lunes, 18 de abril de 2011

CARTA ABERTA AOS MILITANTES E SIMPATIZANTES DE ESQUERDA UNIDA.

Rubén Pérez
Cabeza de lista de EU ao concello de Vigo

Hai unha parábola que conta sempre Felipe Alcaraz, que ademais de ser o pai do ex-entrenador do Recreativo de Huelva foi durante moitos anos portavoz parlamentario de IZQUIERDA UNIDA, que narra como un capitán manda excavar ós soldados trincheiras: “faremos unha aquí por se o enemigo ven polo norte” outra aquí por se ven polo sur, outra por se veñen polo leste...... e os soldados cavan a cavan sen descanso. É entón cando un soldado lle dí o capitán: disculpe meu capitán, e se atacamos nós e que as trincheiras as caven os enemigos?

.... e levábamos moitos anos cavando.... especialmente dende a caida do muro de Berlín, data na que a esquerda europea alternativa sumíuse nun eterno retroceso de posicións. Dende dentro e fora voces chamaban a que non tiña sentido unha esquerda alternativa, anticapitalista (xa que como decía Fukuyama nos 90 co fin do bloque socialista dábase o fenómeno que el chamou o fin da Historia: dende agora os feitos históricos serán anecdóticos), que tíñamos que integrarse nesa manida CASA COMÚN DA ESQUERDA que ubicaban nos partidos socialistas. Moitos escoitaron os cantos de sirena nese momento, outros como o noso actual alcalde, uns anos antes.
Paralelo a este retroceso, o capitalismo predador, que a nomenclatura empezou a chamar neoliberalismo económico nos 90, empezou a perder o medo os seus enimigos: ó Partido, o sindicato, a folga,... e empezou a artellar o calculado desartellamento do estado de benestar, dos mercados laborais regulados, da pluridade parlamentaria, da pluradidade nos medios,.... en resumo, a desartellar a democracia que dende as ruínas da europa de postguerra construiran golpe a golpe e folga a folga os traballadores e traballadoras.

Creaban paralelamente un sistema financiero mundial baseado esencialmente non na existencia de diñeiro, senón nas espectativas futuras de facerse con él o no endebedamento calculado das capas populares. Algún estratega afinou en chamarlle CAPITALISMO POPULAR. En 20 anos media población obreira de europa estaba hipotecada, ou con créditos ao consumo permanentes.

Este é o momento para nós, para os homes de mulleres de esquerdas de este país, é o momento de que os culpables desta crise, que teñen responsables fundamentalmente económicos pero tamén políticos, COMEZEN A CAVAR TRINCHEIRAS, non por deporte, senón por que a movilización e o voto rebelde e alternativo obríguelles a defenderse.

Hoxe, con media europa gobernada por esa CASA COMÚN DA ESQUERDA e con outra media cos neocons que compraban o libro de FUKUYAMA como a biblia os borbóns, non contexto de crise e descomposición do capitalismo, os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA atrevemonos a decir:

TIÑAMOS RAZÓN EN 1989 MENTRAS TIRÁBADES O MURO E UNIDIMENSIONÁBADES O MUNDO E AS IDEAS. TÍÑAMOS RAZÓN CANDO DENUNCIAMOS ESTE MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TÍÑAMOS RAZÓN CANDO CHAMAMOS SOCIALISMO A ESPERANZA COLECTIVA DE UN MUNDO MELLOR.

Hoxe, nos albores do século XXI, os homes e mulleres de Esquerda Unida presentámonos a este proceso electoral para ser a voz dos traballadores e traballadoras, das persoas máis afectadas pola crise estrutural do capitalismo na nosa terra.

HAI ALTERNATIVA a esta desfeita. Nós sempre defendimos o mesmo: o fin da miseria e do desenvolvemento sostible pasa pola construción do socialismo, esencialmente para que as persoas prevalezan sobre o capital; para que na loita política sea central a contradicción entre o interese acumulativo do capital e os do traballo asalariado. Para que o ben público e social érgase sobre os intereses económicos e a especulación privatizadora.

Para todo esto, ESQUERDA UNIDA achega solucións desde unha óptica de federalidade, de xustiza, de solidariedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario