viernes, 21 de octubre de 2011

Estaremos á altura? O exemplo colombiano

Pouca xente o coñece pero Colombia viviu dous procesos de abandono das armas en 20 anos. O primeiro, o coñecido, foi o do movemento guerrilleiro M19, que en marzo de 1990 abandonou as armas, entegrounas nun acto simbólico masivo e pasou a configurarse como organización política e social. E foi nun proceso non exento de dificultades e asasinatos dos seus membros, pero decidido a participar activamente nos procesos electorais de Colombia. Hoxe en día o groso do que foi o M19 forma parte do POLO DEMOCRÁTICO ALTERNATIVO a organización política colombiana equivalente á EU en España. Para este proceso fixo falta unha gran mostra de humildade e constricción da sociedade colombiana que, dende o terrorismo de estado ou o da guerrilla, sufrira o conflito durante anos. E fixérono mesmo cando o candidato presidencial e antigo comandante máximo do M19, Carlos Pizarro foi asasinado en pleno voo por sicarios presuntamente contratados polo goberno colombiano. O M19, nun acto de valentía e amplitude de miras, non retomou as armas senón que seguiu coa súa aposta decidida pola paz e a loita politica.

Pero é que o que a xente non coñece é que a guerrilla máis famosa de Colombia, as FARC tamén abandonaron as armas.

Foi en 1985, baixo os acordos de paz co goberno de Belisario Batancur, e deu lugar á creación da maior organización política e social que coñeceu o castigado país latinoamericano, A UNIÓN PATRIÓTICA. Unha organización de masas con miles de afiliados, moitos exguerrilleros das FARC, pero miles de sindicalistas, activistas sociais, militantes do Partido Comunista de Colombia, intelectuais........

Un ano despois de deixar as armas a UP había xa conseguido 5 senadores, 9 representantes, 14 deputados, 351 concelleiros e 23 alcaldes en todo o país.

Pero ao contrario do M19 a experiencia da UP foi un auténtico xenocidio. Desde entón foron asasinados co amparo do estado colombiano, os paramilitares e os narcotraficamentes miles de militantes e cargos políticos da UP. Semanalmente os seus senadores, candidatos presidenciais, líderes sindicais aparecían asasinados, centos de militantes tomaron camiño do exilia, aquí no Estado Español, puiden coñecer a moitos que me contaron a súa experiencia tráxica.

Ante o inevitable, as FARC disolveron a UP e volveron indefectiblemente ás armas nun conflito que aínda hoxe desangra a Colombia.

¿Que ten que pasar cando unha organización militar ,ou terrorista como querais chamala, decide deixar as armas e expón a saída política?

¿Debe existir unha lei de amnistía ou sacaremos o libro dos agravios para impedir que os que empuñaron as armas poidan actúar politicamente?

¿Que pasaría se o goberno colombiano esixise que aos que tiñan delitos de sangue do M19 non se lles aplicase a amnistía?

Só 24 horas despois de que ETA anunciase o fin da loita armada empezo a pensar que non estamos á altura das circunstancias e de despexar estas cuestións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario