lunes, 16 de mayo de 2011

DEMOCRACIA REAL XA!

  

Onte, tras días de frenética campaña, quixen convertirme nun cidadá anónimo, algo imposible dende que arracou este circo chamado campaña electoral. E mobiliceime respondendo a chamada do movemento DEMOCRACIA REAL que intelixentemente apelou non ao apoliticismo senón a rebelarse contra a partitocracia actual. E asistín anónimanente porque calqueira espazo e movemento como este ten que ter unha dimensión colectiva plural, sen siglas nin apadrinamentos. Porque se apelou á participación política, que non ten necesariamente que pasar por participar nun partido. Porque vindicou a actividade frente a inanición social da crise.

Miles de mozos e mozas desta cidade ou ben estamos en paro ou coa amenaza permanente de que os nosos postos de traballo desaparezan no abismo fagocitador da crise capitalista. Xá e hora de saír á rúa e denuncialo. Pero dentro da pluralidade do movemento hai xente que consideramos que estar políticamente organizado en organizacións políticas de clase é necesario, porque históricamente foron os instrumentos que artellaron as alternativas posibles da clase traballadora, que incidiron nos problemas reais dos homes e mulleres asalariados e asalariadas. Pode ser que as políticas dalgúns partidos que se din de esquerdas foran traidoras, destructoras de dereitos, cómplices do sistema capitalista ou mesmo claudicadoras......... pero a utopía e necesario que sexa organizada....porque é utopia e non quimera e polo tanto é realizable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario