martes, 10 de mayo de 2011

O REALMENTE IMPORTANTE

Unha rápida visita aos asteleiros de Beiramar as 6:30 da mañá para facer un reparto das nosas propostas electorais devolve unha radiografía rápida do que está acontecendo nos nosos sectores productivos locais e que está completamente ausente do debate e da proposta política dos partidos maioritarios neste proceso electoral. Se fai un ano calqueira reparto de octavillas podía alcalzar a centos de traballadores a día de hoxe as plantillas de Freire, Armón ou Barreras están completamente mermadas. Uns pola presencia dese sempiterno ERE que está a afectar a centos de centros productivos en Vigo, outros porque a carga de traballo é mínima e as subcontratas están reducindo as plantillas á mínima expresión. Pode que as solucións do sector non veñan dende o Concello, pero inexcusablemente ten que empezar a institución máis cercana aos traballadores a realizar un calendario de accións, xuntanzas con administracións superiores, demandas ás direccións dos asteleiros de eliminar as horas extras, facer presión social, en definitiva, para non deixar, de novo, os traballadores e traballadoras do sector na estacada. ESQUERDA UNIDA porá o concello ao servizo dos intereses da maioria, que somos os asalariados e asalariadas. Nese empeño estamos........

No hay comentarios:

Publicar un comentario