viernes, 20 de mayo de 2011

Defender a alegría

Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y los miserables
de las ausencias transitorias
y las definitivas
(Mario Benedetti)

Rematamos hoxe unha campaña electoral nada típica. O típico sería que os partidos evaluaran as necesidades e preocupacións da cidadanía, que artellaran e artillaran toda a maquinaria electoral para facerlles cantos de serea e promesas fastuosas. Pero non foi así, e por iso creo que non foi unha campaña típica. Nin tiveron a decencia de mentirlles en que en dous actos e un sainete taparían os 41.000 e pico parados na nosa comarca, elevarían a vivenda ao rango de dereito universal e as hipotecas serían un doce trago que pásase sen penuria. Pero non foron os típicos.......... falaron de fontes, de obras fastuosas, de eu mal pero tí peor, do meu contra o teu,....

Nos quixemos, como dí o poema de Benedetti, defender a alegría, no mundo triste que arranca de raíz as esperanzas de todos e todas. E esa alegría ven vestida de vermello, das cores que durante centos de anos, saíron dos campos e das fábricas para tinxir de esperanza ao mundo. Porque hai alegría na creencia de que hai futuro para o mundo. E, tamén como dí o poema, esa alegría hai que defendela, porque é necesaria pero porque é inevitable..................

ESQUERDA UNIDA quere aportar a nosa realidade cotiá a alegría de pensar diferente, de considerar que hoxe na Porta do Sol de Madrid e no Príncipe de Vigo tamén se constrúe esa alegría, porque queremos ser alegres, vencer o mundo gris que o capitalismo predador intenta pintar sobre o vermello que tinxía campos e fábricas.

Nese combate...inevitable...........está ESQUERDA UNIDA

POLO TANTO VOTA POLA ALEGRÍA

jueves, 19 de mayo de 2011

SON LOS NUESTROS (Artigo de Julio Anguita)


Están hartos. Saturados de discursos y prácticas tramposas. Escandalizados de que tanto ladrón ilustre acapare los flashes y las cabeceras de los informativos en lugar de las crónicas de los juzgados de guardia. Dolidos por causa de la sordidez de las políticas al uso, aparentemente dictadas por esos inventos exculpatorios denominados mercados. Atónitos ante la degradación y caricaturización de conceptos como Justicia, Libertad o Democracia. Zaheridos por el permanente agravio que suponen el despilfarro de una minoría frente a los esfuerzos infructuosos para supervivir, de una mayoría. Lúcidamente rebeldes ante una pasividad generalizada y además cultivada por la cultura oficial instalada en medios de comunicación, el adocenado lenguaje político al uso y los penosos discursos de tantos tenores huecos.

Se han lanzado a la calle y la siguen llenado sin complejos, poniendo en evidencia a quienes debían y debíamos haberlas llenado antes. Todavía no son conscientes del todo del valor y del ejemplo de su acción; todavía no han caído en la cuenta de lo que apuntan, de lo que han empezado a entreabrir y orear. Tienen la ingenuidad y la imprudencia de todos aquellos que se han atrevido a decir que el rey está desnudo y que la farsa es eso, una farsa.

Y lo hacen- a tenor de las declaraciones de sus portavoces- con una finísima mezcla de sentido común, valentía moral y madurez ciudadana que los hace casi únicos en este páramo berroqueño en el que la Ética y los valores ni cotizan en bolsa ni tampoco en las urnas. España siempre se parece a sí misma. Por las trazas se deduce que ellos se suman con fuerza joven a una minoría que siempre ha intentado acabar con esa miseria de nuestra historia. Tienen vocación de mayoría cívica capaz de desalojar de su aconchado caparazón a esa otra mayoría que traga connivente y cómplice.

Los he acompañado por la calles de Córdoba el día 15 y me he sentido de ellos A mis años y con la hoja de servicios amarilla de tiempo he sentido el impulso de intensificar ante mí y ante los míos, mi nunca abandonada lucha. Son los nuestros; y esta expresión quiere poner especial énfasis en la acepción de pertenencia que el posesivo conlleva; son los nuestros porque les pertenecemos. Son los nuestros porque rezuman aquella voluntad de cambio que otrora dio sentido a nuestra apuesta política. Lo han dejado claro, son apartidistas pero no apolíticos. Gracias compañeros y compañeras por esa decencia y sabiduría que por desgracia sólo están al alcance de vosotros y unos pocos más.

