jueves, 29 de abril de 2010

GUION INTERVENCION DEBATE SOBRE O FUTURO DAS CAIXAS

Guión da intervención do coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, do debate sobre o Futuro das Caixas na AA VV Val do Fragoso o 29 de abril.
-------------------------------------------------------------------------
Ante todo un agradecemento en nome da agrupación local de ESQUERDA UNIDA pola invitación cursada, invitación que agradecemos enormemente por ser un tema no que consideramos que EU esta facendo interesantes aportacións e perfectamente aplicables.

Para nós o debate sobre o futuro das CAIXAS DE AFORROS ten unha orixe na crise financiera e nos efectos desta na economía real, é algo obvio porque se dispara a partir da entrada en barrena do capitalismo financeiro español e porque fai somentes dous anos as Caixas estaban na súa fase máis expansionista da súa historia alleas a realidade económica que se avecinaba.

O debate esencial é o papel que teñen que xogar na economía española e o carácter xurídico das mesas, o debate das fusións para nós e secundario, ainda que a clase política estemos empeñados en presentalo como importante.

E consideramos que o debate esencial é o primero por varios motivos:
- Porque as caixas representan aproximadamente o 50% dos depósitos e dos créditos concedidos polo sistema financeiro español
- Porque en termos de eficiencia e rentabilidade soportan calqueira comparación co sistema financeiro privado (AÍNDA QUE NON O PAREZA POLA XESTIÓN NEFASTA DALGUNS CONSELLOS DE ADMÓN.)

E parece un debate novo, pero sempre aparece en tempos de movementos do capitalismo financeiro. E aparece porque o trasfondo para nós non só e a crise senón o enésimo intento de definitiva a completa privatización.

O sistema de saúde e as caixas son os dous ámbitos que os círculos de poder financieros e económicos buscan privatizar dende fai anos, de este modo durante a primeira lexislatura de Aznar planteouse abertamente pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DA BANCA PRIVADA a completa privatización das caixas, algo que repetidamente veñen pedindo en base a o cambio de estatus xuridico das mesmas que permita a entrada da banca privada (algo prohibido ate o de agora).

Na actual coxuntura económica de crise do sistema financiero, primeiro en USA e logo na UE, xurde análogamente o debate sobre a fusións das CC de AA nalgunhas comunidades autónomas, fusións a veces vinculadas a delicada situación na que se encontran moitas delas e na argumentación de que 42 caixas son moitas. E obvio que a atomización favorece a Banca Privada nunha hipotética adquisición previa modificación xuridica. AS FUSIÓNS PODEN SER O PRIMEIRO PASO A PRIVATIZACION
En Galicia o debate ten sido manipulado evidentemente por varios axentes:

- grupos económicos beneficiados por unha ou outra caixa
- intereses dos partidos políticos con representación nas caixas
- e os propios poderes locais argumentando intereses localistas que para nada apareceron, por exemplo en Vigo, cando Caixavigo absorveu (de facto foi asi, caixaourense e caixapontevedra). Se olvidar os fortes lazos de intereses personais, empresariais ect... entre as caixas e os poderes locais.

Realmente as dúas caixas teñen practicado estos anos unha huída cara adiante baseada na apertura de sucursais noutras comunidades e unha competencia na oferta cultural que enama da obra social.

Hoxe tanto unha como ourtra estan fechando oficinas abertas fai menos de dous anos o que explica unha falla de planificación brutal, un desempeño da actividade financeira ó calor do sector do ladrillo (a donde vai un constructor galego hai vai a caixa de turno a poñer sucursal). Na práctica a cidadanía e incapaz de diferenciar un banco dunha caixa polo que a súa pervivencia ou privatización corre risco de ser un debate hurtado ó conxunto da poboación.

A NOSA PROPOSTA:

IDEA FORZA: A fusión de ambas caixas (algo inevitable dende o minuto 1) ten que facerse en torno a unha lei de caixas que permita crear unha Banca Pública Galega federada nunha Banca Pública Estatal (principio de solidariedade entre todas). Unha banca pública que existiu, que se privatizou e desartellou e que nesta situación financeira serviria de moito para axudar ó conxunto dos traballadores, das pequenas e medianas empresas que se afogan hoxe en dia entre intereses e vencimentos de pólizas de credito. Exiten antecedentes históricos como o Banco Hipotecario, O Banco de Crédito local ou posteriormente a Caixa Postal e Arxentaria.

PROPOSTAS:

- Mantemento das Caixas como entidades públicas e xestionadas por profesionais do sector (caso de Moltó en CCM que tiña un perfil para nada ligado ó sector)
- Que sexan públicas non significan xestionadas ou tuteladas por partidos políticos locais. Os estatutos das caixasa deben ser serios e marcan indefectiblemente as competencias e poderes.
- Vinculadas á creación de emprego, que prioricen o crédito a empresas xeradoras de emprego antes que xeradoras de beneficios ou dividendos accionaríais
- Que señan o centro de gravidade financeiro para a planificación estratéxica da economía. Un novo modelo productivo, alternativo ó que xenerou a crise, non pode facerse sen un sistema financeiro público. O privado, os modelos dos Lehman Brothers, a AIC, a Washinton Mutual xa demostraron coas suas caídas que non son referencias de nada.
- Cunha obra social verdadeiramente cultural e multipolar (basta de obra social de rondallas, zarzuelas e política cultural gerontológico)


... E UN MINUTO DE CAÑA CONTRA PP, PSOE E BNG

O goberno erra de cheo no FROB porque non se poden artellar as mesmas medidas na banca privada (cos seus accionistas e dividendos) que na pública. A oposición di unha cousa nun consello dunha caixa e outra radicalmente diferente noutra comunidade, falla de proposta común e de solucións

A idea dunha caixa galega aillada do resto do sector financeiro español é impresentable. O modelo confederal de caixas e o único que pode armonizar que, por exemplo, unha empresa decida instalarse nunha comunidade ou noutra en base a mellores condicions crediticias, hai que evitar a competencia entre comunidades. Aquí todos xogamos coas mesmas reglas e cunha lei xeral de caixas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario