AS/OS CANDIDATAS/OS DA
MAREA DE VIGO QUE ASISTIRON HOXE Á CONCENTRACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO
REXISTRO CIVIL NOS XULGADOS
A MAREA DE VIGO SIGUE
CONSIDERANDO INSUFICIENTE O PLENO EXTRAORDINARIO E REAFIRMASE EN PEDIR A
APERTURA DUNHA COMISIÓN MUNICIPAL DE INVESTIGACIÓN SOBRE A PRESENCIA DE
FAMILIARES DE CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS NAS PLANTILLAS DAS CONTRATAS
MUNICIPAIS.
Rubén Co proxecto de lei de medidas de reforma
administrativa no eido da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil tenta o
PP un “novo capítulo de negocio e poder” ao incluír no rexistro civil novas
xestións, alleas ao estado civil, que serán de inscrición obrigatoria e de
pago.
Da desxudialización
realizada polo PSOE á privatización en marcha do PP se pon en perigo o acceso
da cidadanía de maneira gratuíta a este servizo e a súa atención por persoal
funcionario público. A secuencia que pretende completar esta lei en trámite completa
as previsións contidas na lei 18/2014, do 15 de outubro, que rachou o acordo
sobre un rexistro civil público e gratuíto.
No afán por facilitarlle o
negocio privado aos rexistradores da propiedade e mercantís a modificación da
lei podería supor que o rexistro de seguros ou de actos de última vontade
deixarían de ser competencia do ministerio de xustiza e cuxas certificacións
teñen unha taxa que se embolsará este colectivo profesional. Outra das posibles
competencias sería a da obriga da inscrición de todos os poderes tanto das
persoas físicas como das xurídicas e as súas ulteriores revocacións.
Así a listaxe esténdese
para embolsar no peto privado entre outras a obrigatoriedade da constancia
rexistral do enderezo de rexistro e a dirección aos efectos de notificacións; o
cobro polo libro de familia; o devengo de honorarios para os asuntos de
carácter voluntario e que respondan ao interese particular da cidadanía, así
poderes, rexímenes económicos, vecindade civil, expedientes de cambio de nome e
apelidos, rexistro de parellas de feito, etc., e mesmo a posibilidade de
inscrición de calquera outro feito ou acto relativo a persoas físicas previstos
noutras leis para aperturar un ronsel de taxas á cidadanía e beneficios
privados inacabable.
Incluso habería unha
disposición final que habilitase ao ministerio para aprobar nun prazo máximo de
3 meses dende a publicación da lei os aranceis correspondentes as funcións
privatizadas deste rexistro.
Semellante proxecto e
intencións os fragua o PP contra o parecer dos traballadores e traballadoras
deste servizo público; contra a valoración da inmensa maioría da sociedade
sobre como funciona este servizo público (o Observatorio da Calidade dos
Servizos Públicos na súa análise do ano 2012 indicou a valoración positiva da
cidadanía nun 84%, porcentaxe superior á media dos diferentes servizos
públicos); ou contra as sentenzas da UE que sinalan de xeito taxativo que os
rexistradores da propiedade e mercantís non son funcionarios públicos, que
deben cobrar o IVE e que o seu réxime de Seguridade Social é o especial dos
autónomos, outrosí de ditaminar que os devanditos profesionais non presentan as
características de subordinación e dependencia que son esenciais para que o
servizo público en cuestión poida considerarse prestado por persoal funcionario
da administración pública; contra case todas e todos – e a prol duns poucos
amigos do presidente do goberno - teima o goberno Rajoy en privatizar o
rexistro civil.
Diante deste escándalo
onde o presidente do goberno faise xuíz e parte, AGE sosterá que o rexistro
civil sexa un servizo propio da administración de xustiza, cuxas prazas
proveeranse entre o funcionariado dos corpos superior xurídico de
secretarios/as xudiciais e ao servizo da administración de xustiza.
AGE sosterá que a
cidadanía poda presentar solicitudes e documentación para actuacións ante o
rexistro civil nos xulgados de paz e outros que non sexan oficinas do devandito
rexistro.
AGE sosterá que todas as
oficinas do rexistro civil sexan atendidas en exclusiva por persoal
funcionario.
AGE sosterá que todo o
persoal funcionario ao servizo da administración de xustiza que preste servizo
nos rexistros civís ou únicos ou nas oficinas xudiciais que realicen funcións
de rexistro civil sigan a desenvolver as súas funcións respectivas con carácter
definitivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario