martes, 10 de julio de 2012

MANIFESTO: Vigo en apoio das reivindicacións das zonas e comarcas mineiras



Hoxe chegaron a Madrid centos de mineiros de diferentes zonas e comarcas do Estado que seguen mantendo en explotación minas de carbón tanto de interior como ao descuberto. Hoxe en día aínda dependen deste sector miles de postos de traballo, tanto directos como indirectos, repartidos en todas as concas mineiras.

O Goberno de España, a través do Ministerio de Industria, conxuntamente coa Patronal Carbunión e os sindicatos máis representativos do sector do carbón, UXT e CCOO, asinaron o 28 de marzo de 2006 o PLAN NACIONAL DE RESERVA ESTRATÉXICA DE CARBÓN 2006/2012 E NOVO MODELO DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL E SUSTENTABLE DAS COMARCAS MINEIRAS.

Devandito Plan contemplaba distintas liñas de axudas moi importantes para a economía das comarcas e municipios mineiros.
  • Axudas á produción
  • Axudas a soportar custos sociais
  • Axudas á reactivación (formación, proxectos empresariais e proxectos de infraestruturas)
A situación actual do sector do carbón atravesa un momento complexo, condicionado ao cumprimento do Real Decreto de Garantía de subministración e á Decisión Europea do 10 de decembro que condiciona as axudas á produción ao peche das explotacións mineiras con data 2018, creando neste momento unha gran incerteza de futuro tanto para as empresas mineiras aragonesas como para os municipios mineiros.

Esta situación agrávase en gran medida coa incongruente decisión tomada polo Goberno central do PP de aplicar un recorte brutal en cada un dos parámetros do Plan, incluídas as axudas ao funcionamento. O recorte exposto por Europa sumado ao do Goberno español aboca, sen dúbida, ás explotacións mineiras a un peche inmediato coa consecuente perda de emprego e coas graves consecuencias económicas que esa decisión supón.

ESTA DECISIÓN DO GOBERNO SUPÓN:
  • Unha reducción nas Axudas á produción dun 63,2%
  • Unha reducción nas inversións do 39,17%
  • Unha reducción nas Axudas ás Empresas alternativas ao carbón do 76,6%
  • A eliminación total da Formación e Bolsas que caen nun 99,96%
  • E o máis grave: a eliminación dos fondos para Seguridade Mineira.
Este incumprimento do Plan prexudica gravemente ás comarcas e municipios mineiros en todos os seus aspectos, moi concretamente no apartado de Infraestruturas e de axudas empresariais ás empresas que decidan instalarse nas zonas e comarcas mineiras, eliminando calquera posibilidade de Reactivación das Comarcas Mineiras, tal e como estaba pactado.

Esquerda Unida de Vigo, O Partido Comunista de Galicia e a Xuventide Comunista como forzas internacionalistas e de clase, consideramos indispensable que, independentemente da situación geográfica das concas mineiras, recoñezamos o papel socio-económico que aínda desempeña a minería do carbón nesas zonas, e pide o apoio decidido as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da minería, da cidadanía que vive e quere seguir vivindo nelas, dos concellos e comarcas afectadas e do sector do carbón en xeral.

Reclamamos, unha vez que foron rexeitadas as emendas presentadas polo noso Grupo Parlamentario no trámite parlamentario dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), que o trámite dos Orzamentos Xerais no Senado recolla emendas que modifiquen os orzamentos PGE, concretamente as que:
1. Permitan cumprir integramente os compromisos adquiridos e asinados no Plan Nacional de Reserva Estratéxica do Carbón 2006/2012 e novo modelo de desenvolvemento integral e sustentable das comarcas mineiras, en todos os seus parámetros de axudas: producións, emprego, recolocaciones e reactivación nos seus diferentes parámetros como proxectos empresariais, proxectos de infraestruturas, formación e bolsas.

2. As que posibiliten a firma inmediata dos convenios de infraestruturas das distintas convocatorias, aprobados nas Mesas Rexionais da Minería e en tramitación no Ministerio de Industria.

PEDIMOS un novo Plan Estatal de Reserva Estratéxica do Carbón 2013/2018 negociado cos grupos políticos e cos sindicatos de traballadores e traballadoras. Este novo Plan debe ter un claro obxectivo de dar unha alternativa socioeconómica, no marco do desenvolvemento sustentable, ás zonas e comarcas mineiras que seguen vivindo con preocupación o peche das explotacións mineiras e reclaman o seu dereito a ter oportunidades de futuro que só pode vir cunha clara aposta pola diversificación económica e pola inclusión no novo Plan Enerxético Nacional do papel que, no desenvolvemento das enerxías alternativas poden xogar as zonas e comarcas mineiras.

Solicitamos aos seus grupos institucionais que presenten iniciativas políticas de apoio á mobilización e de esixencia de alternativas de futuro socioeconómico sustentable para as zonas e comarcas mineiras.

Expresamos o noso apoio e solidariedade coa folga que están a seguir as zonas e comarcas mineiras en defensa do seu futuro.

Finalmente, apoiamos publicamente as mobilizacións e reivindicacións expostas nas zonas e comarcas mineiras, no traslado das mesmas mediante marchas e mobilizacións a Madrid, apoiamos ás organizacións sindicais, aos traballadores e traballadoras e á cidadanía das comarcas mineiras, e facemos un chamamento a toda a cidadanía viguesa a visualizar que a solidariedade de clase e necesariamente internacionalista

VIVA A LOITA MINEIRA
POLO FUTURO DA NOSA INDUSTRIA





No hay comentarios:

Publicar un comentario