miércoles, 15 de diciembre de 2010


ESQUERDA UNIDA DE VIGO chama a cidadanía viguesa a impulsar e participar na mobilización do 18 de decembro convocada por CCOO e UXT en Vigo


O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e candidato nas vindeiras eleccións municipais, Rubén Pérez Correa, recorda que xa son palpables na nosa cidade os efectos da reforma laboral do PSOE. O coordenador de EU coincide con CCOO na necesidade de outra folga xeral canto antes ante a situación límite de centos de traballadores activos ou desempregados na nosa cidade.

Rubén Pérez denunciou hoxe que a formación de esquerdas está constatando o aumento dos despedimentos en técnicos e profesionais cualificados (hay un aumento dun 18% nos despedidos no mes de novembro con titulación universitaria con respecto ao 2009) feito relacionado coa posta en vigor da reforma laboral xa que antes as empresas non os despedían polo custe da indemnización. Igualmente EU denuncia que esta reforma está precarizando o emprego na nosa cidade ante a evidencia de que case todos os contratos creados nas oficinas de emprego de Vigo son eventuais ou simplemente precarios.

Para ESQUERDA UNIDA trala primeira fase de loita contra a Reforma Laboral, que culminuo na Folga Xeral, e necesario reforzar un calendario de mobilizacións ante as gravísimas consecuencias que a reforma laboral está xenerando na nosa cidade. Dende empresas do sector do metal, auxiliares do naval ate fundacións públicas ou privadas están empregando as causalidades do despido obxetivo que contén a reforma do goberno para despedir a parte ou total da súa plantilla con 20 días por ano.

Por iso ESQUERDA UNIDA chama á cidadanía a participar activamente na movilización do sábado 18 ás 18 horas dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz

No hay comentarios:

Publicar un comentario