martes, 28 de abril de 2015

MAREA DE VIGO PRESENTA A PRIMEIRA FASE DA ELABORACIÓN DO PROGRAMA COLABORATIVO



RUBÉN PÉREZ E MARGA LÓPEZ, Nº 1 E 2 º DA CANDIDATURA DA MAREA DE VIGO, PRESENTARON HOXE AS MÁIS DE 83 PROPOSTAS CIDADÁS QUE ESTÁN A DEBATE NA PLATAFORMA DIXITAL EN WWW.MAREADEVIGO.ORG

Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo, considerou "altamente satisfactorio" o feito de que as propostas do programa marco e as 83 que incorporaron colectivos e personas a título individual alcanzaron máis de 1450 votos, entre positivos e negativos.

MAREA DE VIGO abriu a principios do mes de abril a ferramenta para a recollida de propostas e debate da proposta de programa marco redactada pola comisión de programa da Marea.

Marga López, nº 2 da MAREA DE VIGO suliñou que existen grandes consensos nos temas como "a remunicipalización do transporte en Vigo, a rehabilitación da panificadora, a defensa dos montes de man común fronte á especulación urbanística, o cambio nas políticas concesionais de auga e saneamento, a laicidade no Concello de Vigo". Estas propostas concitaron un consenso xeral e case nengún voto negativo.

A MAREA DE VIGO quere facer do programa aberto e participativo a ferramenta para dar poder decisorio á cidadanía que, en palabras de Rubén Pérez: "agora elabora coa Marea o programa e no futuro decidirá os posicionamentos principais da política e prácticas do grupo municipal".


No hay comentarios:

Publicar un comentario