Estimado conveciño/a:
Dende finais do século XIX o sector da construcción naval ten afondado raices na nosa comarca de xeito atípico nunha Galicia potencialmente anclada nos sectores productivos terciarios (gandeiria e pesca) e, sobre todo a partir dos anos 90, no sector servicios. Esta implantación industrial, favorecida pola existencia dunha clase obreira profesionalizada no sector, converteu a nosa cidade nun polo industrial importante, que permitiu a chegada de traballadores de todas as comarcas de Galicia que fixeron de sectores como o naval e a automoción referentes económicos de extrema importancia.
Nesta tesitura chegouse ós anos de goberno do PSOE dos 80-90, anos onde se produciron fortes reconversións industriais e desregularizacións laborais en forma de reformas neoliberais que encheron o sector metalúrxico de eventualidade, de exceso de xornada e de formas subcontración abusivas. Os sucesivos gobernos do PP non fixeron outra cousa que afondar neste modelo.
Afortunadamente se algo ten definido históricamente os traballadores e traballadoras de este sector e a súa capacidade de mobilizarse pola consecución ou defensa de dereitos, isto ten sido así dende fai décadas, nunha especie de transmisión de veteranos a aprendices, de mozos a vellos, xerando no sector unha solidaridade e fraternidade ante os abusos dos que, somentes nos derradeiros 10 anos, teñen tido unha acumulación do incremento de beneficio por enriba do 40%, mentres os salarios somentes aumentaron un 6% según os propios datos da OCDE
Hoxe asistimos a unha doble agresión ao sector naval, por unha banda a posible supresión do tax-lease, sistema de financiación que o estado español habilitara para facer máis competitivo ao sector, obrigado pola denuncia ante a UE de outros países (que por certo empregan xeitos de financiación semellantes). Pero por outra banda a prensencia no sector de inversores, accionistas e directivos que durante estos anos encheron os petos de cartos e agora din que non queda un peso nas contas dos asteleiros e presentan concurso de acreedores. Especuladores que recibiron axudas públicas, bonificacións e aos que se lle permitiu durante anos empregar o sistema de desregulación laboral que é a sustitución de plantillas estables pola eventualidade das contratas.
EU exise ao goberno español que, ademais de loitar pola subsitencia do tax-lease ou doutro modelo de financiación análogo, estude a nacionalización paulatina dos asteleiros privatizados que caeron en mans de especuladores e usureiros. Porque o sector naval te futuro, porque a crise non a poden pagar os mesmos de sempre, que somos os e as traballadoras. Porque queremos saber onde foron parar os miles de millóns de euros de beneficios destes anos de bonanza.
PORQUE VIGO É TAMÉN SECTOR NAVAL
ACUDE Á MOBILIZACIÓN DO SECTOR O VINDEIRO XOVES 21 DE XULLO
(20 h dende VIA NORTE)
TODOS E TODAS CO SECTOR NAVAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario