De todos os países da UE o único gobernado por comunistas é Chipre. Dende 2001 o AKEL,(Siglas do Partido Progresista do Pobo Traballador) é a principal forza parlamentaria da illa e dende 2008 goberna o país con Dimitris Christifi á cabeza, nos encontros da UE é identificable porque parece sempre aillado do resto de gobernantes e porque sempre suscita a pregunta de moitos ¿quen é o baixiño de pelo branco que aparece na foto? Cando a crise do sistema capitalista (o cúmio da crise) porque o capitalismo leva en crise permamente dende o século XX, no outono de 2008 o goberno comunista de Chipre decidiu ir contracorrente e tomou unha seríe de medidas que contextualizadas no noso país sonan a ciencia ficción:
- Elevou o salario mínimo, entendendo que a crise que viña era esencialmente de demanda (e que a crise financeira e ecónomica agudizarían a incapacidade dos traballadores e traballadoras de adquirir productos que incentiven o desenvolvemento das industrias e polo tanto do emprego.
- Garantizou por lei a protección social (sanitaria esencialmente)
- Regulou por lei unha 14 pensión ao ano para os xubilados máis necesitados
- Aumentou a inversión orzamentaria en sanidade e educación (especialmente en becas de libros e desprazamentos nun país onde os mozoa e mozas estudan fóra do país)
- Aumentou o salario dos funcionarios
- Estase tramitando unha lei que obriga ás empresas con beneficios a entregar unha parte destes ao país.
Con todo a dependencia económica e financiera de Grecia lastra moitos aspectos da ecominía chipriota pero é curioso como o parlamento chipriota considera un drama nacional pasar do 4% ao 7,5% de desemprego. As risas do lector español poden ser á alturas deste párrafo escandalosas.
Nos parámetros do capitalismo, que son os do FMI e a Comisión Europea Chipre crecerá este ano un 1,5% e iso que ten unha dependencia da Grecia en caída libre e do turismo.
Non soa nada mal esto dos gobernos comunistas, nada mal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario