viernes, 23 de diciembre de 2011

RUBÉN PÉREZ: “A PROPOSTA DE INVERSIÓNS DO ORZAMENTO DO 2012 PARA O CONCELLO DE VIGO É UN DISPARATE E PROPIO DE GOBERNOS “ALIENÍXENAS” FÓRA DA REALIDADE SOCIAL NA QUE VIVEN OS CIDADÁNS”

O coordenador de ESQUERDA UNIDA en Vigo considera errónea e temeraria seguir coa política de “losetas e bancos” en tempos nos que non existen contrapartidas de ingresos para tales obras (PLAN E ou PLAN 2010) e polo tanto serán financiadas baixo endebedamento bancario. ESQUERDA UNIDA considera auténticamente SURREALISTA a política populista do alcalde de pensar que as humanizacións son actuacións propias dun tempo nos que nin siquera están asegurados os servicios sociais máis básicos da cidade.

O coordenador local recorda que o 57% desta inversión será con cargo a PRESTAMOS BANCARIOS nun tempo donde as caixas xa non existen como tal e polo tanto as condicións crediticias son claramente desventaxosas para as entidades públicas.

Para ESQUERDA UNIDA a política de humanizacións ténse demostrado inútil para crear emprego se atendemos ao incremento notable do desemprego no sector da construcción e da obra pública, altamente costosas para o mantemento (limpeza e reparación de mobiliario) e despilfarradoras en canto a recursos como a auga e o alumeado público. Non pode ser que nun momento de clara caída dos ingresos vía trasnferencias estatais (esencialmente o IVA) o concello considere viable un programa de inversións en humanizacións que obrigan a buscar financiación vía incrementos de tasas municipais ou recaudación administrativa (multas por exemplo...).

ESQUERDA UNIDA considera urxente a reforma e reconsideración dos gastos de Xerencia de Urbanismo, maoiritariamente adicados a pagar nóminas de personal (moito del contratado fóra da OPE) ante a manifesta realidade de que o PXOM non vai a desenvolverse como se pretendía no informe económico xustificativo.

ESQUERDA UNIDA considera lamentable que o acceso o estado das contas do concello ESTÉ SECUESTRADO e pide que volva á web do concello a información referente á evolución de ingresos e gastos, curiosamente ausente neste 2011.

jueves, 1 de diciembre de 2011

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOSTA POLO MODELO FRANCÉS ACTUAL DA XESTIÓN DE AGUAS POLO QUE DEFENDERÁ A REMUNICIPALIZACIÓN ANTES QUE A PRÓRROGA A INTERESES PRIVADOS COMO AQUALIA


Logo da empresa municipal de augas de París dende 2010
ESQUERDA UNIDA recorda que en Francia dende 2000 e tras centos de denuncias dos procesos de privatizacións dos anos 80 e 90 (alguns deles con condenas de cárcere como no caso da privatización do servicio de augas de Grenoble) centos de concellos franceses están recuperando o servicio municipal de augas, entre eles París que dende 2010 xestiona públicamente o servicio ao entender que o custe de xestión privado era un 25% máis elevado. EU pide que este mesmo modelo (evaluación real do custe privado) se aplique a AQUALIA para evitar o sobrecuste aos veciños e veciñas por intereses especulativos privados.

Para o coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez de non derrotar o anuncio do goberno do PSOE en Vigo de ampliar ate 2020 a concesión a empresa privada AQUALIA do servicio de augas e saneamento de Vigo, (concesión que remataba en 2015) estaríamos diante dunha oportunidade perdida para facer deste servicio non un negocio senón un xeito sostible, social e público orientado ao interés xeral da cidade.

A finalización da concesión de AQUALIA en 2015 é un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Porque deste xeito podemos xestionar adecuadamente a demanda de auga nos fogares, oficinas, hostalaría, comercios e empresas coñecento previamente o consumo de auga e comparalo co consumo medio diario por persoa. Este modelo de remunicipalización dende 2000 o están aplicando moitos concellos franceses (París en 2010) ante a evidencia que o servizo privado era costoso tanto para o concello como para o cidadán.

É necesario un novo modelo de xestión que incentive o aforro no uso doméstico, de servicios e industrial, que obrigue ás industrias á depuración selectiva das súas augas residuais e a reciclalas correctamente, que obrigue a reutilizar a auga depurada na EDAR, aireada e saneada, para usos de xardiñería e limpeza de rúas. Hoxe unha familia que consuma 10 m3 paga 34,24 euros/bimestre e unha familia que consuma 30 m3 paga 38,42 euros, esa pequena diferencia se debe sólo ó "canon de saneamento", xa que por "abastecemento", "saneamento"e "cota fixa" páganse 32,15 euros ainda que teñas a casa pechada. SE CONSUMIRAMOS O QUE PAGAMOS OS NOSOS ENCOROS ESTARÍAN BALEIROS.

Dende un punto de vista social, dado que se trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis consume.

Si houbera un suministro de auga non potable para uso industrial, agrícola e gandeiro, aforraríase enerxía e poderíase suministrar auga máis barata para estes usos. Aínda que para regadío deberase utilizar a procedente do sistema de regadío. Ese suministro sería máis factible si existise en Vigo unha ordenación do territorio que permitise a localización e concentración desas actividades.

lunes, 21 de noviembre de 2011

"A LOS REVOLUCIONARIOS MÁS JÓVENES"

Fai uns meses durante unha visita que o secretario xeral do PCG Carlos Portomeñe e eu fixemos a Cuba invitados polo Consello de Estado, en Villa Clara, o mesmo lugar que tomou a columna rebelde liderada polo Ché, unha camarada dirixente do PCC na localidade regalounos un pequeno caderno donde figura un texto de Fidel.

Non lera antes desa visita este texto de Fidel nin coñecía o ano en que foi redactado, pero esa noite, despois dun día cheo de encontros e solidariedade con veciños e veciñas de Villa Clara, da visita ao memorial do Ché, da xuntanza cun CDR local, lendo o pequeno caderno pensei que esas verbas terían que acompañarme ó resto da miña vida. Dende entón ese caderno vai sempre na miña carteira.... e reconforta en tempos duros pero tamén faime ter os pés en terra nos tempos propicios.....

Quero compartilo cos homes e mulleres de esquerdas que deron este domingo as á nosa forza que tamén é a vosa:

" A los revolucionarios más jóvenes, especialmente, recomiendo exigencia máxima y disciplina férrea, sin ambición de poder, autosuficiencia, ni vanaglorias. Cuidarse de métodos y mecanismos burocráticos. No caer en simples consignas. Ver en los procedimientos burocráticos el peor obstáculo. Usar la ciencia y la computación sin caer en lenguaje tecnicista e ininteligible de élites especializadas. Sed de saber, constancia, ejercicios físicos y también mentales.

En la nueva era que vivimos, el capitalismo no sirve ni como instrumento. Es como un árbol con raíces podridas del que sólo brotan las peores formas de individualismo, corrupción y desigualdad. Tampoco debe regalarse nada a los que pueden producir y no producen o producen poco. Prémiese el mérito de los que trabajan con sus manos o su inteligencia.

Si hemos universalizado los estudios superiores, debemos universalizar el trabajo físico simple, que ayuda por lo menos a realizar parte de las infinitas inversiones que todos demandan, cual si existiera una enorme reserva de divisas y de fuerza de trabajo. Cuídense en especial de los que inventan empresas del Estado con cualquier pretexto y administran después las fáciles ganancias cual si hubiesen sido capitalistas toda la vida, sembrando egoísmo y privilegios.

Mientras no se tome conciencia de esas realidades, ningún esfuerzo puede realizarse para \"impedir a tiempo\", como diría Martí, que el imperio al que vio surgir por haber vivido en sus entrañas, destroce los destinos de la humanidad.

Ser dialécticos y creadores. No hay otra alternativa posible.

Fidel

sábado, 19 de noviembre de 2011

FOTOS DO ACTO DE PECHE DE CAMPAÑA DE EU EN TEIS (VIGO)

    Foto de familia de asinantes do manifesto NÓS, CON ESQUERDA UNIDA e membros da candidatura de EU-OV

     Rubén Pérez, cabeza de lista de EU-OV ao Congreso por Pontevedra

viernes, 18 de noviembre de 2011

NÓS, CON ESQUERDA UNIDA

Manifesto en apoio á candidatura de ESQUERDA UNIDA-OS VERDES-A ESQUERDA PLURAL en Pontevedra

A crise global do capitalismo, manifestada principalmente como unha crise financeira e de emprego, viuse agravada por unha crise enerxética e ambiental producida por un sistema que premia o afán de lucro en lugar do ben común. Hoxe as cifras de desemprego e precaridade laboral na provincia de Pontevedra son alarmantes, especialmente na comarca de Vigo que con máis de 60.000 desempregados supón un duro golpe a zona que aportaba ate fai ben pouco o 33% do PIB galego.

No mesmo sentido, a construción neoliberal europea entrou en crise e sofre dos males que lle diagnosticamos no seu momento fundacional, os gobernos actúan ao ditado dos especuladores, a soberanía popular está en dúbida e a democracia en cuestión. A economía ponse ao servizo de cada vez menos xente e de intereses cada vez máis inconfesables, as medidas que toman os Gobernos diríxense contra os traballadores e traballadoras, contra os pobos e contra as nacións.

Ao mesmo tempo, a guerra e a súa maquinaria de morte desprégase para pór os recursos naturais do planeta ao servizo dos intereses do capital e de manter o propio negocio da guerra.

Neste momento de fonda preocupación social, a indignación debe converterse en rebeldía organizada e nunha Alternativa que abra espazo á esperanza, trátase de buscar unha saída de esquerda á crise, trátase de politizar a crise, en definitiva de recuperar o nexo que nunca debeu romper entre economía, sociedade e política.

Desde esta realidade, estamos convencidos da necesidade de plantar cara ao neoliberalismo en todas as frontes, e de ampliar e fortalecer a alternativa programática e social que supón ESQUERDA UNIDA.

Poque é dende o encontro da esquerda plural que quere representar ESQUERDA UNIDA dende donde queremos construír con outros e outras, unha nova axenda para o cambio social, conectando co antigo soño dun mundo en liberdade e xustiza, sen represión, explotación, fame ou necesidade. O vello soño dos dereitos humáns de todos os dereitos humanos para todos.

Por iso é imprescindible una ESQUERDA UNIDA forte no Congreso dos Deputados, para fortalecer á esquerda en Galicia e no Estado español, porque é ESQUERDA UNIDA a que ten un programa que avanza decididamente, tamén, na defensa dun novo modelo de democracia económica e social, na reforma do poder xudicial, nun novo sistema electoral xusto, na laicidade do Estado, cunha plena separación deste das Igrexas, da Católica en particular, e nunha superación das inxustizas de xénero.

Por iso apoiamos a ESQUERDA UNIDA, porque entre a dicotomía DEMOCRACIA ou MERCADOS eleximos como homes e mulleres de esquerda.

É o momento da esquerda alternativa, por nós e polo futuro dos que virán. Seguir ese camino tal e como dixo o noso querido Marcelino Camacho: Sempre adiante, sempre a esquerda.

Marta Albadalejo Iglesias (Avogada); Luis Alonso Bacigalupe (Profesor universitario) Xesús Alonso Montero (Catedrático de Universidade) José Manuel Alves Piñeiro (Sindicalista) Socorro Aramburu Núñez (Enfermeira) Jesús Araújo Nores (Médico ORL) Carmen Becerra Suárez (Profesora de Universidade) Carmen Bellas Becerra (Directora de Cine) Emilio Bellas Jiménez (Catedrático de Instituto) Gustavo Bodelón Velasco (Profesor de Instituto) Mohamed Boutinguiza Larosi (Profesor universitario) Blanca Camaño González (Catedrática de Instituto) Pedro Carrasco Solla (Xornalista) José Carlos Cermeño Iglesias (Economista) Manuel Angel Candelas Colodrón (Profesor de Universidade) Soledad Cuba López (Investigadora) Anxel Culebras Pérez (Profesor de Instituto) Manuel Dacosta Pardo (Inx. Técnico) Marcos Estévez Orge (Sindicalista) Roi Feijoo Rey (Arquitecto) Jesús G. Maestro (Profesor de Instituto) Mar García Feijoo (Profesora de Instituto) Jose Luis García Pedrosa (Sec Union Comarcal CCOO Pontevedra) José Gómez Alén (Catedrático de Instituto) Avelino González (Actor) Marina González Fernández (Profesora de educación especial) Luis González "Ferreiro" (Militante comunista da clandestinidade) Juan Jose Guirado Fernández (Arquitecto) Modesto Hermida (Catedrático de Instituto) Betty León Fong (Catedrática de Universidade) Belén López Rodríguez (Xornalista Primitivo) López Valcárcel (Avogado) Dolores López Altamirano Negro (Ama de casa) Carmen Luna Sellés (Profesora de Universidade) Nacha Maceda Corujo (Profesora de instituto) Javier Mariño Sieiro (Profesor de Instituto) Miguel Mariño Sieiro (Catedrático de Instituto) Marcos Martínez Domínguez Filólogo Rosa Martínez Guerrero (Catedrática de Instituto) A. Fernando Martínez Randulfe (Avogado) Silvie Mascuñán Tolón (Profesora de Universidade) Jacinto Mosquera Nogueira (Médico de familia) Carlos Núñez Rodriguez (Publicista) José Luis Outes Ruso (Catedrático de Universidade) Cándido Pazó (Autor teatral e contacontos) Alberto Pazó González (Enxeneiro Tecnico) David Pérez Álvarez (Investigador) María de los Angeles Portela Iglesias (Bibliotecaria) Mercedes Quiroga Barro (Profesor de Instituto) Manuel Ramos Cabrer (Profesor universitario) María Luisa Rodriguez Fernández (mestra e militante feminista) Juan Rodríguez Pinal (Enxeñeiro Profesor de instituto) Ramón Rozas (Xornalista) Eduardo Segura Domínguez (Licenciado) Rosa Segura (Catedrática de Instituto) Pilar Seoane Vázquez (Sindicalista) Julia Serra Rodríguez (Profesor universitario) Antonia Tato Fontaina Catedrático de Instituto Waldino Varela Dominguez Sindicalista xubilado Manuel Vázquez de la Cruz (Inxeñeiro Agrónomo) Rosa Vidal Vázquez (Escritora) Raimundo Vidal Moreira (Perito Industrial) Olga Zurrón Ocio (Mestra) Fernado Ramos Armesto (Sec. Union Comarcal CCOO Arousa) Jesus López Rodriguez (Sec. Federación Servicios a cidadanía de CCOO de Arousa)

lunes, 14 de noviembre de 2011

O PARTIDO COMUNISTA CELEBRA OS SEUS “90 ANOS DE COMUNISMO EN VIGO”


Tal día como hoxe luns 14 de novembro fundábase o PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA, xurdido da fusión dos dous partidos comunistas existentes en novembro de 1921 no estado Español.
O PCE, forza integrada actualmente en ESQUERDA UNIDA, quiso celebrar estes 90 anos de loita xuntando na entrada do MARCO, antiga cárcere de Vigo a significados referentes do comunismo vigués. Un representante do mundo da cultura como o catedrático Xesús Alonso Montero, do sindicalismo clandestino e da transición como o fundador de CCOO Waldino Varela, un representante da loita militante clandestina como Luis González “Ferreiro” e un representane da loita institucional na transición como o ex-concelleiro Cárlos Núñez.
Con eles estiveron Carlos Álvarez o actual secretario xeral da Xuventude Comunista E Rubén Pérez, membro do comité federal do PCE e cabeza de lista de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra.
A federación galega do PCE, o Partido Comunista de Galicia quiso facer este acto no M.A.R.C.O. que foi durante decenas de anos cárcere de tortura e represión por onde pasaron antes e despois da guerra centos de militantes comunistas: José Gomez Gayoso, sindicalistas comunistas da conserva, de tranvías, a militante comunista María Araújo, e durante a dictadura Carlos Núñez, Luis González, Waldino Varela, etc…
na foto, de esquerda á dereita:
  • CARLOS ÁLVAREZ: Actual secretario xeral da Xuventude Comunista de Galicia 
  • WALDINO VARELA: Sindicalista histórico de Vulcano, fundador de CCOO en Vigo e exconcelleiro do PCG na primeira lexislatura democrática 
  • LUIS GONZÁLEZ “FERREIRO”: Responsable do aparato de propaganda do PCG durante a dictadura. Foi torturado e foi preso político do franquismo. Membro do primeiro comité central do PCG elexido en París en 1968 
  • (NO CENTRO) XESÚS ALONSO MONTERO: Catedrático da Real Academía da Língua Galega e militante do PCE dende 1962. Escritor e autor de ensaios sobre o comunismo en Galicia 
  • RUBÉN PÉREZ: Membro do Comité Federal do PCE e actual cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA ao Congreso por Pontevedra 
  • CARLOS NÚÑEZ: Exconcelleiro do PCG en Vigo, reorganizador das estructuras clandestinas do PCG durante a dictadura e preso e torturado no mesmo edificio. Membro do primeiro comité central do PCG no exilio.

sábado, 12 de noviembre de 2011

EU-OV DEFENDE A EDUCACIÓN PÚBLICA, LAICA E DE CALIDADE

FONTE: www.vigoalminuto.com

Rubén Pérez, cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, lembrou este martes que ten que haber un “plan de inversión real en Educación con desenvolvemento nos orzamentos do Estado”, evitando os “desastrosos recurtes” que actualmente minan o sistema educativo público.

O candidato lembrou que Esquerda Unida “aposta por unha escola pública, laica e democrática como garante do dereito á educación de todos e todas en condicións de igualdade” e como requisito imprescindibel para un novo modelo produtivo, basado nun desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible. Asimismo, asegurou, “defendemos unha Universidade entendida como servizo público que non busque a competitividade e a excelencia, senón a calidade e a cooperación, e que se oriente á formación de persoas creativas e críticas cunha elevada formación cultural e profesional; “non unha universidade ao servizo do mercado e das demandas empresariais”.
 
Pérez, enumerou as propostas básicas de EU nesta materia que se basan nnha educación pública” como eixo fundamental do sistema educativo; unha rede única de centros de titularidade e xestión pública; a educación nas escolas, a relixión nas igrexas; mellorar, dignificar e recoñecer a labor dos profesionais da educación; aumento da autonomía con “máis participación democrática” en centros e distritos escolares; paralización da “Estratexia Universidade 2015”,”revisión do sistema de titulacións do plan Bolonia” e abrir un debate social con toda a comunidade universitaria. 

A eles uniu un sistema de bolsas e axudas que permita completar os estudos sen obstáculos derivados da orixe social e económico; fixar como obxectivo a “gratuidade dos estudos universitarios”; elaborar un estatuto do Persoal Docente e Investigador negociado cós sindicatos;planificación das prazas universitarias públicas dacordo coas necesidades sociais; establecemento de Campus Interuniversitarios sustituíndo o carácter competitivo dos chamados “Campus de Excelencia” por un modelo cooperativo e incrementar a financiación pública ata alcanzar o 2% do PIB, cun gasto anual por alumno/a equivalente á media universitaria europea.

martes, 8 de noviembre de 2011

HOXE PRESENTAMOS A CAMPAÑA "VOTA PPSOE" COA XUVENTUDE COMUNISTA...E, POR QUÉ?

Porque como ben di a Xuventude Comunista, promotora desta campaña de loita contra o bipartidismo xa sexa con tinta vermella ou azul, o PPSOE ofréceche o mesmo para saír da crise: acatar as reformas que "os mercados" decidan. Para iso non dubidarán en privatizar ou mercantilizar servizos públicos, en seguir aprobando reformas laborais coas que perden dereitos os traballadores e mesmo modificar a ata o de agora intocable Constitución Española con tal de acougar a tan insaciables entes

PORQUE BAIXO GOBERNOS DO PP E DO PSOE TEMOS ESTA SITUACION DRAMÁTICA DA MOCIDADE:

Baixo gobernos do PPSOE os mozos e mozas que teñen máis dificultade para atopar un emprego son os que non acabaron a ESO, cun alarmante 62% de paro entre os menores de 25 anos. Os que estudaron até Bacharelato ou cursaron FP teñen un desemprego do 40,6%. Os universitarios, a pesar dos anos de estudo, afrontan agora máis dificultades que nunca para atopar traballo: un 28,3% segue buscando un traballo.

Baixo gobernos do PPSOE o 42% dos 3.201.200 mozos entre 20 e 30 anos que traballan ten un contrato temporal, segundo o Instituto Nacional de Estatística. A menos idade, máis temporalidade.

Baixo gobernos do PPSOE nesa franxa de idade, o salario medio é de 15.370 euros ao ano. Homes e mulleres traballan en igual proporción.

Baixo gobernos do PPSOE a taxa de paro dos universitarios de entre 25 e 29 anos é o 16,4%, o dobre que en 2008.

Baixo gobernos do PPSOE a metade dos mozos de entre 16 e 35 anos tarda polo menos un ano en atopar traballo tras os seus estudos, segundo unha radiografía do INE (2010) sobre a incorporación dos mozos ao mercado laboral.

Baixo gobernos do PPSOE un de cada cinco novos mantivo o seu primeiro traballo entre un e dous anos. Ao 14,7% duroulle menos de cinco meses (INE).

Baixo gobernos do PPSOE seis de cada dez novos sinalan o paro como o seu principal problema, segundo unha sondaxe da Fundación Bertelsmann. Só a un 4% preocúpanlle os salarios baixos e a un 7%, a precariedade.

Baixo gobernos do PPSOE o 44% dos mozos de 25 a 29 anos ten un emprego por baixo do seu nivel de estudos (segundo datos da OCDE).

Baixo gobernos do PPSOE dos 3.085.600 asalariados públicos de España, o 10,6% ten entre 20 e 30 anos.

Baixo gobernos do PPSOE dous de cada 10 mozos entre 20 e 30 anos declarou na última Enquisa de Poboación Activa que o seu contrato duraría entre catro e seis meses. O 15%, entre un e tres. O 28% non o sabía.

Baixo gobernos do PPSOE 356.200 mozos que teñen traballo buscan outro emprego.

Baixo gobernos do PPSOE o 31,9% dos mozos de entre 18 e 24 anos deixou os estudos sen completar a segunda etapa de ESO, segundo cifras de CC OO a partir dos datos do Eurostat. A media da Unión Europea de mozas sen estudos nesa franxa de idade é do 14,9%.

Baixo gobernos do PPSOE o 62% dos menores de 25 anos que non acabaron a ESO está en paro. Entre os que terminaron Bacharelato ou FP, o paro é do 40,6%.

Baixo gobernos do PPSOE os menores de 29 anos acaparan o 76% dos empregos perdidos entre a poboación que deixou os estudos en ESO.

Baixo gobernos do PPSOE os datos son abafadores: a maior nivel de formación, menos paro: a taxa de desemprego é o 38% entre os 24 e 29 anos para aqueles con formación primaria e vaise reducindo até o 16,6% para aqueles con formación superior (9,4% no caso dos Doutoramentos).

Baixo gobernos do PPSOE aínda así, case tres de cada 10 licenciados ocupa postos de traballo para os que sente máis cualificado do necesario e o incentivo económico por ter unha carreira -é dicir, a mellora salarial fronte a carecer desa formación- é inferior á media da OCDE, segundo o organismo. O problema, segundo os expertos, é a falta de adaptación entre os estudos que se cursan e a necesidade dun mercado de traballo.

Baixo gobernos do PPSOE a principios de 2008, o sector da construción daba emprego a 644.800 mozos de entre 20 e 29 anos. Hoxe son 294.500. En dous anos, os mozos perderon 350.300 postos de traballo na construción.

Baixo gobernos do PPSOE o 53,6% dos mozos entre 18 e 34 anos non está emancipado (5.863.763), segundo cifras do Consello da Mocidade de España (CJE).

Baixo gobernos do PPSOE os mozos terían que apartar máis da metade do seu salario (56%) para pagar unha hipoteca. A porcentaxe cae ao 42,3% no caso do aluguer, segundo o Ministerio de Vivenda.

E para erradicar esta situación ESQUERDA UNIDA si temos programa, programa e programa:


domingo, 6 de noviembre de 2011

SOMOS MÁIS

sábado, 5 de noviembre de 2011

¿Por qué ESQUERDA UNIDA-OS VERDES- A ESQUERDA PLURAL?

Moitos me preguntades directamente pero outros, interesados políticamente, preguntan que tipo de coalición é ESQUERDA UNIDA-OS VERDES- A ESQUERDA PLURAL? Vou tentar ser telegráfico

Como saberedes (e senón podedes consultado no rexistro de partidos do Ministerio de Interior" no estado español existen 30 partidos rexistrados coa denominación OS VERDES, nas pasadas municipais na nosa cidade presentouse unha candidatura que viña avalada polo partido estatal OS VERDES-GRUPO VERDE (un de eses múltiples partidos coa denominación verdes), frente ao que din algúns este partido se ten presentado xa en Vigo nas autonómicas, nas xerais e en procesos municipais anteriores (podedes consultalo sen problemas na rede). Agora ben, esta lista estaba composta por INDEPENDENTES (como así figura na propia candidatura presentada á xunta electoral en todos os nomes dos candidatos e candidatas). Os que si eran militantes e non independentes e que históricamente se presentaban polos verdes en Vigo estaban en proceso de decisión (como todos ou case todos os partidos verdes do estado español) de coaligarse con IZQUIERDA UNIDA ou disolverse no proxecto chamado EQUO.

Para ir rematando

O 7 de outubro representantes de ESQUERDA UNIDA e de outros 19 partidos asinaron un acordo de coalición que se presentou ante Xunta electoral contendo cos seguintes partidos verdes:

- LOS VERDES (OS VERDES como a súa denominación GALICIA tal e como aparece no rexistro de Partidos políticos do MIR)
- GIRA MADRID LOS VERDES
- ELS VERDS DEL PAIS VALENCIÁ
- OPCIÓ VERDA-EL VERDS

E outros 16 partidos entre os que destacan CHUNTA ARAGONESISTA, BATZARRE, INICIATIVA PER CATALUÑA-EL VERDS, etc…

En Galicia hai militantes (militantes que non é o mesmo que ir nunha candidatura electoral) de OS VERDES nas candidaturas por exemplo el Lugo onde figura Jose Luis Fernández, un histórico desta organización en Galicia.

O esforzo de ESQUERDA UNIDA en sumar é máis que evidente, quen queira non entendelo, algunha interese electoral ou persoal terá…………



lunes, 31 de octubre de 2011

DIGNIFICAR O TRABALLOS DOS E DAS XORNALISTAS

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): OS MEDIOS TEÑEN QUE CONTRATAR MÁIS XORNALISTAS ESTA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ASEGURAR A PLURALIDADE DA INFORMACIÓN
O candidato de ESQUERDA UNIDA-OS VERDES ao Congreso dos deputados por Pontevedra Rubén Pérez remitirá un decálogo aos directores e directoras dos medios de comunicación pedindo que remate da “sangría de despidos e recortes de traballadores e traballladoras no medios de comunicación” ante un proceso electoral que require pluralidade e dignificación do traballo de xornalista.



O candidato de ESQUERDA UNIDA considera imprescindible que as axudas públicas e facturación que os medios reciben desde institucións públicas como Concellos, Xunta, Deputacións, etc... revirtan na creación de emprego estable no ámbito do xornalismo profesional. Recorda que os xornalistas están saturados, cubrindo en ocasións actos institucionais excesivos ou de pouca importancia informativa como visitas a obras ou anuncios que poden tramitarse perfectamente con roldas de prensa nos edificios administrativos e non en “paraxes inhóspitos”.

Igualmente ESQUERDA UNIDA defende que se esixa aos partidos políticos que concurren a este proceso electoral que se permitan as preguntas nas roldas de prensa e que se permita a filmación e fotografía libre evitando os “enlatados” proporcionados dende os propios partidos que ignoran o traballo do gremio.
O decálogo recolle as seguintes peticións:
1.Os medios teñen que garantir a estabilidade laboral e as as condicións salariais e de horas de traballo recollidas nos convenios colectivos do sector.

2. Os medios teñen que permitir o traballo libre e obxectivo dos profesionais sen censuras de contados nin directrices ideológicas

3. Os medios teñen que contratar personal suficiente para a cobertura dos partidos chamados minoritarios e establecerán o equilibro informativo evitando a saturación de información “bipartidista”. Non somentes durante o proceso electoral senón que as plantillas deben ser acordes co traballo informativo real.

4. Os medios teñen que evitar solicitar o envío de fotografías dos actos aos partidos sempre que sexa posible xa que para esta actividade existen profesionais competentes e formados chamados fotoxornalistas.

5. Os medios deben esixir aos partidos a posibilidade de realizar preguntas aos candidatos sen censura previa dos partidos

6. Os xornalistas deben ter dietas por traslado aos actos de acordo co convenio colectivo do sector

7. Ningún xornalista de ningún medio pode ser censurado ou apartado da acción formativa por parte dun partido político ou candidato

8. As axudas públicas aos medios por parte das administracións (por lectores, por tiraxe...) para EU deberían ser condicionadas ao mantemento do emprego no sector do xornalismo

9. A inserción de propaganda electoral nos medios non pode condicionar a cobertura maior ou menor nun medio

10. Os e as xornalistas teñen que ser tratados con respeto polos candidatos e partidos e os agravios deben ser defendidos públicamente polas direccións dos medios, acudindo á xustiza se é preciso. A cara pública dun medio son os seus profesionais

sábado, 29 de octubre de 2011

¿E SE GOBERNAMOS OS E AS COMUNISTAS?

De todos os países da UE o único gobernado por comunistas é Chipre. Dende 2001 o AKEL,(Siglas do Partido Progresista do Pobo Traballador) é a principal forza parlamentaria da illa e dende 2008 goberna o país con Dimitris Christifi á cabeza, nos encontros da UE é identificable porque parece sempre aillado do resto de gobernantes e porque sempre suscita a pregunta de moitos ¿quen é o baixiño de pelo branco que aparece na foto? Cando a crise do sistema capitalista (o cúmio da crise) porque o capitalismo leva en crise permamente dende o século XX, no outono de 2008 o goberno comunista de Chipre decidiu ir contracorrente e tomou unha seríe de medidas que contextualizadas no noso país sonan a ciencia ficción:
  1. Elevou o salario mínimo, entendendo que a crise que viña era esencialmente de demanda (e que a crise financeira e ecónomica agudizarían a incapacidade dos traballadores e traballadoras de adquirir productos que incentiven o desenvolvemento das industrias e polo tanto do emprego.
  2. Garantizou por lei a protección social (sanitaria esencialmente)
  3. Regulou por lei unha 14 pensión ao ano para os xubilados máis necesitados
  4. Aumentou a inversión orzamentaria en sanidade e educación (especialmente en becas de libros e desprazamentos nun país onde os mozoa e mozas estudan fóra do país)
  5. Aumentou o salario dos funcionarios
  6. Estase tramitando unha lei que obriga ás empresas con beneficios a entregar unha parte destes ao país.
Con todo a dependencia económica e financiera de Grecia lastra moitos aspectos da ecominía chipriota pero é curioso como o parlamento chipriota considera un drama nacional pasar do 4% ao 7,5% de desemprego. As risas do lector español poden ser á alturas deste párrafo escandalosas.
Nos parámetros do capitalismo, que son os do FMI e a Comisión Europea Chipre crecerá este ano un 1,5% e iso que ten unha dependencia da Grecia en caída libre e do turismo.
Non soa nada mal esto dos gobernos comunistas, nada mal.

viernes, 21 de octubre de 2011

Estaremos á altura? O exemplo colombiano

Pouca xente o coñece pero Colombia viviu dous procesos de abandono das armas en 20 anos. O primeiro, o coñecido, foi o do movemento guerrilleiro M19, que en marzo de 1990 abandonou as armas, entegrounas nun acto simbólico masivo e pasou a configurarse como organización política e social. E foi nun proceso non exento de dificultades e asasinatos dos seus membros, pero decidido a participar activamente nos procesos electorais de Colombia. Hoxe en día o groso do que foi o M19 forma parte do POLO DEMOCRÁTICO ALTERNATIVO a organización política colombiana equivalente á EU en España. Para este proceso fixo falta unha gran mostra de humildade e constricción da sociedade colombiana que, dende o terrorismo de estado ou o da guerrilla, sufrira o conflito durante anos. E fixérono mesmo cando o candidato presidencial e antigo comandante máximo do M19, Carlos Pizarro foi asasinado en pleno voo por sicarios presuntamente contratados polo goberno colombiano. O M19, nun acto de valentía e amplitude de miras, non retomou as armas senón que seguiu coa súa aposta decidida pola paz e a loita politica.

Pero é que o que a xente non coñece é que a guerrilla máis famosa de Colombia, as FARC tamén abandonaron as armas.

Foi en 1985, baixo os acordos de paz co goberno de Belisario Batancur, e deu lugar á creación da maior organización política e social que coñeceu o castigado país latinoamericano, A UNIÓN PATRIÓTICA. Unha organización de masas con miles de afiliados, moitos exguerrilleros das FARC, pero miles de sindicalistas, activistas sociais, militantes do Partido Comunista de Colombia, intelectuais........

Un ano despois de deixar as armas a UP había xa conseguido 5 senadores, 9 representantes, 14 deputados, 351 concelleiros e 23 alcaldes en todo o país.

Pero ao contrario do M19 a experiencia da UP foi un auténtico xenocidio. Desde entón foron asasinados co amparo do estado colombiano, os paramilitares e os narcotraficamentes miles de militantes e cargos políticos da UP. Semanalmente os seus senadores, candidatos presidenciais, líderes sindicais aparecían asasinados, centos de militantes tomaron camiño do exilia, aquí no Estado Español, puiden coñecer a moitos que me contaron a súa experiencia tráxica.

