AS/OS CANDIDATAS/OS DA
MAREA DE VIGO QUE ASISTIRON HOXE Á CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE COS
ENCAUSADOS POLAS MANIFESTACIÓNS NA ROTONDA DE COIA CONSIDERAN QUE UN DOS
CRITERIOS QUE INCOPORA A CONSIDERACIÓN DE VIGO COMO CIDADE INTELIXENTE É A
"TRANSPARENCIA", INEXISTENTE EN TODO O QUE TEN QUE VER COA
ADXUDICACIÓN E INSTALACIÓN DO BARCO ALFAGEME NA ROTONDA DE COIA
RUBÉN PÉREZ, CANDIDATO
DA MAREA, DI QUE "QUEN TEÑEN QUE ESTAR ENCAUSADOS SON OS QUE
DESPILFARRARON NESTE DISPARATE MILES DE EUROS PÚBLICOS" E OS QUE OCULTAN O
CUSTE REAL DE TAL ACTUACIÓN.
Rubén Pérez, candidato da Marea de Vigo á
alcaldía de Vigo, Marga López Barreiro, nº 2 e Xosé Luis Jácome, nº 3 valoraron
hoxe como "pura propaganda" acordada entre o Concello e unha empresa
privada a concesión a Vigo do premio á
cidade intelixente, SMART CITY e lema que estamos ante unha marca otorgada por
empresas privadas que son finalmente as que otorgan os premios.
A
MAREA DE VIGO considera importante un debate aberto sobre este concepto de
"cidade intelixente" nun contexto donde se prioriza as cuestións de
accesibilidade tecnolóxica en vez de calidade e transparencia da información
que a cidade traslada aos seus veciños e veciñas.
Para
Xose Lois Jácome, nº 3 da candidatura, o concepto de "cidade
intelixente" "ten que ver máis coa participación da poboación nos
asuntos públicos de construcción da cidade que con unha determinada característica
tecnolóxica". O Concello simplemente convirte a dimensión tecnolóxica na
prioridade fronte á dimensión participativa"
No hay comentarios:
Publicar un comentario