sábado, 5 de noviembre de 2011

¿Por qué ESQUERDA UNIDA-OS VERDES- A ESQUERDA PLURAL?

Moitos me preguntades directamente pero outros, interesados políticamente, preguntan que tipo de coalición é ESQUERDA UNIDA-OS VERDES- A ESQUERDA PLURAL? Vou tentar ser telegráfico

Como saberedes (e senón podedes consultado no rexistro de partidos do Ministerio de Interior" no estado español existen 30 partidos rexistrados coa denominación OS VERDES, nas pasadas municipais na nosa cidade presentouse unha candidatura que viña avalada polo partido estatal OS VERDES-GRUPO VERDE (un de eses múltiples partidos coa denominación verdes), frente ao que din algúns este partido se ten presentado xa en Vigo nas autonómicas, nas xerais e en procesos municipais anteriores (podedes consultalo sen problemas na rede). Agora ben, esta lista estaba composta por INDEPENDENTES (como así figura na propia candidatura presentada á xunta electoral en todos os nomes dos candidatos e candidatas). Os que si eran militantes e non independentes e que históricamente se presentaban polos verdes en Vigo estaban en proceso de decisión (como todos ou case todos os partidos verdes do estado español) de coaligarse con IZQUIERDA UNIDA ou disolverse no proxecto chamado EQUO.

Para ir rematando

O 7 de outubro representantes de ESQUERDA UNIDA e de outros 19 partidos asinaron un acordo de coalición que se presentou ante Xunta electoral contendo cos seguintes partidos verdes:

- LOS VERDES (OS VERDES como a súa denominación GALICIA tal e como aparece no rexistro de Partidos políticos do MIR)
- GIRA MADRID LOS VERDES
- ELS VERDS DEL PAIS VALENCIÁ
- OPCIÓ VERDA-EL VERDS

E outros 16 partidos entre os que destacan CHUNTA ARAGONESISTA, BATZARRE, INICIATIVA PER CATALUÑA-EL VERDS, etc…

En Galicia hai militantes (militantes que non é o mesmo que ir nunha candidatura electoral) de OS VERDES nas candidaturas por exemplo el Lugo onde figura Jose Luis Fernández, un histórico desta organización en Galicia.

O esforzo de ESQUERDA UNIDA en sumar é máis que evidente, quen queira non entendelo, algunha interese electoral ou persoal terá…………



No hay comentarios:

Publicar un comentario