Ante o inevitable, as FARC disolveron a UP e volveron indefectiblemente ás armas nun conflito que aínda hoxe desangra a Colombia.

¿Que ten que pasar cando unha organización militar ,ou terrorista como querais chamala, decide deixar as armas e expón a saída política?

¿Debe existir unha lei de amnistía ou sacaremos o libro dos agravios para impedir que os que empuñaron as armas poidan actúar politicamente?

¿Que pasaría se o goberno colombiano esixise que aos que tiñan delitos de sangue do M19 non se lles aplicase a amnistía?

Só 24 horas despois de que ETA anunciase o fin da loita armada empezo a pensar que non estamos á altura das circunstancias e de despexar estas cuestións.

viernes, 14 de octubre de 2011

MAASTRICHT O AQUEL ENGAÑO DE 1992


Rubén Pérez Correa*

El 7 de febrero de 1992 los gobiernos europeos pertenecientes entonces a la llamada Comunidad Económica Europea, firmaron en la ciudad holandesa de Maastrichtt un acuerdo, desde entonces llamado homónimamente así, que entronizaba un modelo de unión política europea basado en los criterios económicos y en el control financiero por parte del Banco Central Europeo. Las fuerzas que como IZQUIERDA UNIDA nos opusimos abiertamente a este acuerdo, casi en remota soledad, argumentamos que en realidad lo que se pretendía entronizar era el mercado, elevar a categoría constitucional índices como el déficit público y eso, se realizaba por la vía de los hechos ante la incapacidad de la ciudadanía europea de decidir esa pérdida brutal de soberanía económica. En una conferencia ante alumnos de la Universidad de Granada en febrero de 1996 el entonces coordinador federal de IU Julio Anguita afirmaba que Maastrichtt era una reforma constitucional encubierta. ¿A que casi 15 años después nos suena esto a rabiosa actualidad?

Estas argumentaciones, entonces tachadas por parte del PP y del PSOE, de antieuropeismo soviético, son hoy no solo un hecho objetivo y real, sinó la plasmación de que el modelo de construcción europeo estaba plegado a los intereseses de la plutocracia económica europea y lejos de beneficiar a las clases populares de cada país. Desde entonces varios hitos del proceso han dejado en evidencia el verdadero motor de esta Unión Europea, hitos que entonces nos parecían cándidamente inocentes pero que la crisis brutal del capitalismo occidental nos ha mostrado sin disfraces: 1990 liberalización de la circulación de capitales y armonización de programas de convergencia ecnómica, 1994 implantación del sistema europeo de bancos centrales, 1999 entrada del EURO sin emisión monetaria y 2002 entrada definitiva del EURO en moneda.

Quienes criticamos este modelo argumentamos que esta pretendida convergencia económica se realizaba sin tener en cuenta la convergencia de servicios sociales, la estabilidad laboral o incluso la existencia misma de empleo digno y estable para todos los ciudadanos de la unión. Lamentablemente algunos diputados y cargos públicos de IU encuadrados en Nueva Izquierda se atrevían a decir que Maastricht era “un escenario nuevo que traería la prosperidad a un mundo en el que acababa de caer el muro de Berlín y en el que la lucha de clases ya no tenía razón de ser”. Seguramente a Cristina Almeida o a Diego López Garrido hoy en día se le caerá la cara de vergüenza por semejantes afirmaciones en un país con casi 5 millones de parados y una tasa de beneficio empresarial de las más altas de la OCDE. Incluso hoy en día nadie discrepa de que los criterios de convergencia del Tratado coinciden a pies juntillas con las recetas neoliberales que el FMI invita a aplicar en las economías del viejo contiente.

Osadamente incluso plantearon un TRATADO CONSTITUCIONAL EUROPEO que consagraba sin ruborizarse las recetas más conservadoras de la vieja escuela de Chicago. La práctica desaparición del control público en los servicios sociales, los modelos atlantistas en la defensa territorial europea y la desaparición de la negociación colectiva y los derechos sindicales de los trabajadores. Tratado afortunadamente derrotado en Francia y Holanda (que no en España donde miles de votos que ni siquiera habían leído el texto dieron un abrumador sí al mismo orientados por la llamada a rebato del PP y del PSOE).

Lo terrible es que a cambio de Fondos Estructurales y ayudas de formas diversas hemos ido aceptando el desmantelamiento orquestado de nuestra industria naval, siderúgica, de transformación... hemos aceptado Politicas Agrarias Comunes injustas con nuestra producción e incluso muy inferiores a nuestra propia demanda interna, hemos aceptado cesiones de soberanía social y desmantelamiento de servicios públicos elementales, todo en aras de ese mito de la “Europa Sublime” que nos hacía menos catetos, menos Paco Martínez Soria llegando a la capital desde provincias.........

El modelo actual de construcción europea es un fraude, es un montaje teatral cuyos tramollistas: Francia y Alemania, suben y bajan el telón sin importarles que actores están interpretando la función. Que consiguen que una reforma constitucional, tema tabú cuando se trata de avanzar a un estado federal y republicano, se tramite en menos de lo que dura la vuelta ciclista a España.

Hace poco el propio Julio Anguita, cruficicado una y mil veces por su defensa de un modelo alternativo al actual en el proceso de construcción europea decía sobre el tratado: “El Tratado de Maastrichtt que aherrojó a la clase trabajadora, es verdad que con el permiso de muchos sindicatos que se creyeron el cuento chino de la construcción europea de los mercaderes (…) y sin embargo la canción era Europa, Europa, Europa, un discurso vacuo, sin sentido, un discurso del disparate, del retroceso de los trabajadores (…) ¿No hemos aprendido ya en estos años a dónde nos conducen las buenas palabras: Europeístas, el consenso, el acuerdo?“.

Es momento de que los pueblos de Europa asumamos en error de que la plutocracia europea dirigiese nuestro modelo de convergencia económica y social y planteemos, desde la calle pero indudablemente también desde nuevas mayorías parlamentarias anticapitalistas, otra europa social, democrática y popular.


*Coordenador Local de Esquerda Unida de Vigo e cabeza de lista de EU ao Congreso pola provincia de Pontevedra











martes, 11 de octubre de 2011

NON NOS REPRESENTAN.......E NISTO CHEGARON AS PRIMARIAS DO PS FRANCÉS

Discrepo (dende o acordo con outras moitas cousas) dos que arrogados ao grito de NON NOS REPRESENTAN colocan nun mesmo contedor a todos os partidos e consideran que a representatividade social dos mesmos é pura usurpación do poder popular. Eu podo pensar que PP, PSOE e gran parte da dereita nacionalista do noso país representan (nos feitos puros que son as votacións parlamentarias e a acción de lexislar) non aos seus electores, senón a unha parte importante dos sectores económicos da plutocracia ou mesmo a unha élite política xurdida das suas mesmas estructuras.

Pero claro, hai moita xente que votamos a opcións porque, tamén nos feitos puros que son as votacións parlamentarias (e por desgracia non aínda na capacidade de lexislar), considerados que si nos representan cando votan en contra da reforma constitucional, da contrareforma laboral ou da venta do estado aos intereses da OTAN e o seu escudo defensivo.

E curisosamente máis de dous millóns de franceses deciden votar libremente nas primarias dun partido oficial e oficioso como é o PS, e deciden incluso participar económicamente en sufraga-lo inxente custo do proceso. ¿É lexítimo decir que o candidato saído deste proceso non representa xa de inicio aos dous millóns de galos que participaron?. O interesante non é que votaban a quen dirixiría un goberno senón a quen debía dirixir un proxecto político concreto orientado a tomar ese goberno.

En política somentes deixas de representar aos teus electores cando traizoas un programa, unha ideoloxía ou mesmo unha ética conformada durante anos nunha organización. ´

A cuestión non é outra que saber elexir a tempo....



jueves, 6 de octubre de 2011

TRABALLO DIGNO

Hoxe celebramos unha xornada mundial polo traballo decente...............decente.........60.000 parados na comarca moitos dos cales estarían dispostos a traballar aínda que fora na indecencia pura. A semántica as veces é complexa.

Indecente e que os empresarios sigan declarando de media que tenen 18.000 euros de beneficio anual polos seus negocios según o sindicato de inspectores de facenda GESTHA. Unha ruína ser empresario polo que parece.

