Vigo é unha das cidades donde o desencanto político ten aberto un abismo social entre clase política e cidadanía. Non é un feito froito do capricho ou a casualidade, os vigueses e viguesas teñen visto pasar pola institución local partidos de unha e outra cor e con resultados e políticas semellantes. Para Esquerda Unida esto significa algo que, como decía Julio Anguita, o que tivemos ate o de agora non son alternativas senón alternancias. Cronstruír esa alternativa nun tempo de crise capitalista é loitar por un futuro mellor para todos e todas.
Decíamos meses antes do inicio da campaña electoral que os debates que tíñamos que abordar as forzas políticas neste proceso era radicalmente diferente aos que se plantexaron en 2007. Nese ano o sector da construcción fornecía de miles de euros ás arcas públicas e abastecía de postos de traballo a miles de veciños e veciñas. Ao mesmo tempo vivíamos una bonanza de pedidos no sector naval e un bo ritmo productivo nas empresas do clúster da automoción. Nese panorama de “felicidade” os partidos adicábanse a plantexar proxectos megalómanos, AVE´s que chegaban ás portas das casas e promesas de un Concello garante de servicios sociais públicos infinitos.
Pero chegou como un tsunami unha crise do sistema financeiro primeiro e do sistema de producción capitalista despóis, barreu dun plumazo as esperanzas de mellora sostida que o sistema prometera a miles de traballadores e traballadoras. Barreu as ilusións de miles de mozos na nosa cidade que dende a universidade enfrascábanse en libros e apuntes para optar a un posto de traballo digno e remunerado. Creemos que dende entón vivimos nun Vigo máis triste, máis pesimista. polo que entendíamos que, coa convocatoria de eleccións, a clase política estaría a altura da cidade e aportaría un debate serio e implicado nas solucións a crise tamén dende o eido local. Lamentablemente o proceso parece que é radicalmente inverso, outra vez os tres grandes partidos enrócanse en peleas de “pandilleros”, vindican as políticas de despilfarro que nestes catro anos se fixeron no Concello ou no Porto. Edulcorar con miles de euros despilfarrados en campaña electoral unha realidade que todos os días golpea os homes e mulleres da nosa cidade.
ESQUERDA UNIDA cree sinceiramente que hai alternativa, que hai posibilidades de construir algo diferente ás alternancias de forzas que vivimos dende a transición democrática. Pero para crear este novo empoderamento popular urxen medidas de esquerda e anticapitalistas.
Urxen medidas concretas, reais e definidas para crear emprego. Lamentablemente os grandes partidos extenden a idea de que dende o municipalismo non é posible crear emprego pero ESQUERDA UNIDA ten artillado políticas de emprego en moitos concellos que goberna con notable éxito: dende a creación de empresas municipais agrarias, forestais, de vías e obras, de vivenda, etc… que aislan do servicio público a intereses privados que buscan o beneficio económico antes do beneficio social que é o emprego estable e digno. Non podemos pensar que os concellos, aínda que sendo a institución máis feble e a que menos competencias se lle teñen transferido nos últimos 30 anos son meros catalizadores da realidade social que gobernan. Para nós son axente activo na loita contra o desemprego e a precaridade.
Porque Vigo ten potencialidades esenciais como cidade industrial, ten una man de obra cualificada e versátil, un dinamismo industrial que pode e debe servir para poñer un dique á crise capitalista, pero para iso temos que repensar tamén o noso modelo económico, erradicar o productivismo do benefico e instaurar o productivismo do reparto do emprego e da reinversión productiva en emprego do beneficio empresarial. Nos últimos 10 anos o beneficio empresarial, que acaba en especulación financiera, SICAV´s ou ladrillos, foi no estado español o máis alto dos países da OCDE mentres que o aporte dos salarios ao P.I.B. sufríu unha diminución terrible. Neste aspecto, ESQUERDA UNIDA, defende un novo imposto municipal, sustituto do actual IAE que grabe o beneficio, e ten que ser, necesariamente, un imposto xestionado e aplicado dende o municipal.
Un novo modelo de cidade exise un compromiso coa loita contra a pobreza e a exclusión social. Vigo non pode permitirse que os servicios sociais moitas veces sexan simplemente anuncios de prensa e programas sen dotación orzamentaria suficiente. Se o Banco de Alimentos de Vigo chega xa a casi 1400 familias a magnitude do risco de probreza e exclusión social, nun contexto de futuro aumento das tasas de desemprego, o concello ten que ir preparando o seu armazón institucional para dar soporte público aos futuros retos das políticas sociais. Creemos firmemente que ese futuro pasa por unha empresa pública municipal de servicios sociais integrada por profesionais correctamente remunerados e motivados: psicologos,traballadores sociais, educadores…. Este pode ser, según a propia ONU e FAO un dos retos futuros das administracións pode ser simplemente asegurar o alimento aos seus cidadáns, non so no 3º e 4º mundo senón tamén en países desenvolvimos.
Un novo modelo de cidade exise democracia participativa, entendida como dereito da cidadanía a participar activamente nas propostas políticas, nos debates abertos sobre tódolos aspectos suliñables do día a día da cidade. Pero tamén entendemos que democracia participativa é permitir abertamente participar no pleno, en tempos os plenos do concello de Vigo eran abertos, celebrábanse no auditorio municipal e permitían un seguimento cidadá plural da vida orgánica do concello. Neses tempos, claro está, a clase política era vista como unha solución, non como un problema. Democracia participativa tamén é artellar en Vigo orzamentos participativos, plasmación real do horizontalismo público, da participación activa e vinculante do veciño ou veciña na construcción da cidade e sobre todo, crea unha cultura democrática completamente superadora do modelo clientelar que en ocasións xenera o esclerótico movemento veciñal. Asambleas de barrio como alternativa activa a plenarios do concello.
Un modelo de cidade alternativo esixe igualdade real, non so no eido da igualdade home-muller, senón tamén na igualdade de elección da propia sexualidade, igualdade entre población emigrante e autóctona, igualdade salarial entre mozos e mozas e traballadores con antiguedade nas empresas da comarca. Igualdade como xérmolo de unha nova cultura republicana que vencelle a práctica política aos valores emanados do pensamento ilustrado e que son perfectamente aplicables hoxe en día: liberdade, igualdade e fraternidade.
Un modelo alternativo exise do concurso da loita de todos e todas contra a corrupción que infecta paulatinamente as nosas entidades locais. E loitar contra a corrupción non é somentes que actúe a fiscalía anticorrupción ante sobornos, prevaricacións e chantaxes, corrupción tamén é que o sistema de contratación pública nun concello non pase pola OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO, que se incrementen os cargos de libre designación, os elencos de asesores de todo tipo, ….. que, en definitiva, non todos sexamos iguais para entrar no concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario