martes, 28 de abril de 2015

MAREA DE VIGO DEFENDE UN CAMBIO RADICAL NAS ORDENANZAS MUNICIPAIS



MAREA DE VIGO DEFENDERÁ NO CONCELLO QUE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS SEÑAN ORIENTADAS PARA GAÑAR PROGRESIVIDADE  E PROTEXER AOS SECTORES SOCIAIS MÁIS FEBLES

A PROTECCIÓN AOS DESEMPREGADOS E AS FAMILIAS MONOPARENTAIS, O GRAVAME SOBRE VIVENDAS BALEIRAS E SOBRE OS ESPAZOS COS QUE SE ESPECULA, OU A EXENCIÓN PARA O DEPORTE DE BASE, SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE DEFENDERÁ  NO CONCELLO DE VIGO

O candidato á acaldía de Vigo da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, propón que se incorpore a figura do aprazamento "sine die" nos pagos fraccionados da débeda no entanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI.

A MAREA DE VIGO achegará a proposta de protexer na tributación municipal ás unidades familiares monoparentais, de maneira análoga a como se recolle na ordenanaza fiscal primeira, no seu artigo 4, para a figura das familias numerosas. A realidade social amosa que as unidades monoparentais corren un risco engadido de caer na pobreza e a exclusión social e adoitan compoñelas con mulleres. Coa finalidade  de gañar progresividade nos tributos municipais – que pague máis quen máis ten – , a MAREA DE VIGO introducirá un índice corrector nos pagamentos que atenda aos ingresos per capita da unidade familiar.

A MAREA DEVIGO fará valer a proposta contemplada na Lei de Facendas Locais, que permite que as vivendas baleiras desocupadas (entendendo estas sen nengún consumo de auga e luz en dous anos), poidan ser gravadas  cun incremento no IBI de até un 100%.

A MAREA DE VIGO tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, imos  penalizar fiscalmente aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.

Os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gozarán dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.

A MAREA DE VIGO entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil  que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente  golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, esto é, que pague máis quen máis ten.



MAREA DE VIGO ALERTAS DAS CONSECUENCIAS NEGATIVAS QUE TEN PARA VIGO A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

AS/OS CANDIDATAS/OS DA MAREA DE VIGO QUE ASISTIRON HOXE Á CONCENTRACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL NOS XULGADOS

A MAREA DE VIGO SIGUE CONSIDERANDO INSUFICIENTE O PLENO EXTRAORDINARIO E REAFIRMASE EN PEDIR A APERTURA DUNHA COMISIÓN MUNICIPAL DE INVESTIGACIÓN SOBRE A PRESENCIA DE FAMILIARES DE CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS NAS PLANTILLAS DAS CONTRATAS MUNICIPAIS.

Rubén  Co proxecto de lei de medidas de reforma administrativa no eido da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil tenta o PP un “novo capítulo de negocio e poder” ao incluír no rexistro civil novas xestións, alleas ao estado civil, que serán de inscrición obrigatoria e de pago.

Da desxudialización realizada polo PSOE á privatización en marcha do PP se pon en perigo o acceso da cidadanía de maneira gratuíta a este servizo e a súa atención por persoal funcionario público. A secuencia que pretende completar esta lei en trámite completa as previsións contidas na lei 18/2014, do 15 de outubro, que rachou o acordo sobre un rexistro civil público e gratuíto.

No afán por facilitarlle o negocio privado aos rexistradores da propiedade e mercantís a modificación da lei podería supor que o rexistro de seguros ou de actos de última vontade deixarían de ser competencia do ministerio de xustiza e cuxas certificacións teñen unha taxa que se embolsará este colectivo profesional. Outra das posibles competencias sería a da obriga da inscrición de todos os poderes tanto das persoas físicas como das xurídicas e as súas ulteriores revocacións.

Así a listaxe esténdese para embolsar no peto privado entre outras a obrigatoriedade da constancia rexistral do enderezo de rexistro e a dirección aos efectos de notificacións; o cobro polo libro de familia; o devengo de honorarios para os asuntos de carácter voluntario e que respondan ao interese particular da cidadanía, así poderes, rexímenes económicos, vecindade civil, expedientes de cambio de nome e apelidos, rexistro de parellas de feito, etc., e mesmo a posibilidade de inscrición de calquera outro feito ou acto relativo a persoas físicas previstos noutras leis para aperturar un ronsel de taxas á cidadanía e beneficios privados inacabable.

Incluso habería unha disposición final que habilitase ao ministerio para aprobar nun prazo máximo de 3 meses dende a publicación da lei os aranceis correspondentes as funcións privatizadas deste rexistro.

Semellante proxecto e intencións os fragua o PP contra o parecer dos traballadores e traballadoras deste servizo público; contra a valoración da inmensa maioría da sociedade sobre como funciona este servizo público (o Observatorio da Calidade dos Servizos Públicos na súa análise do ano 2012 indicou a valoración positiva da cidadanía nun 84%, porcentaxe superior á media dos diferentes servizos públicos); ou contra as sentenzas da UE que sinalan de xeito taxativo que os rexistradores da propiedade e mercantís non son funcionarios públicos, que deben cobrar o IVE e que o seu réxime de Seguridade Social é o especial dos autónomos, outrosí de ditaminar que os devanditos profesionais non presentan as características de subordinación e dependencia que son esenciais para que o servizo público en cuestión poida considerarse prestado por persoal funcionario da administración pública; contra case todas e todos – e a prol duns poucos amigos do presidente do goberno - teima o goberno Rajoy en privatizar o rexistro civil.

Diante deste escándalo onde o presidente do goberno faise xuíz e parte, AGE sosterá que o rexistro civil sexa un servizo propio da administración de xustiza, cuxas prazas proveeranse entre o funcionariado dos corpos superior xurídico de secretarios/as xudiciais e ao servizo da administración de xustiza.

AGE sosterá que a cidadanía poda presentar solicitudes e documentación para actuacións ante o rexistro civil nos xulgados de paz e outros que non sexan oficinas do devandito rexistro.

AGE sosterá que todas as oficinas do rexistro civil sexan atendidas en exclusiva por persoal funcionario.

AGE sosterá que todo o persoal funcionario ao servizo da administración de xustiza que preste servizo nos rexistros civís ou únicos ou nas oficinas xudiciais que realicen funcións de rexistro civil sigan a desenvolver as súas funcións respectivas con carácter definitivo.



MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE O CONCEPTO DE "SMART CITY" TEN QUE ARTELLARSE EN TORNO Á AGORA INEXISTENTE PARTICIPACIÓN CIDADÁ



AS/OS CANDIDATAS/OS DA MAREA DE VIGO QUE ASISTIRON HOXE Á CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE COS ENCAUSADOS POLAS MANIFESTACIÓNS NA ROTONDA DE COIA CONSIDERAN QUE UN DOS CRITERIOS QUE INCOPORA A CONSIDERACIÓN DE VIGO COMO CIDADE INTELIXENTE É A "TRANSPARENCIA", INEXISTENTE EN TODO O QUE TEN QUE VER COA ADXUDICACIÓN E INSTALACIÓN DO BARCO ALFAGEME NA ROTONDA DE COIA

RUBÉN PÉREZ, CANDIDATO DA MAREA, DI QUE "QUEN TEÑEN QUE ESTAR ENCAUSADOS SON OS QUE DESPILFARRARON NESTE DISPARATE MILES DE EUROS PÚBLICOS" E OS QUE OCULTAN O CUSTE REAL DE TAL ACTUACIÓN.

Rubén Pérez, candidato da Marea de Vigo á alcaldía de Vigo, Marga López Barreiro, nº 2 e Xosé Luis Jácome, nº 3 valoraron hoxe como "pura propaganda" acordada entre o Concello e unha empresa privada a concesión a Vigo do premio á cidade intelixente, SMART CITY e lema que estamos ante unha marca otorgada por empresas privadas que son finalmente as que otorgan os premios.

A MAREA DE VIGO considera importante un debate aberto sobre este concepto de "cidade intelixente" nun contexto donde se prioriza as cuestións de accesibilidade tecnolóxica en vez de calidade e transparencia da información que a cidade traslada aos seus veciños e veciñas.

Para Xose Lois Jácome, nº 3 da candidatura, o concepto de "cidade intelixente" "ten que ver máis coa participación da poboación nos asuntos públicos de construcción da cidade que con unha determinada característica tecnolóxica". O Concello simplemente convirte a dimensión tecnolóxica na prioridade fronte á dimensión participativa"


MAREA DE VIGO PRESENTA A PRIMEIRA FASE DA ELABORACIÓN DO PROGRAMA COLABORATIVO



RUBÉN PÉREZ E MARGA LÓPEZ, Nº 1 E 2 º DA CANDIDATURA DA MAREA DE VIGO, PRESENTARON HOXE AS MÁIS DE 83 PROPOSTAS CIDADÁS QUE ESTÁN A DEBATE NA PLATAFORMA DIXITAL EN WWW.MAREADEVIGO.ORG

Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo, considerou "altamente satisfactorio" o feito de que as propostas do programa marco e as 83 que incorporaron colectivos e personas a título individual alcanzaron máis de 1450 votos, entre positivos e negativos.

MAREA DE VIGO abriu a principios do mes de abril a ferramenta para a recollida de propostas e debate da proposta de programa marco redactada pola comisión de programa da Marea.

Marga López, nº 2 da MAREA DE VIGO suliñou que existen grandes consensos nos temas como "a remunicipalización do transporte en Vigo, a rehabilitación da panificadora, a defensa dos montes de man común fronte á especulación urbanística, o cambio nas políticas concesionais de auga e saneamento, a laicidade no Concello de Vigo". Estas propostas concitaron un consenso xeral e case nengún voto negativo.

A MAREA DE VIGO quere facer do programa aberto e participativo a ferramenta para dar poder decisorio á cidadanía que, en palabras de Rubén Pérez: "agora elabora coa Marea o programa e no futuro decidirá os posicionamentos principais da política e prácticas do grupo municipal".


RUBÉN PÉREZ (MAREA DE VIGO) CONSIDERA INSUFICIENTE A OFERTA DE EMPREGO DE REFORZO PARA OS SERVIZOS SOCIAIS DE VIGO


O CANDIDATO DA MAREA DE VIGO Á ALCALDÍA, DENUNCIA QUE O PRETENDIDO REFORZO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS SOCIAIS PODE FINALMENTE NON SUPERAR OS 5 CONTRATOS CANDO VIGO PRECISA DE 17.

A evidencia da saturación dos servicios sociais en Vigo, según suliñou Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo, que fai por exemplo que as traballadoras sociais atendan a unha poboación por enriba dos 18.000 habitantes cando terían que ser 8000 por cada traballadora, parece non ter ningunha resposta proactiva por parte do Concello que aínda non clarificou a cantidade de contratacións que se realizarán para evitar a saturación das UBAS... e o sistemático incumprimento dos prazos establecidos na lei 10/13 de 27 novembro de Inclusión Social de Galicia.

MAREA DE VIGO denuncia que posiblemente apenas cheguen a 5 contratacións, moi por debaixo dos 17 efectivos que esixía o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (Cotsg) para Vigo o pasado mes de xaneiro.

MAREA DE VIGO lembra que a situación do persoal do Departamento de Benestar do Concello de Vigo (saturación de demandas, indefensión da plantilla en seguridade laboral e condicións de traballo,...) foi denunciada ante Inspección de Traballo e o Valedor do Pobo sen que a actitude do Concello mudara para dar solución a esta situación.


Actualmente, engade Rubén Pérez, hai posiblemente máis de 3.000 expedientes sen solventar e, coa xestións administrativas do chamado "cheque social" neste 2015 os retrasos e expedientes acumulados pode multiplicarse e saturar definitivamente o servizo.

NOVO HOSPITAL DE VIGO

MAREA DE VIGO ESIXIRÁ O COBRO DO IBI AO NOVO HOSPITAL SE FINALMENTE A SÚA XESTIÓN É PRIVADA

A MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE A EXENCIÓN QUE ESTABLECE O ARTIGO 5.1 DA ORDENANZA MUNICIPAL QUEDARÍA SEN EFECTO AO TRATARSE DUN CENTRO HOSPITALARIO NO QUE A TITULARIDADE DO SERGAS NON SERÍA CLARA


MAREA DE VIGO sigue considerando prioritario que o proxecto do novo hospital de Vigo sexa 100x100 público evitando a entrada na xestión hospitalaria do capital privado, agora ben, existe un risco máis que probable pola maioría parlamentaria do PP de que esta situación non sexa a definitiva polo que considera imprescindible artellar as medidas que impidan o “libre negocio especulativo” que moitos pretenden facer coa sanidade pública. Hai que ter en conta que no contrato de concesión do Novo Hospital de Vigo inclúense servizos sanitarios.

Marga López, nº 2 da candidatura e traballadora do sector sanitario, lembrou que "o novo Hospital de Vigo é unha infraestrutura Sanitaria que ten como finalidade a satisfacción das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que, corremos o risco de que se realice mediante explotación de dita infraestrutura sanitaria por parte da empresa privada". Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

Rubén Pérez, candidato da MAREA DE VIGO á alcaldía, considera que o goberno local está "na práctica permitindo esta xestión privada do centro hospitalario" xa que o convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto sétimo especificase que o concello executará as infraestruturas, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os custos o deberían ser satisfeitos pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestruturas a inversores privados.

A MAREA DE VIGO proporá as seguintes modificacións a actual ordenanza municipal sobre o IBI:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1 que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.


MAREA DE VIGO POR OUTRO DEBATE SOBRE ÁREA METROPOLITANA


MAREA DE VIGO QUERE QUE O DEBATE DA ÁREA METROPOLITANA E DO TRANSPORTE SEÑA EN TORNO AO CONCEPTO DE UTILIDADE PÚBLICA E O ABARATAMENTO E A EFICIENCIA DOS SERVICIOS NON UN "PELOTEO ENTRE ADMINISTRACIÓNS"

MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE O DEBATE SOBRE OS SERVIZOS DA FUTURA ÁREA METROPOLITANA, ESPECIALMENTE O TRANSPORTE QUE EMPEZA A OPERAR NESTES DÍAS, TEN QUE ARTELLARSE EN TORNO A CREACIÓN DUN TRANSPORTE PÚBLICO METROPOLITANO

Para o candidato á alcaldía da Marea de Vigo, Rubén Pérez, "que sigamos falando de quen aporta recursos ou mesmo dos futuros órganos xestores cando estamos ante un instrumento que pode ser moi eficaz para rematar coa “antidiluviana” diputación e a xestión privada con afán de lucro de transporte, auga, RSU, etc.., demostra que temos uns gobernos provinciais, autonómicos e locais de poucas miras".

A MAREA DE VIGO LEMBRA QUE Non existe hoxe máis alternativa na xestión dos recursos públicos que a mancomunada entre varios concellos, xa que os marcos de déficit públicos que sostén o goberno obligarán a reorganizar o mapa municipal.

MAREA DE VIGO pide un debate en campaña sobre as oportunidades e potencialidades da planificación urbanística e dos servicios que oferta unha área metropolitana en Vigo, sen obviar que a Lei aprobada polo PP parte de erros de bulto, como a definición real dos recursos económicos e orzamentarios para levala a cabo, e as formas xurídicas existentes para descentralizar da deputación e concellos afectados cara á entidade metropolitana.


Vigo afronta uns anos decisivos para o seu futuro, a interdependencia co entorno metropolitano, as profundas mutacións que a crise capitalista pode facer no tecido industrial da cidade, pode significar que desaparezan moitos empregos e recursos económicos que obrigan ós poderes públicos a organizar os servizos públicos para o seu abaratamento e sostenibilidade social.