martes, 28 de abril de 2015

NOVO HOSPITAL DE VIGO

MAREA DE VIGO ESIXIRÁ O COBRO DO IBI AO NOVO HOSPITAL SE FINALMENTE A SÚA XESTIÓN É PRIVADA

A MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE A EXENCIÓN QUE ESTABLECE O ARTIGO 5.1 DA ORDENANZA MUNICIPAL QUEDARÍA SEN EFECTO AO TRATARSE DUN CENTRO HOSPITALARIO NO QUE A TITULARIDADE DO SERGAS NON SERÍA CLARA


MAREA DE VIGO sigue considerando prioritario que o proxecto do novo hospital de Vigo sexa 100x100 público evitando a entrada na xestión hospitalaria do capital privado, agora ben, existe un risco máis que probable pola maioría parlamentaria do PP de que esta situación non sexa a definitiva polo que considera imprescindible artellar as medidas que impidan o “libre negocio especulativo” que moitos pretenden facer coa sanidade pública. Hai que ter en conta que no contrato de concesión do Novo Hospital de Vigo inclúense servizos sanitarios.

Marga López, nº 2 da candidatura e traballadora do sector sanitario, lembrou que "o novo Hospital de Vigo é unha infraestrutura Sanitaria que ten como finalidade a satisfacción das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que, corremos o risco de que se realice mediante explotación de dita infraestrutura sanitaria por parte da empresa privada". Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

Rubén Pérez, candidato da MAREA DE VIGO á alcaldía, considera que o goberno local está "na práctica permitindo esta xestión privada do centro hospitalario" xa que o convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto sétimo especificase que o concello executará as infraestruturas, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os custos o deberían ser satisfeitos pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestruturas a inversores privados.

A MAREA DE VIGO proporá as seguintes modificacións a actual ordenanza municipal sobre o IBI:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1 que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario