martes, 8 de noviembre de 2011

HOXE PRESENTAMOS A CAMPAÑA "VOTA PPSOE" COA XUVENTUDE COMUNISTA...E, POR QUÉ?

Porque como ben di a Xuventude Comunista, promotora desta campaña de loita contra o bipartidismo xa sexa con tinta vermella ou azul, o PPSOE ofréceche o mesmo para saír da crise: acatar as reformas que "os mercados" decidan. Para iso non dubidarán en privatizar ou mercantilizar servizos públicos, en seguir aprobando reformas laborais coas que perden dereitos os traballadores e mesmo modificar a ata o de agora intocable Constitución Española con tal de acougar a tan insaciables entes

PORQUE BAIXO GOBERNOS DO PP E DO PSOE TEMOS ESTA SITUACION DRAMÁTICA DA MOCIDADE:

Baixo gobernos do PPSOE os mozos e mozas que teñen máis dificultade para atopar un emprego son os que non acabaron a ESO, cun alarmante 62% de paro entre os menores de 25 anos. Os que estudaron até Bacharelato ou cursaron FP teñen un desemprego do 40,6%. Os universitarios, a pesar dos anos de estudo, afrontan agora máis dificultades que nunca para atopar traballo: un 28,3% segue buscando un traballo.

Baixo gobernos do PPSOE o 42% dos 3.201.200 mozos entre 20 e 30 anos que traballan ten un contrato temporal, segundo o Instituto Nacional de Estatística. A menos idade, máis temporalidade.

Baixo gobernos do PPSOE nesa franxa de idade, o salario medio é de 15.370 euros ao ano. Homes e mulleres traballan en igual proporción.

Baixo gobernos do PPSOE a taxa de paro dos universitarios de entre 25 e 29 anos é o 16,4%, o dobre que en 2008.

Baixo gobernos do PPSOE a metade dos mozos de entre 16 e 35 anos tarda polo menos un ano en atopar traballo tras os seus estudos, segundo unha radiografía do INE (2010) sobre a incorporación dos mozos ao mercado laboral.

Baixo gobernos do PPSOE un de cada cinco novos mantivo o seu primeiro traballo entre un e dous anos. Ao 14,7% duroulle menos de cinco meses (INE).

Baixo gobernos do PPSOE seis de cada dez novos sinalan o paro como o seu principal problema, segundo unha sondaxe da Fundación Bertelsmann. Só a un 4% preocúpanlle os salarios baixos e a un 7%, a precariedade.

Baixo gobernos do PPSOE o 44% dos mozos de 25 a 29 anos ten un emprego por baixo do seu nivel de estudos (segundo datos da OCDE).

Baixo gobernos do PPSOE dos 3.085.600 asalariados públicos de España, o 10,6% ten entre 20 e 30 anos.

Baixo gobernos do PPSOE dous de cada 10 mozos entre 20 e 30 anos declarou na última Enquisa de Poboación Activa que o seu contrato duraría entre catro e seis meses. O 15%, entre un e tres. O 28% non o sabía.

Baixo gobernos do PPSOE 356.200 mozos que teñen traballo buscan outro emprego.

Baixo gobernos do PPSOE o 31,9% dos mozos de entre 18 e 24 anos deixou os estudos sen completar a segunda etapa de ESO, segundo cifras de CC OO a partir dos datos do Eurostat. A media da Unión Europea de mozas sen estudos nesa franxa de idade é do 14,9%.

Baixo gobernos do PPSOE o 62% dos menores de 25 anos que non acabaron a ESO está en paro. Entre os que terminaron Bacharelato ou FP, o paro é do 40,6%.

Baixo gobernos do PPSOE os menores de 29 anos acaparan o 76% dos empregos perdidos entre a poboación que deixou os estudos en ESO.

Baixo gobernos do PPSOE os datos son abafadores: a maior nivel de formación, menos paro: a taxa de desemprego é o 38% entre os 24 e 29 anos para aqueles con formación primaria e vaise reducindo até o 16,6% para aqueles con formación superior (9,4% no caso dos Doutoramentos).

Baixo gobernos do PPSOE aínda así, case tres de cada 10 licenciados ocupa postos de traballo para os que sente máis cualificado do necesario e o incentivo económico por ter unha carreira -é dicir, a mellora salarial fronte a carecer desa formación- é inferior á media da OCDE, segundo o organismo. O problema, segundo os expertos, é a falta de adaptación entre os estudos que se cursan e a necesidade dun mercado de traballo.

Baixo gobernos do PPSOE a principios de 2008, o sector da construción daba emprego a 644.800 mozos de entre 20 e 29 anos. Hoxe son 294.500. En dous anos, os mozos perderon 350.300 postos de traballo na construción.

Baixo gobernos do PPSOE o 53,6% dos mozos entre 18 e 34 anos non está emancipado (5.863.763), segundo cifras do Consello da Mocidade de España (CJE).

Baixo gobernos do PPSOE os mozos terían que apartar máis da metade do seu salario (56%) para pagar unha hipoteca. A porcentaxe cae ao 42,3% no caso do aluguer, segundo o Ministerio de Vivenda.

E para erradicar esta situación ESQUERDA UNIDA si temos programa, programa e programa:


No hay comentarios:

Publicar un comentario