Decente sería que os sindicatos convocantes recordaran que nos 80 paralizaron a comarca de Vigo nunha folga de ámbito local que paralizou a cidade ao grito de POLA INDUSTRIA DA NOSA CIDADE

Eu irea a mobilización.....pero a decencia non se esmola..........

sábado, 1 de octubre de 2011

SOBRE LA CONFERENCIA POLITICA DEL PSOE

Describe magistralmente el compañero Julio Anguita en su artículo EL COMANDO RUBALCABA (http://www.pce.es/mundoobrero/mopl.php?id=1466) como a mediados de los 90 un grupo de “fontaneros” y periodistas mercenarios liderados por el ahora candidato a la presidencia del gobierno por el PSOE tejieron una tupida red de bulos y intoxicaciones informativas orientadas a, prioritariamente despistar ante la podredumbre del GAL y la corrupción del gobierno, pero también a generar una campaña de acoso y derribo a una creciente IU. Campaña exitosa que tubo en la PINZA su mayor exponente.

He seguido hoy los debates de la CONFERENCIA POLÍTICA del PSOE en el canal 24 horas y he vuelto a ver a ese estratega pretendiendo identificarnos una derecha europea encabezada por Merkel y Sarkozy que pretende extenderse al Estado español para dinamitar nuestro estado de bienestar que tan solidamente ha sido defendido estos años por los socialistas.

O nos toma por tontos o sigue con la operación de exquisita fontanería política que empezó en los 90. Y es que precisamente en esos años en el país del que supuestamente salen las teorías de destrucción del modelo instaurado por las democracias europeas tras la segunda guerra mundial, de esa Alemania de Merkel; se gestó el mayor proyecto de destrucción y privatización de los servicios públicos, el llamado HARTZ IV. Un programa orquestado por gobierno del PARTIDO SOCIALISTA ALEMÁN y sus socios LOS VERDES y que pretendía desmontar de raíz el estado social desde la óptica neoliberal (privatizando, creando una desigualdad impositiva y ejerciendo recortes sociales en prestaciones, sanidad y servicios públicos). Lo curioso del programa, fuertemente contestado por las organizaciones sindicales germanas, tomaba su nombre de Peter Hartz, un alto ejectivo de la empresa Wolkswagen redactor de gran parte de las propuestas y que tiempo después se vio envuelto en los célebres casos de corrupción del emporio automovilístico.

Es decir, hasta la fecha, la mayor amenaza al estado social alemán ha sido orquestada por una coalición socialdemócrata ayudada por un momento deleznable de los Verdes Alemanes liderados por el, hoy defenestrado; “Joschka” Fischer.

Da vergüenza ajena ver a un PSOE que aprueba los recortes, que santifica el pago de la deuda antes que el sostenimiento del estado social, que contrarreforma laboralmente, vendiéndonos un futuro terrible con la llegada de la derecha al gobierno y a la gobernanza europea. Claro que es terrible, claro que la izquierda va a tener que pelear en la calle para que los dinamitadores sociales no puedan poner sus cargas en los pilares del estado social... pero es que ha sido el PSOE, sus políticas y sobre todo su genuflexión ante la banca y los oligarcas, los que nos traerán a Rajoy y a su amiga Angela a nuestras pesadillas reales.









jueves, 29 de septiembre de 2011

CORTINA DE FUME PARA A ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

Para que vale unha ÁREA METROPOLITANA? pregúntanse estos días moitos vigueses e viguesas. Pois si persiste a actitude da"curia" de alcaldes e da Deputación posiblemente para nada. Que se artelle un ente supramunicipal e o debate sexa quen preside, que partido ten máis cuota nos órganos reitores ou que a deputación dinamite o proceso non axuda a explicar claramente as potencialidades dun área metropolitana.

Porque o que ninguén pon enriba da mesa e que mediante un área metropolitana podemos a cidadanía ver abaratados os costes de servizos municipais básicos como transporte, lixo, auga e mesmo servizos sociais e asistenciais. Porque os concellos enrolados nunha estructura supramunicipal poden crear empresas públicas metropolitanas que eviten a rapiña que Acualias, Vitrasas e Koplowitz levan anos facendo mediante o oprobio da concesión privada de servicios públicos. Ou van a decir que non é rentable unha empresa metropolitana de transporte público (como en Madrid ou Barcelona) que ten un área de servicio de casi medio millón de habitantes?

Porque a área metropolitana pode e deber ir restando poder (económico pero tamén de trifásico laboral) a ese cancro administrativo que é a Diputación de Pontevedra. Esta mesma que di que "estamos creando outro mamotetro institucional" para xustificar o seu reinado no concurso de beleza dos "mamotretos".

Quen centra o debate na presidencia da área, no excesivo número de administracións que soportamos os galegos e galegas ou en cantos sillóns ten cada partido no ente reitor sabe perfectamente que a área ten que nacer morta, porque viva ven a eliminar paulatinamente cargos e gastos que micro e macro concellos e diputacións veñen facendo dende fai anos.

Debatamos sobre o real, que non é outra cousa que os servicios e a que precio imos disfrutar os cidadás. O restro e unha interesada cortina de fume dos grandes partidos da nosa área.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

viernes, 23 de septiembre de 2011

¿QUÉ HAI DETRÁS DO PROCESO DE BANCARIZACIÓN DE NOVACAIXAGALICIA?

Dende fai moitos anos a Banca privada pretende que desaparezan as caixas de aforros semipúblicas, entidades de orixe público e que atesoraban máis do 50% do aforro familiar do estado. En 1996 coa chegada de Aznar á presidencia do goberno a AEB (Asociación Española da Banca) dirixiuse en numerosas ocasións ao goberno para que privatizara ás caixas e con elas dera acceso á banca privada e ao capital especulativo dos golosos fondos das mesmas, esencialmente o aforro familiar.

A crise financiera que vivimos (xunto coa mala xestión dos consellos de dirección das caixas e nula planificación de crecemento vexetativo da súa rede de oficinas) é unha excusa perfecta para que a Banca privada, coa inestimable axuda dun goberno do PSOE posto de xeonllos ante o capital e o poder financiero, consigan que se convirtan as caixas de aforros en bancos, de forma rápida e sen que os impositores teñan acceso a unha información de que vai pasar cos seus fondos e quen vai a empregar os nosos aforros e en que operacións especulativas.

O que se trata e de que a Banca acceda de xeito legal aos fondos das caixas, ao seu inestimable patrimonio inmobiliario, que se desartelle a obligatoria obra social do sistema de caixas de aforros que obriga a que o 17% do beneficio adíquese á mesma. Non é extrano que o maior especulador financiero privado, JC Flowers, individuo que tiña o 25% do Hipo Real Estate Bank, banco alemán que o goberno nacionalizou ante a súa quebra, aterrice en Peinador uns días despois de coñecerse a definitiva bancarización de NCG.

ESQUERDA UNIDA de Vigo creemos firmemente que estamos asistindo ao maior roubo cometido á cidadanía, que ninguén nos preguntou se queremos ter os nosos aforros en banca privada, se queremos que fondos de inversión de capital risco xestionen os fondos da caixa. Os miles de vigueses e viguesas co alcalde á cabeza que protestaban porque o centro de decisión da NCG quedaba xeográficamente en Coruña deberían agora protestar dobremente porque o centro de decisión da nova ente financiera vai quedar en paraísos fiscais ou en mans dos “buitres do sistema financiero”.

Esquerda Unida fixo pública recentemente a súa proposta de intervención e saneamento das caixas de aforro para garantir o crédito ás pequenas empresas e as familias, e contribuír á creación dunha Banca Pública, que permita financiar o cambio de modelo produtivo. Nesas datas o Goberno anunciaba o seu proxecto de acelerar a privatización bancaria desas mesmas caixas con diñeiro público. Parece que as caixas entraron dentro dos saldos de xaneiro para maior beneficio do capital financeiro e fronte ás necesidades reais da economía do país.

EU DEFENDE E CHAMA A MOBILIZARSE POR:
  • Unha nova caixa pública ou entidade de aforro e crédito non especulativa fomentada dende o Concello de Vigo de acordo coa formativa legal que así o permite e en réxime de cooperativa, sobre o modelo das actuais Caixas Rurais
  •  Nacionalización da Banca e das Caixas que sexan participadas polo FROB en máis dun 50%. - Control estatal do patrimonio inmobiliario e cultural das caixas de aforros bancarizadas
  • Prohibición das SICAV (sociedades de Inversión de Capital Variable) que van a especular cos fondos financieros do Banco NCG

COMEZA EN VIGO A CONVOCATORIA SOCIAL POR UNHA ALTERNATIVA PROGRAMÁTICA

viernes, 19 de agosto de 2011

SOBRE O TRIUNFALISMO DE QUE A UNIVERSIDADE DE VIGO ESTÉ NA LISTA SANGHAI DAS MELLORES 500 UNIVERSIDADES

A prensa local vóltase tola coa noticia pero...

Hai que ter en cota que esta lista Sanghai ten sido sistemáticamente criticada por entornos académicos europeos por que exclúe as ramas das humanidades e que non evalúa a calidade da formación senón o número de publicacións realizadas especialmente en revistas como Nature o Sciencie ou o número de premios noveles o medallas Fieds que teñen conquerido.

Quen pensa que a calidade das universidades ten que evaluarse exclusivamente no ámbito das ciencias técnicas debería evaluar porque os países máis avanzados de europa consideran ás humanidades como o pilar real para construir o entorno universitario, é dicir non entenden economistas analfabetos en socioloxía o historia para realizar os artellamentos económicos do estado, ou pensan que unha lexión de inxenierios sen habilidades sociais (como temos a moreas por exemplo no metal pontevedrés) xeneran máis problemas que solucións en entornos laborais.


Hai que considerar que a Universidade de Vigo ten lagoas serias como a masiva fuga de investigadores ao extranxeiro, a falla de recursos económicos adecuados nos departamentos, a falla de Persoal de Administración e Servicios. O modelo que analiza a lista Sanghai é un modelo anglosaxón de xestión semi-privado que comporta un modelo excluínte de universidade para as capas populares da poboación. O modelo de clasificación de universidades que propón a lista Sanghai responde a ese modelo productivista e pouco adecuado a dar solucións a crise e o desemprego tamén dende o ámbito académico



.

martes, 19 de julio de 2011

Si, si.......efectivamente.......................

..............Efectivamente hai unha situación internacional que rema contra os nosos asteleiros. A “pertinaz sequía” en forma de crise financeira que impide aos armadores dotarse de inversión de capital para abordar a costosa construcción de buques, disponibilidade histórica dunha amplia flota de barcos ociosos (calcúlase que en 2010 había no mundo 10.000 barcos en condicións de navegabilidade parados por inactividade).

...............Efectivamente o apoxeo de carga de traballo do sector viuse abaixo a partir de 2007 e será dificil recuperar a masa laboral deses anos nos asteleiros e subcontratas.

...............Efectivamente estamos secuestrados por un modelo de construcción europea que impide o control público das empresas do sector, que prioriza o sector servicios para a eurorexión Galicia-Norte de Portugal e que actúa torticeiramente a favor do sector industrial alemán e as súas deslocalizacións: Polonia, República Checa....E que ataca o sistema de financiación “sui generis” que é o tax-lease mentres permite que a versión 2.0 do mesmo perviva en Italia, Alemania ou mesmo Portugal.

...........E efectivamente unha patronal ultramontana, cateta e usureira obligou ás plantillas a realizar folgas, peches e paros ante os graves incumplimentos do convenio, ante o intento de desnortar un dos poucos convenios colectivos con garantías laborais da provincia.

Pero este non é o problema principal...........

Aquí temos uns propietarios, inversores ou donos que entre o 2000 e o 2007 fixeron inxentes cantidades de beneficios no sector en base o aproveitamento da conxunción: bonanza do sector, subcontratación e choiva de axudas públicas directas ou indirectas. E temos esa fauna que pecha o ano 2010 no asteleiro Barreras decindo que o exercio é positivo e uns meses despois informa de que teñen un buraco de 60 millóns de euros que non só hipoteca o futuro de asteleiro senón dunha considerable parte das auxiliares que agoran son acreedoras nesa lei concursal.

Aquí temos unha sociedade público-privada (Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) que nin se pronuncia, nin sirve para afrontar o sutil sistema de garrote vil ao que a UE somete o noso sector.

Aquí temos un goberno covarde que non planta esta afrenta e dí “a renacionalizar os asteleiros para sacar aos que pretenden facerse multimillonarios coas plusvalías dun sector esencial para unha parte importante dos concellos e vilas costeiras do estado español”

Do sector naval de Vigo saíron os novedosos conxeladores dos anos 50-60, Tamén os ferris, sísmicos, os off-shore, os grandes atuneiros

De Vigo, das rúas e da movilización social, tamén sairá seguramente o penúltimo flotador ao que amarrar a un sector amenazado pola inoperancia da clase política gobernante e dos buitres da plusvalía peiteados para atrás e que orquestan o banquete dende as torres do club financeiro de Vigo.

lunes, 18 de julio de 2011

Carta aberta a cidadanía de Vigo. Todos e todas co sector naval

Estimado conveciño/a:

Dende finais do século XIX o sector da construcción naval ten afondado raices na nosa comarca de xeito atípico nunha Galicia potencialmente anclada nos sectores productivos terciarios (gandeiria e pesca) e, sobre todo a partir dos anos 90, no sector servicios. Esta implantación industrial, favorecida pola existencia dunha clase obreira profesionalizada no sector, converteu a nosa cidade nun polo industrial importante, que permitiu a chegada de traballadores de todas as comarcas de Galicia que fixeron de sectores como o naval e a automoción referentes económicos de extrema importancia.

Nesta tesitura chegouse ós anos de goberno do PSOE dos 80-90, anos onde se produciron fortes reconversións industriais e desregularizacións laborais en forma de reformas neoliberais que encheron o sector metalúrxico de eventualidade, de exceso de xornada e de formas subcontración abusivas. Os sucesivos gobernos do PP non fixeron outra cousa que afondar neste modelo.

Afortunadamente se algo ten definido históricamente os traballadores e traballadoras de este sector e a súa capacidade de mobilizarse pola consecución ou defensa de dereitos, isto ten sido así dende fai décadas, nunha especie de transmisión de veteranos a aprendices, de mozos a vellos, xerando no sector unha solidaridade e fraternidade ante os abusos dos que, somentes nos derradeiros 10 anos, teñen tido unha acumulación do incremento de beneficio por enriba do 40%, mentres os salarios somentes aumentaron un 6% según os propios datos da OCDE

Hoxe asistimos a unha doble agresión ao sector naval, por unha banda a posible supresión do tax-lease, sistema de financiación que o estado español habilitara para facer máis competitivo ao sector, obrigado pola denuncia ante a UE de outros países (que por certo empregan xeitos de financiación semellantes). Pero por outra banda a prensencia no sector de inversores, accionistas e directivos que durante estos anos encheron os petos de cartos e agora din que non queda un peso nas contas dos asteleiros e presentan concurso de acreedores. Especuladores que recibiron axudas públicas, bonificacións e aos que se lle permitiu durante anos empregar o sistema de desregulación laboral que é a sustitución de plantillas estables pola eventualidade das contratas.
 
EU exise ao goberno español que, ademais de loitar pola subsitencia do tax-lease ou doutro modelo de financiación análogo, estude a nacionalización paulatina dos asteleiros privatizados que caeron en mans de especuladores e usureiros. Porque o sector naval te futuro, porque a crise non a poden pagar os mesmos de sempre, que somos os e as traballadoras. Porque queremos saber onde foron parar os miles de millóns de euros de beneficios destes anos de bonanza.


PORQUE VIGO É TAMÉN SECTOR NAVAL
ACUDE Á MOBILIZACIÓN DO SECTOR O VINDEIRO XOVES 21 DE XULLO
(20 h dende VIA NORTE)

TODOS E TODAS CO SECTOR NAVAL

lunes, 13 de junio de 2011

XUNTOS....PODEMOS?

Notas á propósito dos pactos post-electorais de ESQUERDA UNIDA co PSOE

Rubén Pérez
Coordenador local de EU en Vigo e membro do Comité Fderal do PCE


O 21 de abril de 2007 mentres os e as comunistas celebrábamos o 30 aniversario da legalización do PCE, os membros do Comité Federal do Partido aprobabamos unha resolución que incidía sobre os erros e acertos que aos 30 anos de legalización cometara a nosa organización. Tarefa de síntese moi complexa por outra banda.

Nesa resolución defendíase que se ben nun primeiro momento o Partido afrontou a transición defendendo a ruptura democrática e a apertura dun proceso constituínte, a correlación de forzas non o permitiu e deseñouse unha transición pactada, na cal se puxeron en marcha as liberdades fundamentais dun sistema parlamentario representativo.

O PCE, que actuou con intelixencia evitando o seu illamento, con todo aceptou algunhas cuestións que non eran necesario asumir e que representaron na práctica, a 30 anos vista, un abandono de certos valores e principios (algúns deles de carácter político e simbólico moi importantes, cal é o caso da República, a memoria histórica, o mantemento na ilegalidade doutros partidos de esquerda, ...) que produciron as primeiras disensións fortes.

E diciamos que o principal erro do PCE foi substituír a loita social e popular desde abaixo pola acción desde as institucións que, a pesar de cambiar na superficie, non deixaban de ter detrás o mesmo aparello do Estado do franquismo. E non se trataba de ignorar a correlación de forzas xa que a mayoria de partidos da oposición democrática estaban a apostar xa polo novo escenario e por suposto tampouco en non participar das institucións, xa que diciamos entón que o PCE xa participara de maneira exemplar no sindicato vertical infinitamente máis antidemocrático que o parlamentarismo burgués. Entendiamos, na contra, que o erro foi abandonar a guerra de posicións na sociedade para limitala só á loita institucional. A estratexia debía ter consistido basicamente en manter “unha liña de loita molecular pola democracia”. Por democratizar bastión a bastión cada institución, creando “parcelas de liberdade”. En seguir, en mellores condicións e cos cambios tácticos necesarios, a estratexia “de facto” que o PCE desenvolveu na fase final do franquismo.

E fomos nadando desorganizadamente até o “consenso constitucional”. O debate sobre as cuestións centrais da Constitución de 1978 produciuse nun ambiente de escurantismo cupular, coa intervención directa nalgúns casos do monarca, e totalmente á marxe das bases e do movemento popular democrático. As concesións aparentemente conseguidas, en particular en materia social e laboral, eran, como logo púidose verificar, moito menores que a literalidade do texto constitucional. Pero non cabía esperar outro resultado se se desactivou previamente a mobilización popular, en particular a sindical. O erro continuou e rematouse coa subordinación do movemento veciñal aos novos Concellos democráticos tras 1979.

Foi nesas eleccións municipais onde centos de concellos quedaron en mans dos acordos PSOE e PCE o que permitiu sacar por centos de concelleiros e alcaldes franquistas que se apuntaron “in-extremis” á “democracia” nas filas de AP e UCD. Pero xa entón os comunistas entenderon que o PSOE xogaba a outra baza, desmantelando ese movemento veciñal anterior, coptando vontades con salarios, convertendo o municipalismo en taifa e non ágora. A pesar diso a política de “Xuntos Podemos” extendeuse no imaxinario colectivo do eurocomunismo como un mantra sen darse conta que ou partido da rosa asestaba dentelladas certeiras ao electorado e base social do PCE.

Tralo desastre do PCE a plataforma de converxencia que foi EU recuperou lentamente un importante espazo municipal chegando ao culmen do 11% do electorado en 1995 onde se voltaron a configurar centos de alcaldías sobre ou acordo cos socialistas. Pero análogamente o debate anterior sobre ou papel municipalista do PSOE enrareceuse aínda máis porque ademáis de xogar a outra baza o PSOE adoptou a política estrela da dereita no ámbito municipal que non e outra que a privatización de servizos públicos, a especulación urbanística como sistema de compensación do inxente gasto público que os concellos, grandes esquecidos na política de traspaso competencial, empezaban a xestionar.

Nos procesos electorais de 1999, 2003 e 2007 as coalicións PSOE e EU consolidáronse pero crearon un crecente malestar orgánico en EU xa que as bases sociais entendían que PP e PSOE no ámbito municipal desenvolvían a mesma política lesiva aos intereses dous traballadores e traballadoras, que non ámbito concreto que son os orzamentos, a xestión do público e a transparencia contiñan unha mesma receita: a receita da escola de Chicago e do neoliberalismo.

¿Foi válida esa estratexia do XUNTOS PODEMOS dos inicios da transición? Radicalmente penso que si, servíu para consolidar a democracia municipalista, para abrir as casas consistoriais á cidadanía, para converxer dende a discrepancia ao traballo colectivo por sacar adiante vos nosos pobos e cidades.

¿Servíu de algo esa mesma estratexia nos anos 90 e 2000? O voluntarismo dous homes e mulleres de EU por evitar custe o que custe que non gobernase a dereita nos nosos concellos axudou a establecer unha “patente de corso” que equivocaba a mensaxe. Porque a idea non é, como maxistralmente aventurou Julio Anguita, TODOS CONTRA A DEREITA senón TODOS CONTRA A POLÍTICA DE DEREITA (e neses anos a facía o PP pero tamén centos de concellos gobernados polo PSOE).

Hoxe lamentablemente EU aínda ten interiorizado ese discurso acrítico do XUNTOS PODEMOS. ¿Como se pode configurar un goberno pretendidamente de esquerdas cun partido que ten realizado as dúas grandes agresións a base social da esquerda que son vos traballadores e traballadoras en forma da máis grave contrareforma laboral e a reforma do sistema social das pensións da democracia? ¿Como se pode configurar un goberno de esquerdas cun partido con numerosos cargos públicos que participan activamente do negocio da especulación financeira, inmobiliaria e que privatiza servizos públicos sen rubor?¿Ou é que no ámbito municipal acéptase colectivamente que “hai que ser menos de esquerdas e mellor xestor” porque iso é o discurso dun partido que pretendemos combater chamado PP.

Neste 2011 de 282 concellos nos que é posible esa coalición, somentes non se vai a producir en 60 onde EU coa súa abstención ou co voto aos seus propios candidatos evita ou goberno do PSOE. Os que EU vota ao PP parece que van ser sensiblemente menores aos que o PSOE vota a outras opcións (incluída ou PP) para evitar que goberne EU como Cangas de Narcea ou Trévelez.

Pero ou PSOE dí que volta a pinza, os seus medios sacan fotos de Anguita e Aznar saúdandose, o mesmo Anguita que artellou unha denuncia criminal contra Aznar polo xenocido en Irak. Outra vez a manipular coa cohabitación PP e EU para intentar medrar electoralmente pola esquerda á que teñen traicionado nesta lexislatura. Ou tractor de purín outra vez enchendo de merda o campo da política.

Frente ao PSOE antidemocrático que realiza un “dedazo” para escoller o seu candidato, frente a un PSOE que convertíu o estado español (axudado previamente polo PP) nun páramo cheo de desempregados e excluídos sociais, frente ao PSOE que contrareforma lexislativamente para cargarse os pocos dereitos laborais que nos quedaban aos traballadores, fronte ao PSOE oscuro e tráxicamente célebre de Rubalcaba, os GAL e os fondos reservados, fronte ao municipalismo narcisista e despilfarrador dalgúns dirixentes socialistas locais, frente a esa “Brunete mediática” os homes e mulleres de esquerdas temos que estar de novo na outra beira. Nesa donde están miles de homes e mulleres de esquerda non organizados, ou organizados en micro-organizacións políticas, que están indignados co bipartidismo, coa alternancia de poder de PP e PSOE, nesa beira estamos nós. Na outra cohabitan como Pili e Mili, o PSOE e o PP. Para avanzar, a esquerda fragmentada da nosa beira ten que poñerse a traballar pola unidade e a converxencia. Nesas estamos.....






viernes, 20 de mayo de 2011

Defender a alegría

Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y los miserables
de las ausencias transitorias
y las definitivas
(Mario Benedetti)

Rematamos hoxe unha campaña electoral nada típica. O típico sería que os partidos evaluaran as necesidades e preocupacións da cidadanía, que artellaran e artillaran toda a maquinaria electoral para facerlles cantos de serea e promesas fastuosas. Pero non foi así, e por iso creo que non foi unha campaña típica. Nin tiveron a decencia de mentirlles en que en dous actos e un sainete taparían os 41.000 e pico parados na nosa comarca, elevarían a vivenda ao rango de dereito universal e as hipotecas serían un doce trago que pásase sen penuria. Pero non foron os típicos.......... falaron de fontes, de obras fastuosas, de eu mal pero tí peor, do meu contra o teu,....

Nos quixemos, como dí o poema de Benedetti, defender a alegría, no mundo triste que arranca de raíz as esperanzas de todos e todas. E esa alegría ven vestida de vermello, das cores que durante centos de anos, saíron dos campos e das fábricas para tinxir de esperanza ao mundo. Porque hai alegría na creencia de que hai futuro para o mundo. E, tamén como dí o poema, esa alegría hai que defendela, porque é necesaria pero porque é inevitable..................

ESQUERDA UNIDA quere aportar a nosa realidade cotiá a alegría de pensar diferente, de considerar que hoxe na Porta do Sol de Madrid e no Príncipe de Vigo tamén se constrúe esa alegría, porque queremos ser alegres, vencer o mundo gris que o capitalismo predador intenta pintar sobre o vermello que tinxía campos e fábricas.

Nese combate...inevitable...........está ESQUERDA UNIDA

POLO TANTO VOTA POLA ALEGRÍA