miércoles, 14 de marzo de 2012

NOVO BLOG DA CAMPAÑA POLA REMUNICIPALIZACION DA AUGA EN VIGO

Xa temos BLOG DE CAMPAÑA


QUE É A CAMPAÑA POLA AUGA PÚBLICA EN VIGO?


ORIXES DA CAMPAÑA

Antes de 1990 o servicio de auga e saneamento na cidade de Vigo era xestionado mediante unha empresa pública EMAVISA e como empresa pública funcionaba con orzamento base 0 porque entendía como indispensables os gastos necesarios en infraestructura para garantir o servizo, igualmente pagábase por consumo .

As presións que grandes corporacións como FCC fixeron ao goberno socialista de Felipe Gonzalez a nos anos 90 para que ser privatizaran todos os servizos públicos municipais non fóron alleas aos gobernos locais e en Vigo a corporación presidida por Manuel Soto decidíu privatizar o servizo en 1990 dando lugar a SERAGUA, empresa privada que modificaba sustancialmente o xeito non só de xestionar o servizo senón de FACTURALO, empezando a funcionar en adiante o sistema de pago por bloques que introducía o feito de que pagábase un primerio bloque de 30 metros cúbicos aínda que a maioría dos veciños e veciñas non chegaban a tal consumo.

O negocio da auga privatizada foi vento en popa, FFC fíxose con gran parte dos servicios en grandes e medianos municipios e en 2001 creou un novo grupo chamado AQUALIA que convertíuse nun auténtico lobby con poder ante concellos e partidos políticos representados.

O propio plego de concesión establecía unha serie de medidas que deixaron ao concello sen capacidade negociadora ante AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo agotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro, por poñer un exemplo: unha familia que consuma 10m3 e unha que consuman 30m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga 34,24 euros/bimestre e a segunda 30m3 paga 38,42 euros. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30m3, sendo esa pequena diferencia ó "canon de saneamento", xa que por "abastecemento", "saneamento"e "cota fixa" páganse 32,15 euros aínda que non abras nin un grifo.

Os incrementos de tarifas dende a privatización foron monumentais, sobre todo nunha cidade donde a maioría das familias consume realmente menos de eses 30 metros cúbicos fixo de agua. Igualmente a excusa da empresa do agotamento das inversións recollidas no plego fai que dende anos non se melloren acometidas e se mellore a rede ante a indiferencia cómplice das corporacións que fóronse sucedendo con maiorías do PSOE, BNG e PP.

A concesión inicial de 25 anos remata no 2015 pero o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, contraviñendo incluso informes técnicos que o contradecían quere prorrogar outros 5 anos máis (ate o 2020) a cambio de recursos económicos otorgados pola concesionaria.

A finalización da concesión de AQUALIA é un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Consideraos que é necesario un novo modelo de xestión que incentive o aforro no uso doméstico, de servicios e industrial, que obrigue ás industrias á depuración selectiva das súas augas residuais e a reciclalas correctamente, que obrigue a reutilizar a auga depurada na EDAR, aireada e saneada, para usos de xardiñería e limpeza de rúas.

Non podemos permitir que unha empresa privada siga empregando as malas decisións políticas: privatizacións, plegos con cláusulas desventaxosas para o Concello.... como escudo para enriquecerse á costa dun dereito como é a auga, un dereito que ten que ser, como tal, público e que busque a xustiza impositiva na sua sustentabilidade económica.

¿QUE PRETENDEMOS ENTÓN?

Neste momento o obxextivo é recoller o 8% de sinaturas do censo electoral de Vigo tal e como solicita o ARTIGO 35 do Regulamento de Participación cidadá de Vigo e a Lei Orgánica 2/1980 sobre referendos e as súas modalidades:

Artigo 35 do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ:
Correspóndelle ao Concello realizar os trámites pertinentes para celebrar a consulta cidadá sobre materias da súa competencia. Tamén se poderá celebrar consulta cidadá a petición colectiva, asinada por un mínimo de veciños non inferior ao 8% do censo electoral municipal, logo da resolución dos acordos interesados. Todo o que non prevé este artigo regularase conforme o disposto na lexislación estatal ou da Comunidade Autónoma, especialmente a Lei Orgánica 2/1980 de 18 de xaneiro, regulamentadora das diferentes modalidades de referendo.

INTENCIÓN DA CAMPAÑA:

O Concello de Vigo, contra o criterio do propio interventor municipal que fixo un informe negativo, decidiu en comisión de goberno ampliar a concesión da auga e o seneamento á AQUALIA, concesionaria dende 1994 do servicio trala privatización de entón da empresa municipal EMAVISA.
Queremos que se someta a referendo esta concesión xa que defendemos que era o momento idóneo para artellar unha volta ao sistema público (en forma de empresa municipal de augas) que abaratase o servicio e promovera a eficiencia e o aforro de recursos.

NÓS DEFENDEMOS ESTA REMUNICIPALIZACIÓN PERO NESTA FASE PEDIMOS ALOMENOS QUE A CIDADANÍA DE VIGO POIDA DECIDIR PUNTOS A EXPLICAR Á CIDADANÍA:

1. Dende fai anos ESQUERDA UNIDA ven denunciado o encarecemento e o interesese económico da xestión pública da auga, que é un recurso natural e un ben universal polo que o acceso a ela ten que ser garantido como un dereito humán

2. A finalización da concesión de AQUALIA era un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva.

3. no estado español estímase un consumo medio diario por persoa de 157 litros por persoa e, con todo, o consumo medio por persoa que se considera eficiente é de 100 a 120 litros por persoa.

4. Dende que se privatizou a auga en Decembro de 1990, o recibo da auga en Vigo aumentou nun 73%, máis do doble ca inflacción.

5. Tomando base 100 o precio do recibo bimensual con un consumo de 30 m3 para xaneiro de 1999, o precio dese recibo era 147 en xaneiro de 1995 e 173 en xaneiro de 1999. Dende o punto de vista dunha xestión ambiental que pretenda o incentiva-lo aforro dese recurso básico é absurdo que se pague sobre un consumo mínimo de 30 m3/recibo bimensual ainda que o consumo sea menor.

6. Dende un punto de vista social, dado que se trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis consume.

7. Moitas moitas persoas descoñecen que o servicio de auga e saneamento en Vigo foi xestionado por unha empresa pública ate que de xeito interesado foi privatizada polo goberno municipal. Estamos ante un feito non aillado senón que foi un proceso que se viviu de xeito análogo en moitos paises europeos, os mesmos, como Italia ou Francia, que agora cuestionan estas privatizacións e comenzan o proceso de remunicipalización da auga. Incluso Italia celebrou un referendo para vincular definitivamente a auga ao sector público e impedir á privatización da mesma.

8. Prentedemos que sexa dende a participación cidadá e o referendo público dende onde parta a defensa dunha remunicipalización do servicio de augas e saneamento de Vigo, polo tanto recollerá sinaturas de acordo co REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO

lunes, 12 de marzo de 2012

A UTILIDADE DUNHA FOLGA XERAL E A MEMORIA

ZP na manifestación central da FOLGA XERAL do 20J de 2002
Se temos algo de memoria, fagamos uso dela e lembremos que en 2002, fai exactamente 10 anos, o parlamento do estado español presentaba unha situación que, de non ser pola gravidade da crise capitalista actual, poderiamos sinalar como semellante.

Gobernaba o PP con maioría absoluta e con ela pretendían apertar o acelerador para impoñer un modelo social acorde co modelo económico dominante, un modelo de maiores cotas de competitividade e produtividade baseadas en baixos salarios, emprego precario e despedimento máis doado e barato.

Nesta liña o goberno presentaba nesa altura unha proposta de REFORMA LABORAL que na práctica supoñía:

  • Suprimia os salarios de tramitación dos traballadores que serían despedidos de xeito improcedente, supoñendo, ademais dunha importante transferencia de diñeiro de mans dos traballadores aos empresarios (que xa fora de 80.000 millóns no 2001), aparecendo a paulatina distorsión entre a barreira entre despedimento procedente e improcedente, achegándonos máis e máis ao despedimento libre e gratuíto
  •  
  • Formulaba o recorte das prestacións por desemprego para eliminar progresivamente o subsidio agrario para os traballadores eventuais do campo
  •  
  • Eliminaba a posibilidade de capitalizar as prestacións por desemprego;
  •  
  • Obrigaba a aceptar calquera traballo con independencia da cualificación, o salario ou a distancia;
  •  
  • Consideraba como renda a indemnización por despedimento;
  •  
  • Eliminaba a prestación nos contratos de inserción e aos traballadores fixos discontinuos
  •  
  • Empeoraba as modalidades de contratación e, coa lei de acompañamento dos presupostos do 2002, limitaba dereitos dos traballadores en relación coa incapacidade laboral.
  •  
  • Ameazaba abertamente con reformar unilateralmente a negociación colectiva restándolle peso os convenios e impoñer unha lei concursal que quitaría aos traballadores o seu dereito preferente no suposto do peche da empresa, perdéndose así boa parte dos dereitos hoxe recoñecidos.

Nese momento, aínda sendo un mercado de traballo coa maior taxa de paro, precariedade e sinestralidade laboral de toda a Comunidade Europea, o estado español tiña un 10-11% de desemprego.

O goberno, na súa carreira local cara ao déficit cero argumentaba a necesidade de establecer un serio recorte dos gastos sociais aínda cando o INEM tiña un superávit de 600.000 millóns e a S.S. de case un billón, recursos que o goberno estaba a utilizar para cadrar ese enfermizo déficit cero e facer unha reforma fiscal que favorecía aos máis ricos. Era entón, manifesta a vontade de desmantelar o estado social, deixando no seu lugar pequenas parcelas asistenciais.

O 20 de xuño CCOO e UGT convocaban Folga xeral á que posteriormente a súa uniron outras forzas sindicais.

A Folga aínda con toda a campaña mediática antisindical, conqueriu parar algúns dos puntos anteriores, especialmente os referidos á causalidade do despedimento, a mobilidade e a negociación colectiva.

Ninguén falaba entón de crise, pero o goberno do PP parecía antes da Folga predisposto a establecer unha serie de medidas de "economía de guerra" contra os traballadores e traballadoras.

10 anos despois co país sumido nunha crise estrutural demoledora as receitas volven ser as mesmas, receitas que valen para tempos de acumulación, como de retroceso, polo que se fai evidente o pálpito de que estas medidas non se formulan como solucións para saír da crise senón como meros comodíns. Comodíns que a dereita pon no taboeiro de xogo cando lle interesa, cando ten maiorías ou cando a crise e o desemprego lle serven como órdago na súa partida.

Hoxe, outra vez, a Folga Xeral serve para despexar a idea de que o sacrificio dos traballadores e traballadoras é consecuencia da crise e que, sen estas medidas que hoxe volta á escena: fin dos salarios de tramitación, demolición controlada da causalidade do despedimento, fin da negociación colectiva…. non sairemos dela.

Ou nos mentían no 2002 cando o país vivía a festa do “capitalismo popular” ou agora pensan que non temos memoria……

Despois do 29 de marzo veremos se teñen razón

domingo, 4 de marzo de 2012