Creo que nuestra militancia comunista exige de nosotros y a título personal, enrolarnos, comprometernos y engrosar sus filas sin más soldada que la gratificante sensación de que volvemos de nuevo a galopar hacia Utopía; o lo que es lo mismo hacia la honestidad, la justicia, la igualdad y el lenguaje limpio y veraz al servicio de la comunicación de ideas.

Cuando acabe el coro de grillos en el que el bipartidismo y adheridos han transformado la campaña electoral y asistamos al rigodón de pactos, repactos y contrapactos, no olvidemos que ya hay quien nos mira limpia y organizadamente; ya hay quien nos va a demandar algo más que lo políticamente correcto para hoy y hambre para mañana. Los mejores editoriales, las más incisivas crónicas, los más claros análisis y los juicios más justos no se hacen ahora en los medios (casi siempre mediados) sino en las calles y plazas de España.

Julio Anguita / Colectivo Prometeo

martes, 17 de mayo de 2011

NON NOS RESIGNAMOS. O DESEMPREGO NON É ALGO NATURAL

Fronte aos que pretenden facernos ver o desemprego é algo natural, propio do progreso científico-técnico que fai que as máquinas substitúan os brazos humáns. Marx ilustrou ao capitalismo co debuxo dun desemprego estructural permanente e interesado, porque dota dun “exército de reserva de traballadores e traballadoras” e xeneraliza a cultura do medo entre personas asalariadas e personas que queren selo nun futuro. Para Marx a demanda de traballo está mandatada polo proceso de acumulación de capital. Os beneficios empresariais reinvístense dentro do sistema económico e isto dá lugar a un aumento do stock de capital que á súa vez orixina, normalmente, incrementos na demanda de traballo. 
Nós seguimos creendo que o desemprego non é algo coxuntural dunha crise, que o capital está aproveitando esta crise precisamente para acumular capital, para excluir socialmente, para que o beneficio continúe sendo elevado á costa de enaxenar máis e máis plusvalías do traballo asalariado.
Por iso onte tomamos a rúa, para visibilizar a realidade de que 1 de cada 5 vigueses viven na sombra social que é o desemprego. ESQUERDA UNIDA quere facelos visibles, que o concello xogue o papel na creación de emprego que lle corresponde, que sexa axente activo non só denunciante. Concellos fortes para xenerar emprego e riqueza en definitiva.

lunes, 16 de mayo de 2011

DEMOCRACIA REAL XA!

  

Onte, tras días de frenética campaña, quixen convertirme nun cidadá anónimo, algo imposible dende que arracou este circo chamado campaña electoral. E mobiliceime respondendo a chamada do movemento DEMOCRACIA REAL que intelixentemente apelou non ao apoliticismo senón a rebelarse contra a partitocracia actual. E asistín anónimanente porque calqueira espazo e movemento como este ten que ter unha dimensión colectiva plural, sen siglas nin apadrinamentos. Porque se apelou á participación política, que non ten necesariamente que pasar por participar nun partido. Porque vindicou a actividade frente a inanición social da crise.

Miles de mozos e mozas desta cidade ou ben estamos en paro ou coa amenaza permanente de que os nosos postos de traballo desaparezan no abismo fagocitador da crise capitalista. Xá e hora de saír á rúa e denuncialo. Pero dentro da pluralidade do movemento hai xente que consideramos que estar políticamente organizado en organizacións políticas de clase é necesario, porque históricamente foron os instrumentos que artellaron as alternativas posibles da clase traballadora, que incidiron nos problemas reais dos homes e mulleres asalariados e asalariadas. Pode ser que as políticas dalgúns partidos que se din de esquerdas foran traidoras, destructoras de dereitos, cómplices do sistema capitalista ou mesmo claudicadoras......... pero a utopía e necesario que sexa organizada....porque é utopia e non quimera e polo tanto é realizable.

sábado, 14 de mayo de 2011

viernes, 13 de mayo de 2011

UN PROXECTO DE ESQUERDA ALTERNATIVA PARA UN NOVO VIGO

Vigo é unha das cidades donde o desencanto político ten aberto un abismo social entre clase política e cidadanía. Non é un feito froito do capricho ou a casualidade, os vigueses e viguesas teñen visto pasar pola institución local partidos de unha e outra cor e con resultados e políticas semellantes. Para Esquerda Unida esto significa algo que, como decía Julio Anguita, o que tivemos ate o de agora non son alternativas senón alternancias. Cronstruír esa alternativa nun tempo de crise capitalista é loitar por un futuro mellor para todos e todas.
Decíamos meses antes do inicio da campaña electoral que os debates que tíñamos que abordar as forzas políticas neste proceso era radicalmente diferente aos que se plantexaron en 2007. Nese ano o sector da construcción fornecía de miles de euros ás arcas públicas e abastecía de postos de traballo a miles de veciños e veciñas. Ao mesmo tempo vivíamos una bonanza de pedidos no sector naval e un bo ritmo productivo nas empresas do clúster da automoción. Nese panorama de “felicidade” os partidos adicábanse a plantexar proxectos megalómanos, AVE´s que chegaban ás portas das casas e promesas de un Concello garante de servicios sociais públicos infinitos.
Pero chegou como un tsunami unha crise do sistema financeiro primeiro e do sistema de producción capitalista despóis, barreu dun plumazo as esperanzas de mellora sostida que o sistema prometera a miles de traballadores e traballadoras. Barreu as ilusións de miles de mozos na nosa cidade que dende a universidade enfrascábanse en libros e apuntes para optar a un posto de traballo digno e remunerado. Creemos que dende entón vivimos nun Vigo máis triste, máis pesimista. polo que entendíamos que, coa convocatoria de eleccións, a clase política estaría a altura da cidade e aportaría un debate serio e implicado nas solucións a crise tamén dende o eido local. Lamentablemente o proceso parece que é radicalmente inverso, outra vez os tres grandes partidos enrócanse en peleas de “pandilleros”, vindican as políticas de despilfarro que nestes catro anos se fixeron no Concello ou no Porto. Edulcorar con miles de euros despilfarrados en campaña electoral unha realidade que todos os días golpea os homes e mulleres da nosa cidade.
ESQUERDA UNIDA cree sinceiramente que hai alternativa, que hai posibilidades de construir algo diferente ás alternancias de forzas que vivimos dende a transición democrática. Pero para crear este novo empoderamento popular urxen medidas de esquerda e anticapitalistas.
Urxen medidas concretas, reais e definidas para crear emprego. Lamentablemente os grandes partidos extenden a idea de que dende o municipalismo non é posible crear emprego pero ESQUERDA UNIDA ten artillado políticas de emprego en moitos concellos que goberna con notable éxito: dende a creación de empresas municipais agrarias, forestais, de vías e obras, de vivenda, etc… que aislan do servicio público a intereses privados que buscan o beneficio económico antes do beneficio social que é o emprego estable e digno. Non podemos pensar que os concellos, aínda que sendo a institución máis feble e a que menos competencias se lle teñen transferido nos últimos 30 anos son meros catalizadores da realidade social que gobernan. Para nós son axente activo na loita contra o desemprego e a precaridade.
Porque Vigo ten potencialidades esenciais como cidade industrial, ten una man de obra cualificada e versátil, un dinamismo industrial que pode e debe servir para poñer un dique á crise capitalista, pero para iso temos que repensar tamén o noso modelo económico, erradicar o productivismo do benefico e instaurar o productivismo do reparto do emprego e da reinversión productiva en emprego do beneficio empresarial. Nos últimos 10 anos o beneficio empresarial, que acaba en especulación financiera, SICAV´s ou ladrillos, foi no estado español o máis alto dos países da OCDE mentres que o aporte dos salarios ao P.I.B. sufríu unha diminución terrible. Neste aspecto, ESQUERDA UNIDA, defende un novo imposto municipal, sustituto do actual IAE que grabe o beneficio, e ten que ser, necesariamente, un imposto xestionado e aplicado dende o municipal.
Un novo modelo de cidade exise un compromiso coa loita contra a pobreza e a exclusión social. Vigo non pode permitirse que os servicios sociais moitas veces sexan simplemente anuncios de prensa e programas sen dotación orzamentaria suficiente. Se o Banco de Alimentos de Vigo chega xa a casi 1400 familias a magnitude do risco de probreza e exclusión social, nun contexto de futuro aumento das tasas de desemprego, o concello ten que ir preparando o seu armazón institucional para dar soporte público aos futuros retos das políticas sociais. Creemos firmemente que ese futuro pasa por unha empresa pública municipal de servicios sociais integrada por profesionais correctamente remunerados e motivados: psicologos,traballadores sociais, educadores…. Este pode ser, según a propia ONU e  FAO un dos retos futuros das administracións pode ser simplemente asegurar o alimento aos seus cidadáns, non so no 3º e 4º mundo senón tamén en países desenvolvimos.
Un novo modelo de cidade exise democracia participativa, entendida como dereito da cidadanía a participar activamente nas propostas políticas, nos debates abertos sobre tódolos aspectos suliñables do día a día da cidade. Pero tamén entendemos que democracia participativa é permitir abertamente participar no pleno, en tempos os plenos do concello de Vigo eran abertos, celebrábanse no auditorio municipal e permitían un seguimento cidadá plural da vida orgánica do concello. Neses tempos, claro está, a clase política era vista como unha solución, non como un problema. Democracia participativa tamén é artellar en Vigo orzamentos participativos, plasmación real do horizontalismo público, da participación activa e vinculante do veciño ou veciña na construcción da cidade e sobre todo, crea unha cultura democrática completamente superadora do modelo clientelar que en ocasións xenera o esclerótico movemento veciñal. Asambleas de barrio como alternativa activa a plenarios do concello.
Un modelo de cidade alternativo esixe igualdade real, non so no eido da igualdade home-muller, senón tamén na igualdade de elección da propia sexualidade, igualdade entre población emigrante e autóctona, igualdade salarial entre mozos e mozas e traballadores con antiguedade nas empresas da comarca. Igualdade como xérmolo de unha nova cultura republicana que vencelle a práctica política aos valores emanados do pensamento ilustrado e que son perfectamente aplicables hoxe en día: liberdade, igualdade e fraternidade.
Un modelo alternativo exise do concurso da loita de todos e todas contra a corrupción que infecta paulatinamente as nosas entidades locais. E loitar contra a corrupción non é somentes que actúe a fiscalía anticorrupción ante sobornos, prevaricacións e chantaxes, corrupción tamén é que o sistema de contratación pública nun concello non pase pola OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO, que se incrementen os cargos de libre designación, os elencos de asesores de todo tipo, ….. que, en definitiva, non todos sexamos iguais para entrar no concello.


martes, 10 de mayo de 2011

O REALMENTE IMPORTANTE

Unha rápida visita aos asteleiros de Beiramar as 6:30 da mañá para facer un reparto das nosas propostas electorais devolve unha radiografía rápida do que está acontecendo nos nosos sectores productivos locais e que está completamente ausente do debate e da proposta política dos partidos maioritarios neste proceso electoral. Se fai un ano calqueira reparto de octavillas podía alcalzar a centos de traballadores a día de hoxe as plantillas de Freire, Armón ou Barreras están completamente mermadas. Uns pola presencia dese sempiterno ERE que está a afectar a centos de centros productivos en Vigo, outros porque a carga de traballo é mínima e as subcontratas están reducindo as plantillas á mínima expresión. Pode que as solucións do sector non veñan dende o Concello, pero inexcusablemente ten que empezar a institución máis cercana aos traballadores a realizar un calendario de accións, xuntanzas con administracións superiores, demandas ás direccións dos asteleiros de eliminar as horas extras, facer presión social, en definitiva, para non deixar, de novo, os traballadores e traballadoras do sector na estacada. ESQUERDA UNIDA porá o concello ao servizo dos intereses da maioria, que somos os asalariados e asalariadas. Nese empeño estamos........

viernes, 6 de mayo de 2011

CONSTRUIR A ALTERNATIVA ANTICAPITALISTA

Outro proceso máis electoral deu comezo esta noite pasada. Á tradicional pegada de carteis marca ese preciso momento donde a maquinaria electoral dos grandes partidos transfórmase en plegarias e apelacións ao voto. Desaparece a austeridade, miles de euros son soterrados en cartelería, grandes anuncios, bolígrafos e supoñemos que algún que outro coxín....

Pero queremos apelar, os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA, a non sucumbir as luces e cores, ao chiste fácil do candidato locuaz, á descalificación como argumento político. É o momento das propostas, de que os partidos non oculten o seu programa e sobre todo que non teñan un programa oculto. Que a esquerda entre con forza no Concello de Vigo significa non só a necesaria alternativa (que non é o mesmo que alternancia que é o que vivimos nestes anos con sucesivos trocos de PSOE, PP, BNG, e logo PP e de novo PSOE...pero cunha misma política), significa que se goberne de acordo á proposta programática escrita e lexible.

Con ESQUERDA UNIDA no Concello de Vigo comezará a paulatina reconstrucción da esquerda alternativa anticapitalista. Nese empeño imos deixar o noso esforzo os homes e mulleres de EU. Porque a crise capitalista que nega o dereito lexítimo ao traballo a miles de personas, que hipoteca o noso futuro e o pon en mans do capital financeiro, exise unha politica anticapitalista real e activa.

Nós temos programa.............¿e eles?