
A caída do sector inmobiliario significou a elevación do desemprego a niveis preocupantes e lastrado por este feito outros sectores empezaron a incrementar as súas tasas de desemprego, caldo de cultivo que se vía axudado por ese endebedamento familiar máis alto dos países da UE (89% del PIB en 2010)
Casi tres anos despois o dilema que as forzas políticas temos que soventar para dar solución a un desemprego despegando xa do 20% é se o modelo productivo anterior, que agochaba as propias debilidades industriais e tecnolóxicas do Estado español, é sostible e pode voltar a xenerar emprego a curto e medio prazo.
ESQUERDA UNIDA temos a certeza de que non. O “dorado” do ladrillo non poderá absorver a demanda de man de obra sobre todo nun contexto de crise financeira, de exceso de oferta de parque de vivenda nova e dun recurte importante de obra pública. Polo tanto é perentorio ofrecer alternativas de modelo productivo, un modelo productivo ao servizo dos interereses da maioria dos españois que somos os que, como maxistralmente analizara o vello Marx: o capitalismo somentes nos deixou a opción de vender a nosa forza de traballo a cambio dun salario.
E outra cuestión moi relacionada co proceso electoral que viviremos ¿poden os concellos ser parte activa na concrección do novo modelo productivo? Creemos firmemente que si.
E creemos que poden crear emprego porque Concellos como o de Vigo teñen un patrimonio inmenso en forma de espacio rural e forestal, sectores que nestes últimos 15 anos se abandoaron, mediante actuacións como o actual PXOM, para ser pasto dos especuladores inmobiliarios. Lembremos que o PXOM actual erradica de forma encuberta unha parte esencial da superficie rústica de Vigo convertindoa nunha amalgama de cualificacións pero cun acervo común: a edificabilidade.
Creemos firmemente que é posible recuperar aqueles sectores económicos en risco de desaparecer ou que se extinguiron como actividade produtiva. En moitos casos constitúen unha aposta económica viable, que se pode potenciar dende o público en forma de réxime de empresa municipal agraria ou de cooperativa participada polo Concello. Facilitando a instalación de empresas de transformación dos produtos autóctonos sustentables, contribuíndo á súa revalorización mediante cláusulas de bonificación e/ ou axudas directas. ¿Non é posible unha empresa municipa de productos agroecolóxicos que empregue a unha parte significativa dos traballadores e traballadoras expulsados pola crise do sector da construcción e que surta ós mercados de Vigo de productos biolóxicos a un precio competitivo ao implementar cíclos loxísticos de distribución curtos e erradicar a figura do intermediario agrícola? ¿non é posible unha empresa municipal de desenvolvemento forestal?, creemos radicalmente que sí.
Ademáis de que se implanta o modelo dos mercados de produtores fronte ao actual modelo de mercado de intermediarios axudaríamos a promocionar a produción e consumo de productos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica de proximidade. Fomentaríamos o desenvolvemento da agricultura ecolóxica como saída para o sector investindo en formación, recuperando variedades, dando canles curtas de comercialización e artellando accións que faciliten a explotación sustentable da nosa terra.
Voltar ao campo, ao cultivo agrario, algo que parecía inpensable no noso concello, pero que hoxe é perentorio para aliviar uns datos de desemprego xa endémicos. Hoxe temos nas parroquias miles de metros cadrados sen explotación agraria, moitos deles actualmente empezan a ser cedidos a terceiros para o cultivo, porque moitas familias están facendo números do que custa un kilo de tomates ou o kg de pementos nas áreas comerciais e as contas saen perfectamente. Pode parecer que dende unha perspectiva local esta aportación á soberanía alimentaria parece ínfima, pero si se pode organizar un sistema de distribución a nivel local (ou mesmo comarcal) máis xusto, que ofreza aos produtores a posibilidade de obter o 100% dos beneficios que reporte o seu traballo, e que ao mesmo tempo ofreza aos consumidores un produto de referencia, próximo e de alta calidade.
Esta reflexión colectiva que os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA plantexamos ten que ter unha proposta real, factible e concreta; polo que defendemos para o Concello de Vigo a creación dunha EMPRESA MUNICIPAL AGRÍCOLA con atribucións concretas: Xestión das terras de cultivo municipalizadas, xestión dun viveiro municipal, adquisición de maquinaria agrícola e subarrendo da mesa a cooperativas, formación e capacitación agraria, etc.... un novo modelo de empoderar o noso valioso medio rural, o riquísmo e amenazado sistema de regadío das parroquias, o desenvolvemento sostible, a integración laboral, en definitiva un modo modelo productivo para unha nova sociedade tamén no eido local.
Estupenda iniciativa Rubén. Desde ATTAC también proponemos que la economía social a escala local puede, y debe, ser una de las salidas posibles, y en positivo, a esta crisis.
ResponderEliminar