Un dos poemas máis fermosos do Ary dos Santos, poeta imprescindible das letras portuguesas pero inxustamente tratado quizáis pola súa decidida militancia no Partido Comunista, iníciase cuns versos proféticos e terriblemente actuais:
Era uma vez um país
onde entre o mar e a guerra
vivia o mais infeliz
dos povos à beira-terra*.
A infelicidade de Portugal, neste aniversario da Revolución dos Cravos, tradúcese hoxe na plasmación real do roubo destes últimos 35 anos realizado polos sucesivos gobernos do PS, PSD y CDS-PP, roubo e latrocinio que levou ao país a bancarrota, a facer da crise permanente a realidade que o pobo portugués mírase cada mañá. Roubo que non foi suficiente para os “vampiros” aos que cantaba o Zeca, e teñen que pedir ao FMI que veña a apuntalar o repunante sistema que construiron no país veciño.
Hoxe Portugal vive enfrentado a unha profunda crise económica e social. Máis de 700 000 traballadores están desempregados, centenares de miles sen protección social, a precariedade lastra, empobrece ao traballarador, a emigración voltou a ser unha necesidade. Máis de 2 millóns de portugueses viven na pobreza, o acceso a dereitos esenciais, como a saúde, a vivenda digna, a protección social, o ensino de calidade, a cultura, están, resultado da política de dereita, cada vez lonxe de ser unha realidade para todos e todas. Acentúanse as asimetrias entre o litoral e o interior. Á pobreza de cada vez máis portugueses contraponse as fortunas de moi poucos. Os salarios e as pensións dos portugueses son recortadas impunemente. O aparello produtivo destruído e recesión económica marcan a última década de entrada na Moeda Única e as políticas de sumisión as imposicións da UE. Como recordaba este fin de semana Jerónimo da Sousa, secretario xeral do PCP: “As políticas de capitulación nacional sucédense pondo en dúbida o interese nacional”.
Hoxe mais que nunca hai que recuperar os valores de Abril, vindicar o concepto de “povo” frente ao concepto de “naçao” ao que apelan os “vampiros” do PS e do PSD, vindicar os valores do antifascismo respondendo de xeito sincrónico a magnífica apelación que Stéphane Hessel fai aos valores da Resistencia Francesa no seu recomendable libro “INDIGNÁDEVOS”
Portugal ten que voltar a abrir as portas de abril.
*”As portas que Abril abríu”, de Jose Carlos Ary dos Santos
No hay comentarios:
Publicar un comentario