Un dos poemas máis fermosos do Ary dos Santos, poeta imprescindible das letras portuguesas pero inxustamente tratado quizáis pola súa decidida militancia no Partido Comunista, iníciase cuns versos proféticos e terriblemente actuais:
Era uma vez um país
onde entre o mar e a guerra
vivia o mais infeliz
dos povos à beira-terra*.
A infelicidade de Portugal, neste aniversario da Revolución dos Cravos, tradúcese hoxe na plasmación real do roubo destes últimos 35 anos realizado polos sucesivos gobernos do PS, PSD y CDS-PP, roubo e latrocinio que levou ao país a bancarrota, a facer da crise permanente a realidade que o pobo portugués mírase cada mañá. Roubo que non foi suficiente para os “vampiros” aos que cantaba o Zeca, e teñen que pedir ao FMI que veña a apuntalar o repunante sistema que construiron no país veciño.
Hoxe Portugal vive enfrentado a unha profunda crise económica e social. Máis de 700 000 traballadores están desempregados, centenares de miles sen protección social, a precariedade lastra, empobrece ao traballarador, a emigración voltou a ser unha necesidade. Máis de 2 millóns de portugueses viven na pobreza, o acceso a dereitos esenciais, como a saúde, a vivenda digna, a protección social, o ensino de calidade, a cultura, están, resultado da política de dereita, cada vez lonxe de ser unha realidade para todos e todas. Acentúanse as asimetrias entre o litoral e o interior. Á pobreza de cada vez máis portugueses contraponse as fortunas de moi poucos. Os salarios e as pensións dos portugueses son recortadas impunemente. O aparello produtivo destruído e recesión económica marcan a última década de entrada na Moeda Única e as políticas de sumisión as imposicións da UE. Como recordaba este fin de semana Jerónimo da Sousa, secretario xeral do PCP: “As políticas de capitulación nacional sucédense pondo en dúbida o interese nacional”.
Hoxe mais que nunca hai que recuperar os valores de Abril, vindicar o concepto de “povo” frente ao concepto de “naçao” ao que apelan os “vampiros” do PS e do PSD, vindicar os valores do antifascismo respondendo de xeito sincrónico a magnífica apelación que Stéphane Hessel fai aos valores da Resistencia Francesa no seu recomendable libro “INDIGNÁDEVOS”
Portugal ten que voltar a abrir as portas de abril.
*”As portas que Abril abríu”, de Jose Carlos Ary dos Santos


Trascurridos máis de dous anos da “entrada en barrena” do capitalismo español a realidade é que casi ninguén discute que, no esencial, unha parte importante de orixe do problema parte do modelo de cremento económico do noso país nos últimos anos. Un modelo intimamente ligado a construcción de vivenda baixo o sistema de propiedade privada como modelo de tenencia, descartando modelos públicos de propiedade (parques públicos de vivenda) ou réximes de aluguer. Este sistema de posta en mercado de vivenda libre en cantidades industriais orixinou dous efectos terriblemente lesivos para os traballadores: a dependencia dun alto porcentaxe da man de obra total do sector inmobiliario e o sobreendebedamento familiar como modelo de consumo (lembremos que se chegaban a financiar ate o 120% do valor da vivenda nova en periódos hipotecarios de 40 e 50 anos).