viernes, 23 de diciembre de 2011

RUBÉN PÉREZ: “A PROPOSTA DE INVERSIÓNS DO ORZAMENTO DO 2012 PARA O CONCELLO DE VIGO É UN DISPARATE E PROPIO DE GOBERNOS “ALIENÍXENAS” FÓRA DA REALIDADE SOCIAL NA QUE VIVEN OS CIDADÁNS”

O coordenador de ESQUERDA UNIDA en Vigo considera errónea e temeraria seguir coa política de “losetas e bancos” en tempos nos que non existen contrapartidas de ingresos para tales obras (PLAN E ou PLAN 2010) e polo tanto serán financiadas baixo endebedamento bancario. ESQUERDA UNIDA considera auténticamente SURREALISTA a política populista do alcalde de pensar que as humanizacións son actuacións propias dun tempo nos que nin siquera están asegurados os servicios sociais máis básicos da cidade.

O coordenador local recorda que o 57% desta inversión será con cargo a PRESTAMOS BANCARIOS nun tempo donde as caixas xa non existen como tal e polo tanto as condicións crediticias son claramente desventaxosas para as entidades públicas.

Para ESQUERDA UNIDA a política de humanizacións ténse demostrado inútil para crear emprego se atendemos ao incremento notable do desemprego no sector da construcción e da obra pública, altamente costosas para o mantemento (limpeza e reparación de mobiliario) e despilfarradoras en canto a recursos como a auga e o alumeado público. Non pode ser que nun momento de clara caída dos ingresos vía trasnferencias estatais (esencialmente o IVA) o concello considere viable un programa de inversións en humanizacións que obrigan a buscar financiación vía incrementos de tasas municipais ou recaudación administrativa (multas por exemplo...).

ESQUERDA UNIDA considera urxente a reforma e reconsideración dos gastos de Xerencia de Urbanismo, maoiritariamente adicados a pagar nóminas de personal (moito del contratado fóra da OPE) ante a manifesta realidade de que o PXOM non vai a desenvolverse como se pretendía no informe económico xustificativo.

ESQUERDA UNIDA considera lamentable que o acceso o estado das contas do concello ESTÉ SECUESTRADO e pide que volva á web do concello a información referente á evolución de ingresos e gastos, curiosamente ausente neste 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario