martes, 28 de abril de 2015

MAREA DE VIGO DEFENDE UN CAMBIO RADICAL NAS ORDENANZAS MUNICIPAIS



MAREA DE VIGO DEFENDERÁ NO CONCELLO QUE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS SEÑAN ORIENTADAS PARA GAÑAR PROGRESIVIDADE  E PROTEXER AOS SECTORES SOCIAIS MÁIS FEBLES

A PROTECCIÓN AOS DESEMPREGADOS E AS FAMILIAS MONOPARENTAIS, O GRAVAME SOBRE VIVENDAS BALEIRAS E SOBRE OS ESPAZOS COS QUE SE ESPECULA, OU A EXENCIÓN PARA O DEPORTE DE BASE, SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE DEFENDERÁ  NO CONCELLO DE VIGO

O candidato á acaldía de Vigo da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, propón que se incorpore a figura do aprazamento "sine die" nos pagos fraccionados da débeda no entanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI.

A MAREA DE VIGO achegará a proposta de protexer na tributación municipal ás unidades familiares monoparentais, de maneira análoga a como se recolle na ordenanaza fiscal primeira, no seu artigo 4, para a figura das familias numerosas. A realidade social amosa que as unidades monoparentais corren un risco engadido de caer na pobreza e a exclusión social e adoitan compoñelas con mulleres. Coa finalidade  de gañar progresividade nos tributos municipais – que pague máis quen máis ten – , a MAREA DE VIGO introducirá un índice corrector nos pagamentos que atenda aos ingresos per capita da unidade familiar.

A MAREA DEVIGO fará valer a proposta contemplada na Lei de Facendas Locais, que permite que as vivendas baleiras desocupadas (entendendo estas sen nengún consumo de auga e luz en dous anos), poidan ser gravadas  cun incremento no IBI de até un 100%.

A MAREA DE VIGO tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, imos  penalizar fiscalmente aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.

Os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gozarán dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.

A MAREA DE VIGO entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil  que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente  golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, esto é, que pague máis quen máis ten.



No hay comentarios:

Publicar un comentario