viernes, 29 de octubre de 2010

ESQUERDA UNIDA DE VIGO QUERE RECORDAR O INESTIMABLE NESTE DÍA O COMPROMISO DE MARCELINO CAMACHO COA LOITA DOS TRABALLADORES DA NOSA CIDADE


EU PEDIRÁ UNHA RÚA NA NOSA CIDADE Á MARCELINO CAMACHO EN RECORDO DO SEU COMPROMISO COS TRABALLADORES DE VIGO

Aínda tristes e emocionados pola noticia do falecemento queremos recordar dende ESQUERDA UNIDA de VIGO o compromiso do camarada Marcelino Camacho coas loitas que dende a ditadura ate a democracia vivimos os traballadores na nosa cidade. Os conclictos da folga dos tranvías nos 60, a folga de Citroën no 72, a reconversión naval, a loita polos convenios tiveron en Marcelino Camacho un abrazo solidario y un compromiso exemplar.

Queremos recordar tamén ó Marcelino que tantas veces nos visitóu os membros do PCG e de ESQUERDA UNIDA, a última visita que fixo en 1997 para apoiar a candidatura de ESQUERDA UNIDA en momentos trascendentais para o futuro desta organización, visita que fixo acompañado da súa inseparable Josefina, exemplo de esas mulleres de acero das que falaba PASIONARIA.

ESQUERDA UNIDA consideramos imprescindible que as xeración futuras coñezan a loita e o exempo polo que solicitará o nomeamento dunha praza ou rúa na nosa cidade. O coordenador local de ESQUERDA UNIDA, Rubén Pérez pedirá mediante escrito ó pleno do Concello que se materialice este feito


SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU
eu-vigo@esquerdaunida.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario