As áreas metropolitanas son figuras teóricas da planificación urbanística moderna, teóricas porque xurden do concurso de teorías demográficas, das ciencias sociais e do urbanismo. Toman como referencia áreas urbanas interelaccionadas por criterios de dependencia económica, mobilidade poboacional, etc.. non é un invento “novedosísimo de Castrillo, nin de Corina xa que forma para dos programas da esquerda neste país dende a transición.
2. En ocasións “miro” áreas Metropolitanas.......
700 millóns de europeos viven en áreas metropolitanas xurídicamente constituídas, algúns deles no estado español. Non supón mutación xenética algunha ou cosanginidade borbónica e desamparo. As máis grandes (Paris Versalles e Berlín ) moven unha parte importante dos planeamentos aeroportuarios, loxísticos e mesmo urbanísticos de xeito metropolitano. E sen deputacións parasitarias.....
3. O boss non é importante
A área metropolitana de Barcelona, aludida en numerosas ocasións por políticos de diversa índole para referiste análogamente á de Vigo foi liquidada nos 80 polo goberno de Pujol ante as incapacidades de chegar a acordos e as reticencias da mancomunidade de municipios de Barcelona. Só recerentemente, en xullo de 2010, púdose artellar de novo unha lei co consenso político de todo o arco parlamentario catalán. Consenso que foi posible especialmente porque non se discutía o órgano que mandaba senón as atribucións e a dotación financeira para levada adiante. Aquí discutimos quen dos 14 lehendakaris corta o bacalao ao pil pil.
4. É que facemos coa Diputación?
Non existe en Europa unha figura intermedia entre goberno rexional e área metropolitana-concello. Aquí pretendemos manter a diputación bailando samba entre ente metropolitana e concellos? Malo malo........ eliminar cando menos o ámbito de actuación da Deputación no entorno metropolitano asegurará menos transilium político en vena.
5 Que podemos facer con este novo enxendro?
Pois o mellor evitar que 14 concellos fagan os seus plans urbanisticos sen contar con que donde remata o linde municipal están a facer tantas vivendas como as súas e que sumando da 3 veces máis habitantes demandantes de vivenda. O mellor “metropolinizar” (termo sen dúbida curioso) as galdrumeiras contratas de Aqualia, Movexvial, Vitrasa,... e voltar ao público o transporte, o ciclo da auga, a xestión dos RSU evitando que empresas privadas leven un pico brutal dos nosos salarios. Non é rentable unha EMPRESA METROPOLITANA DE XESTIÓN DA AUGA 100x100 pública con servicio a case medio millón de habitantes? París e a súa área opinaron que si e en 2010 anularon as concesións privadas (por ser un 25% máis cara) e crearon unha empresa pública co perfumístico nome de “EAU DE PARIS”
No hay comentarios:
Publicar un comentario