martes, 28 de abril de 2015

RUBÉN PÉREZ (MAREA DE VIGO) CONSIDERA INSUFICIENTE A OFERTA DE EMPREGO DE REFORZO PARA OS SERVIZOS SOCIAIS DE VIGO


O CANDIDATO DA MAREA DE VIGO Á ALCALDÍA, DENUNCIA QUE O PRETENDIDO REFORZO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS SOCIAIS PODE FINALMENTE NON SUPERAR OS 5 CONTRATOS CANDO VIGO PRECISA DE 17.

A evidencia da saturación dos servicios sociais en Vigo, según suliñou Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo, que fai por exemplo que as traballadoras sociais atendan a unha poboación por enriba dos 18.000 habitantes cando terían que ser 8000 por cada traballadora, parece non ter ningunha resposta proactiva por parte do Concello que aínda non clarificou a cantidade de contratacións que se realizarán para evitar a saturación das UBAS... e o sistemático incumprimento dos prazos establecidos na lei 10/13 de 27 novembro de Inclusión Social de Galicia.

MAREA DE VIGO denuncia que posiblemente apenas cheguen a 5 contratacións, moi por debaixo dos 17 efectivos que esixía o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (Cotsg) para Vigo o pasado mes de xaneiro.

MAREA DE VIGO lembra que a situación do persoal do Departamento de Benestar do Concello de Vigo (saturación de demandas, indefensión da plantilla en seguridade laboral e condicións de traballo,...) foi denunciada ante Inspección de Traballo e o Valedor do Pobo sen que a actitude do Concello mudara para dar solución a esta situación.


Actualmente, engade Rubén Pérez, hai posiblemente máis de 3.000 expedientes sen solventar e, coa xestións administrativas do chamado "cheque social" neste 2015 os retrasos e expedientes acumulados pode multiplicarse e saturar definitivamente o servizo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario