domingo, 1 de abril de 2012

CLAVES PARA ANALIZAR OS ORZAMENTOS 2012 DO CONCELLO DE VIGO DENDE A ESQUERDA

Pouco a pouco despéxanse as sospeitas da verdadeira intencionalidade do voto favorable do BNG ás contas presentadas polo goberno do PSdG. Intencionalidade que quedou manifesta coa inclusión da figura do vicepresidente no organigrama do Consorcio do Casco Vello e a nominación do portavoz municipal do BNG Santiago Dominguez para este cargo.

Non se trata dun apoio circunscrito a un incremento do gasto social ou das opacas e pouco claras partidas de creación de emprego sen máis, estamos ante o derradeiro intento dos nacionalistas de influir socialmente na cidade mediante a capacidade de contratación laboral, nin máis nin menos, aproveitando unha fórmula que durante os gobernos bipartitos deulle un resultado positivo: os consorcios.

Contratación laboral que dende sempre ten que ser denunciada pola esquerda, primeiro porque estando fóra da Oferta Pública de Emprego queda ao libre dispor do consorcio ofertante, facendo que a igualdade, a información e o concurso de méritos quede ás veces afastado pola amizade, veciñanza ou carnet de partido. Todos temos aínda presente como no Consorcio Galego de Igualdade a entrevista personal chegou a contar máis que o concurso oposición feito denunciado en reiteradas ocasións pola CIG e CCOO.

Porque hai quen quere influir dende o control dos cartos públicos pero sen ten que mollarse na entrada dun goberno que a todas luces sería un suicidio político.

Prentender que 5 millóns de euros dun orzamento municipal sexan canalizados en forma de “accións directas e indirectas para o fomento do emprego” á organismos públicos e privados como consorcios, asociacións de veciños ou mesmo sindicatos vai contar coa oposición decidida e, de ser preciso, coa xudicialización por parte de Esquerda Unida.

Porque hai quen pretende dende fóra do goberno municipal ter capacidade de comprar vontades a cambio de salarios e iso faga que o faga, chámase política de dereitas.

¿Por qué non aumentar á contratación directa do Concello, con salarios públicos e contratación transparente se fan falla peóns, xardineiros ou mesmo coidadores de barrio. Repetiremos dúcias de contratacións con salarios de miseria, en ocasións sen tutela sindical como algunhas empresas, edulcoradas como cooperativas, que en datas recentes gozaron de favores dende o concello?. Veremos nestes meses se nos equivocamos na diagnóse

No hay comentarios:

Publicar un comentario