martes, 17 de mayo de 2011

NON NOS RESIGNAMOS. O DESEMPREGO NON É ALGO NATURAL

Fronte aos que pretenden facernos ver o desemprego é algo natural, propio do progreso científico-técnico que fai que as máquinas substitúan os brazos humáns. Marx ilustrou ao capitalismo co debuxo dun desemprego estructural permanente e interesado, porque dota dun “exército de reserva de traballadores e traballadoras” e xeneraliza a cultura do medo entre personas asalariadas e personas que queren selo nun futuro. Para Marx a demanda de traballo está mandatada polo proceso de acumulación de capital. Os beneficios empresariais reinvístense dentro do sistema económico e isto dá lugar a un aumento do stock de capital que á súa vez orixina, normalmente, incrementos na demanda de traballo. 
Nós seguimos creendo que o desemprego non é algo coxuntural dunha crise, que o capital está aproveitando esta crise precisamente para acumular capital, para excluir socialmente, para que o beneficio continúe sendo elevado á costa de enaxenar máis e máis plusvalías do traballo asalariado.
Por iso onte tomamos a rúa, para visibilizar a realidade de que 1 de cada 5 vigueses viven na sombra social que é o desemprego. ESQUERDA UNIDA quere facelos visibles, que o concello xogue o papel na creación de emprego que lle corresponde, que sexa axente activo non só denunciante. Concellos fortes para xenerar emprego e riqueza en definitiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario