jueves, 7 de junio de 2012

O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA CELEBROU O SÁBADO 2 DE XUÑO A SÚA FESTA ANUAL EN FERROL



Coloquio: 40 anos das Folgas de 1972

O Partido Comunista de Galicia celebrou a súa Festa este sábado 2 de xuño en Ferrol, no Paseo Marítimo de Caranza, na rúa Cartaxena. Unha Festa que estivo enmarcada nun contexto de crise económica, de recortes sociais e de involución democrática que, para o PCG, requiren dunha mobilización constante dos e das comunistas galegos con dous obxectivos fundamentais: non perder as conquistas sociais e políticas das que os e as comunistas foron protagonistas no século pasado e avanzar cara a consecución dunha sociedade alternativa ao sistema capitalista, no socialismo do século XXI.

Por primeira vez en vinteseis anos o Partido Comunista de Galicia recuperou a tradición da Festa dos e das comunistas galegas, unha xornada de lecer e compromiso coa que o PCG vén sumarse ás numerosas que o PCE celebra en todo o estado e que culminan na Festa do PCE en setembro en San Fernando de Henares. Este ano a festa centrouse no pasado e futuro do sindicalismo de clase, no marco dos 40 anos das Folgas de 1972 e na celebración do 90 aniversario da fundación do PCE.

No transcurso da Festa do PCG mesturáronse coloquios, concertos, gastronomía, e exposicións, ademais do mitin central.

En canto aos coloquios, o primeiro deles baixo o título de "40 anos das folgas de 1972" contou coa participación de Rafael Pillado, ex-secretario xeral do PCG e dirixente obreiro no 72 ferrolán; Waldino Varela, fundador das CCOO en Vulcano e dirixente obreiro do 72 vigués e Sari Alabau, ex-concelleiro do PCG e EU en Ferrol e represaliada no 72.

Coloquio "O futuro do sindicalismo de clase"
O seguinte coloquio analizou o "O futuro do sindicalismo de clase" e contou coa participación de Víctor Ledo, das CCOO de Ferrol José Luís Pedrosa, Secretario Comarcal de CCOO en Pontevedra, e Rubén Pérez, secretario de organización do PCG en Galicia e coordinador de EU en Vigo.
O terceiro coloquio analizou "Os retos da esquerda alternativa" e nel participaron José Luís Centella, Secretario Xeral do PCE, deputado e responsable federal de Política Institucional de EU; Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU e membro da Executiva federal de EU e Carlos Portomeñe, Secretario Xeral do PCG e membro da Presidencia federal de EU.

Durante o transcurso da Festa os asistentes puideron visitar a exposición "MERCEDES NÚÑEZ TARGA, O VALOR DA MEMORIA", unha exposición sobre a vida da histórica militante comunista, fundadora do PCG, secretaria de Pablo Neruda, represaliada polo franquismo, combatente nas filas da Resistencia francesa e presa nos campos de concentración nazis.

O mitin político foi o acto político central no que participaron José Luís Centella, Carlos Portomeñe e Carlos Álvarez, Secretario Xeral das Mocidades Comunistas Galegas.

A partir das 22:00 horas desenvolveronse os concertos a cargo das bandas EL VIEJO CARACOL, M&M´S BAND e A SENTINA

No hay comentarios:

Publicar un comentario