martes, 18 de mayo de 2010

GOBERNO DE PATRÓNS


Realmente a pesar de ter visto o filme varias veces non lembraba esa escena, e foi gracias a unha proxección audiovisual no XII Congreso do PCG que recuperei ese momento no que o patrón dirixese ós braceiros na imprescindible NOVECENTO de Bertolucci para pedirlles un SACRIFICIO ante a merma na producción da colleita dese ano.

Un braceiro, colocado no centro da escea, replícalle ó patrón “pero e que cando a colleita é doble non nos pagas máis polo traballo”. O patrón perde nese momento a mesura na súa alocución os seus empregados, acaban de tocarlle no cerne do seu capitalismo.

Non é gratuita a inclusión deste fragmento da xenial obra de Bertolucci no audivisual, porque a pesar dos anos pasados da realización do guión do filme, a pesar de que está ambientando a súa vez na Italia mísera de entreguerras, o concepto de SACRIFICIO que relata está máis vivo que nunca. De novo, o patrón, os patróns e os gobernos que gobernan para eles volven a pedirnos sacrificios para salvar a súa colleita que en vez de trigo e centeo vístese de bonos e beneficios.

Ante a crise do capitalismo, ante a nefasta xestión dos recursos públicos, ante o estoupido de burbullas de todo tipo, pídennos un novo sacrificio. Que sexamos todos os que paguemos o pato, eles mantendo o seu estatus quo inamovilble e nos perdendo dereitos sociais, laborais e a dignidade.

O goberno socialista no estado español actúa exactamente igual que o patrón de Novecento, pretende que o sacrificio salve o seu establishment. Se non fora un goberno de patróns non pediría nada a asalariados que bastante teñen con vivir co medo do desemprego ou funcionarios que ven como o seu poder adquisitivo fíxose trizas no último lustro.

Se non fora, como din nos seus mítines, un goberno de patróns seguro recuperaría o Imposto de Patrimonio que significaría para as arcas do estado uns ingresos de polo menos 2.200 millóns de euros (200 millóns de euros máis que o que representa a conxelación de pensións e o endurecemento das condicións para a pensión parcial).

Loitaría por reducir alo menos 3 puntos de PIB na economía mergullada, o que representaría un aumento da recadación fiscal de 10.000 millóns por ano, é dicir 4.000 millóns máis que a redución e conxelación dos salarios dos empregados públicos.

Pagarían máis os que máis teñen aumentando a tributación do 43 ao 50% no tramo último do IRPF (o que afecta as rendas máis altas) o que permitiría aumentar a recadación fiscal en 2.500 millóns de euros, é dicir 1.250 millóns máis que a eliminación do cheque bebé.

Actuaría sobre as SICAV, evitando a equiparación en tributación de rendas de traballo e de capital, aumentando a tributación das sociedades financeiras e das empresas que cotizan en Bolsa ou que sen cotizar teñen máis de 250 traballadores, ou lanzaría un acoso sobre as taxas sobre transaccións en Bolsa, ou co incremento de recadación do IVE por utilización en consumo de billetes de 500 euros ou reducións da Igrexa católica, Casa Real ou mesmo a retirada de tropas en Afganistán, co que pódese conservar os 6.000 euros do programa de investimentos públicos e mesmo incrementalo substancialmente.

Esto que ten unha lectura fácil e que a unha persona normal parecelle máis elaborado que pedir sacrificios (algo bíblico e moi teolóxico pero con poucas aplicacións no mundo da economía) foiselle presentado fai case un ano por parte de Cayo Lara ó goberno,
.... pero claro, o mellor tiñamos que ter en conta que este é un goberno de patróns e non de braceiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario