Discrepo (dende o acordo con outras moitas cousas) dos que arrogados ao grito de NON NOS REPRESENTAN colocan nun mesmo contedor a todos os partidos e consideran que a representatividade social dos mesmos é pura usurpación do poder popular. Eu podo pensar que PP, PSOE e gran parte da dereita nacionalista do noso país representan (nos feitos puros que son as votacións parlamentarias e a acción de lexislar) non aos seus electores, senón a unha parte importante dos sectores económicos da plutocracia ou mesmo a unha élite política xurdida das suas mesmas estructuras.
Pero claro, hai moita xente que votamos a opcións porque, tamén nos feitos puros que son as votacións parlamentarias (e por desgracia non aínda na capacidade de lexislar), considerados que si nos representan cando votan en contra da reforma constitucional, da contrareforma laboral ou da venta do estado aos intereses da OTAN e o seu escudo defensivo.
E curisosamente máis de dous millóns de franceses deciden votar libremente nas primarias dun partido oficial e oficioso como é o PS, e deciden incluso participar económicamente en sufraga-lo inxente custo do proceso. ¿É lexítimo decir que o candidato saído deste proceso non representa xa de inicio aos dous millóns de galos que participaron?. O interesante non é que votaban a quen dirixiría un goberno senón a quen debía dirixir un proxecto político concreto orientado a tomar ese goberno.
En política somentes deixas de representar aos teus electores cando traizoas un programa, unha ideoloxía ou mesmo unha ética conformada durante anos nunha organización. ´
A cuestión non é outra que saber elexir a tempo....
No hay comentarios:
Publicar un comentario