Tal día como hoxe luns 14
de novembro fundábase o PARTIDO
COMUNISTA DE ESPAÑA, xurdido da fusión dos dous partidos comunistas existentes
en novembro de 1921 no estado Español.
O PCE, forza integrada
actualmente en ESQUERDA UNIDA, quiso celebrar estes 90 anos de loita xuntando
na entrada do MARCO, antiga cárcere de Vigo a significados referentes do
comunismo vigués. Un representante do mundo da cultura como o catedrático Xesús
Alonso Montero, do sindicalismo clandestino e da transición como o fundador de
CCOO Waldino Varela, un representante da loita militante clandestina como Luis
González “Ferreiro” e un representane da loita institucional na transición como
o ex-concelleiro Cárlos Núñez.
Con eles estiveron Carlos
Álvarez o actual secretario xeral da Xuventude Comunista E Rubén Pérez, membro
do comité federal do PCE e cabeza de lista de EU ao Congreso dos Deputados por
Pontevedra.
A federación galega do
PCE, o Partido Comunista de Galicia quiso facer este acto no M.A.R.C.O. que foi
durante decenas de anos cárcere de tortura e represión por onde pasaron antes e
despois da guerra centos de militantes comunistas: José Gomez Gayoso,
sindicalistas comunistas da conserva, de tranvías, a militante comunista María
Araújo, e durante a dictadura Carlos Núñez, Luis González, Waldino Varela, etc…
na foto, de esquerda á dereita:
- CARLOS ÁLVAREZ: Actual secretario xeral da Xuventude Comunista de Galicia
- WALDINO VARELA: Sindicalista histórico de Vulcano, fundador de CCOO en Vigo e exconcelleiro do PCG na primeira lexislatura democrática
- LUIS GONZÁLEZ “FERREIRO”: Responsable do aparato de propaganda do PCG durante a dictadura. Foi torturado e foi preso político do franquismo. Membro do primeiro comité central do PCG elexido en París en 1968
- (NO CENTRO) XESÚS ALONSO MONTERO: Catedrático da Real Academía da Língua Galega e militante do PCE dende 1962. Escritor e autor de ensaios sobre o comunismo en Galicia
- RUBÉN PÉREZ: Membro do Comité Federal do PCE e actual
cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA ao Congreso por Pontevedra
- CARLOS NÚÑEZ: Exconcelleiro do PCG en Vigo, reorganizador das estructuras clandestinas do PCG durante a dictadura e preso e torturado no mesmo edificio. Membro do primeiro comité central do PCG no exilio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario