13 de Agosto de 2004. O momento climax da orxía grega nesta bacanal chamada Europa. Grecia ven de pelexar ano a ano, golpe de talonario a golpe de talonario por ser sede dos Xogos Olimpicos. Hoxe é o día, como eses novos ricos, gastan potosís en facer que dende fóra das cícladas todo o mundo olle a riqueza e progresión de Grecia. A apoteosis do goberno corrupto e enfermo do PASOK xa ten circo para apaciguar ao país.
Apáganse as luces do estadio olímpico de Atenas. Haris Alexiou e Dalaras, a mítica cantante e o músico heleno entran no escenario da multitudinaria cerimonia de inaguración. Todo en silencio e escomenza a cantar o Mana Mou Hellas, ese epitafio en forma de canción rebetika que dende xeneracións fai lembrarlle a Grecia que máis que historia ten un drama. E cantan……
Pero agora que espertaron as serpes
ti levas postos os teus antigos adornos,
e xamais derramas unha bágoa, nai Grecia,
que aos teus fillos vendes como escravos.
As grandes palabras mentireiras
dixéchesmas co teu primeiro leite.
Pero entón cando eu falábache do meu destino
vestírasche cos teus antigos luxos
e no bazar tomáchesme como unha xitana a un mono,
Grecia, Grecia, nai da pena.
As grandes palabras mentireiras
dixéchesmas co teu primeiro leite.
Pero agora que o lume brota de novo
ti miras as túas antigas belezas
e ás areas do mundo, nai Grecia,
sempre transportas a mesma mentira.
Grecia disfrutaba do espellismo chamado Europa. A canción de Dalaras parecía xa conxugada, empezaba a festa pero xa intuianse as resacas.
8 anos despois de aquel conxuro, de esa Grecia narcotizada somentes queda ese frío que se mete nos corpos con medo.
Triste historia a de Grecia, mil veces vendida, mil veces traizoada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario