade. Avante a Marea!