Outro proceso máis electoral deu comezo esta noite pasada. Á tradicional pegada de carteis marca ese preciso momento donde a maquinaria electoral dos grandes partidos transfórmase en plegarias e apelacións ao voto. Desaparece a austeridade, miles de euros son soterrados en cartelería, grandes anuncios, bolígrafos e supoñemos que algún que outro coxín....
Pero queremos apelar, os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA, a non sucumbir as luces e cores, ao chiste fácil do candidato locuaz, á descalificación como argumento político. É o momento das propostas, de que os partidos non oculten o seu programa e sobre todo que non teñan un programa oculto. Que a esquerda entre con forza no Concello de Vigo significa non só a necesaria alternativa (que non é o mesmo que alternancia que é o que vivimos nestes anos con sucesivos trocos de PSOE, PP, BNG, e logo PP e de novo PSOE...pero cunha misma política), significa que se goberne de acordo á proposta programática escrita e lexible.
Con ESQUERDA UNIDA no Concello de Vigo comezará a paulatina reconstrucción da esquerda alternativa anticapitalista. Nese empeño imos deixar o noso esforzo os homes e mulleres de EU. Porque a crise capitalista que nega o dereito lexítimo ao traballo a miles de personas, que hipoteca o noso futuro e o pon en mans do capital financeiro, exise unha politica anticapitalista real e activa.
Nós temos programa.............¿e eles?
No hay comentarios:
Publicar un comentario