sábado, 26 de febrero de 2011

PARTICIPAREMOS NA MANIFESTACIÓN DE "A RÍA NON SE VENDE" O DOMINGO 27 DE FEBREIRO

Coherentemente co feito de que ESQUERDA UNIDA ten reiteradamente denunciado ante a UNION EUROPEA as desfeitas medioambientais provocadas pola deficiente rede de depuración de aguas, os recheos e usos especulativos do litoral na nosa ría chamamos hoxe a a participar na manifestación deste vindeiro Domingo 27, contra os recheos na Ría de Vigo.
A manifestación a convoca a rede de colectivos A Ría Non Se Vende (http://arianonsevende.nireblog.com/) ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaria de Vigo por estragar a nosa ría.

É lamentable ver como no capitalismo en crise a política de control de custos empresarial devengada (que ten nos custes loxísticos un foco especial) consiguen empregar as nosas costas en beneficio propio, a así empresas de automoción como SEAT ou CITROËN, Regasificadoras como a do Musel en Xixón ou Reganosa en Ferrol, grandes operadoras de contedores ou estaleiros privados, son capaces de condicionar a morfoloxía das nosas costas a cambio do chantaxe dos postos de traballo, argumentando se non conseguen espazos loxísticos baratos coa deslocalización produtiva. Os concellos son presionados por intereses capitalistas, pero en ocasións lamentablemente pola cidadanía enrolada nesa masa amorfa coñecida como “opinión pública”, se pliegan a estes intereses asustados máis por previsibles enquisas electorais que polo cumprimento da legalidade medioambiental e urbanística.

Nun contexto de crise capitalista o aproveitamento especulador do noso entorno faise máis patente, o todo vale dun sistema de acumulación especulativa multiplícase exponencialmente co que respostas como esta da cidadanía son imprescindibles.
Polo tanto pedimos PP, BNG, PSOE, presentes en moitas corporacións e institucións do noso país unha denuncia pública e real do que se está a aprobar en plenos e comisións. O lamentable exemplo de Reganosa é significativo de este feito.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Esquerda Unida de Vigo rexistra unha moción no Concello para que se posicione en contra da lei de augas da Xunta


O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez recorda que coa aprobación da lei 9/2010, de Augas de Galicia, o Parlamento Galego abre un panorama regresivo por canto avanza un modelo de xestión das augas do país caracterizado polo afán recadatorio e privatizador ao respeito dun ben fundamental como é o auga. O texto contempla varias cuestións que supoñen unha regresión sobre a actual situación e que moven a ESQUERDA UNlDA a recabar un pronunciamento a prol da súa modificación por parte do concello de Vigo

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez suliña que este modelo regresivo súmase ao feito de que en Vigo a concesión privada da xestión de auga enfatiza un modelo de despilfarro por canto os cidadáns pagamos un mínimo de metros cúbicos independetemente de que non sexan consumidos e aposta por volta ao público a concesión unha vez remate nos próximos anos a concesión privada. “Unha empresa de augas municipal é pública é rentable e enfatiza o consumo social e responsable dun recurso tan importante como a auga” engadíu o candidato de ESQUERDA UNIDA
TEXTO DA MOCIÓN:

martes, 18 de enero de 2011

ESQUERDA UNIDA DE VIGO TRASLADA AO DIPUTADO GASPAR LLAMAZARES UNHA PREGUNTA DIRIXIDA AO GOBERNO SOBRE AS AXUDAS RECIBIDAS POR CITROËN


Rubén Pérez, candidato de EU nas eleccións municipais de 2011 e coordinador local en Vigo entregou ao deputado de Esquerda Unida Gaspar Llamazares unha pregunta que pretende aclarar que axudas recibiu a compañía gala a cambio de evitar ERES e que agora quedarían en "papel mollado". Rubén Pérez lembra que en 2008 e 2009 a planta recibiu unha choiva de millóns tanto da Xunta de Galicia como do Goberno e que moitas delas estaban condicionadas ao mantemento do emprego.

Os resultados económicos de Citröen seguen sendo inxentes, só hai diminución de beneficios entre exercicios, non perdas, lembrou o candidado de Esquerda Unida, Rubén Pérez.

Para ESQUERDA UNIDA ademais de que a produción de Citroën debería axustarse á demanda, evitando os tempos e ritmos que actualmente están devengando en situacións laborais críticas, é hora de que os beneficios empresariais revertan en calidade de vida dos traballadores. Esquerda Unida considera, como así o manifestaron os sindicatos franceses recentemente, que o que subxace tamén é o afán polo grupo galo de maquillar operacións de posibles vendas de activos do grupo, como a financeira Banque PSA Finance ou a filial de compoñentes Faurecia, da que é accionista maioritario, e cuxo valor en bolsa esborrallouse no 2009 e 2010.


-------------------------------------------------------------------
TEXTO DA PREGUNTA PARLAMENTARIA DE IU

A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS


Al amparo de lo establecido en el Reglamento de la Cámara se presenta la siguiente pregunta dirigida al Gobierno para la que se solicita respuesta escrita


La compañía automovilística PSA-PEUGEOT-CITROEN ha anunciado recientemente la intención de plantear un EXPEDIENTE DE REGULACIÓN DE EMPLEO para su factoría de la ciudad gallega de Vigo. Dicho expediente se encuentra actualmente en negociación entre la dirección de la factoría y los representantes sindicales de la misma. La propuesta actual de la empresa es un ERE temporal entre el 1 de marzo y el 31 de diciembre de 2012, donde se establecerían 40 jornadas de paro.

El número de trabajadores afectados este año podría variar, en función de los días que finalmente se pare la producción en la línea que ensambla los monovolúmenes, y en función de las variaciones en el mercado. Fuentes sindicales estiman que estarían entre 430 y 880 los trabajadores afectados por el expediente.

Desde 2008 el grupo francés ha venido recibiendo ayudas autonómicas y estatales para el mantenimiento del empleo que devengaron en que sucesivamente se evitaran los expedientes de regulación de empleo en la factoria de Vigo.

En noviembre de 2008 la Xunta de Galicia aprobó un plan de ayuda de 10 millones de euros, dinero que fue destinado a pagar cursos de formación para trabajadores en activo durante el mes de diciembre de ese año. Esto supuso que en lugar de que los trabajadores ingresasen temporalmente en las listas del paro, los días no productivos siguiesen en activo asistiendo a programas formativos.
En marzo de 2009 el Ministerio de Industria solicitó a la dirección de PSA Peugeot Citroën de Vigo un plan de empresa, con las inversiones necesarias en la planta, con el compromiso de financiar hasta un máximo del 70% de la cantidad presupuestada. Dicho plan orientaba las ayudas a la empresa en base a proyectos de I+D+i, y se incluían partidas económicas para evitar que se destruyera empleo en el sector.
El propio gobierno alertó a Philippe Varin, presidente del grupo galo, que de retirarse los planes en la factoría viguesa se quedarían sin los 72 millones adjudicados. Estos proyectos, por los que obtendría 72 de los 800 millones totales, eran la construcción de un centro de pruebas para los chasis de los nuevos modelos que desarrollen las marcas Peugeot y Citroën, y el segundo, la fabricación de vehículos híbridos en las instalaciones de Balaídos.



Ante la existencia de estos hechos formulamos la siguiente pregunta:


- ¿Qué ayudas ha recibido la factoría Viguesa durante los años 2008, 2009 y 2010 por parte del gobierno de España?


- ¿Cuales de ellas estaban condicionadas al mantenimiento del empleo en la planta de Vigo?


- ¿Se establecieron en algunas de ellas condicionantes de evitar la flexibilidad laboral y los expedientes de regulación de empleo?

Palacio del Congreso de los Diputados
Fdo: Gaspar Llamazares Trigo.

miércoles, 5 de enero de 2011

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PROPÓN REDUCIR CONCELLALIAS EN VIGO


ESQUERDA UNIDA DE VIGO PROPÓN REDUCIR CONCELLALIAS EN VIGO E AFORRAR DE VERDADE FRONTE Á CRISE

EU PROPÓN REDUCIR O NUMERO DE CONCEJALIAS DO CONCELLO DE VIGO A 6, SEN CONTAR A ALCALDÍA. REDESEÑALAS E CON ELAS O NUMERO DE CARGOS DE LIBRE DESIGNACION, ASESORES E LIBERACIÓNS DE CONCELLEIROS.

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez considera que os orzamentos aprobados polo concello de Vigo non teñen en conta o desproporcionado entramado institucional do Concello de Vigo polo que esta forza defenderá a optimización de gastos reducindo concellarías, feito que significa menos gasto en persoal de libre designación e liberacións a cambio de aproveitar mellor aos traballadores municipais, dentro da reorganización interna necesaria para adaptar o persoal ás novas necesidades.

ESQUERDA UNIDA propón medidas de aforro en materia de ingresos dos concelleiros, redución de cargos de libre designación, gastos correntes, vivenda, emprego, xestión de servizos e aprobación de ferramentas e comisións para responder as consecuencias da crise. Por iso dende EU se deseña esta proposta para reducir a 6 as concellarías. Os concelleiros sen delegación poderían adscribirse ás novas concellarías e traballar nelas xunto aos novos e novas responsables.

Deste xeito propomos, se de verdade a submisión do Alcalde obrígalle a cumprir os recortes impostos polo goberno:

1.Manter a Alcaldía e suprimir a vicealcaldía.


2.Crear unha Concellaría de Desenvolvemento Sustentable, mobilidade e barreiras arquitectónicas que recolla as competencias en materia ecolóxica, urbanismo e mobilidade. Asumiría tamén parte das delegacións agora repartidas entre Urbanismo, Mobilidade, Tráfico, Maiores, Obras e Vicealcaldía.


3.Constituír unha Concellaría de Facenda, emprego e polígonos industriais.


4.Deseñar unha Concellaría Delegada de Réxime Interior, Organización municipal e servizos públicos (inclúe empresas e consorcios onde participa o Concello).


5.Unha Concellaría de Asuntos Sociais, muller, infancia, maiores, mocidade, festas e Cooperación para o Desenvolvemento


6.Unha Concellaría de Educación, Cultura e Patrimonio.


7.Unha Concellaría de Participación Social, Consumo, Deportes, Seguridade Cidadá e Protección Civil e Bombeiros.


SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO
eu-vigo@esquerdaunida.org
tlf coordenador local: 658639433

jueves, 23 de diciembre de 2010

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A MAIOR PARTE DOS VIGUESES DESCOÑECE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS APROBADAS

EU cree que os 20.000 euros tirados en cartelería panfletaria de "ALCALDÍA" poderían ter sido investidos en divulgalas.
O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez suliña que nas parroquias case todos os vecinos consultados por ESQUERDA UNIDA descoñecen que existen axudas para sufragar o custe da ITE (Inspección Técnica de Edificios), inspección obrigatoria que está xenerando un malestar importante aos vecinos con ingresos por debaixo do SMI.

Igualmente Rubén Pérez suliña que as ordenanzas aprobadas polo Concello de Vigo para 2011 non contemplan o escenario de 28.916 parados en novembro e de problemas importantes de exclusión social xa que moitas delas somentes bonifican por exemplo á familias numerosas independentemente da renda, polo que EU proporá que sexan de acordo á renda, proponiendo que o custe, por exemplo da ITE, sexa asumida polo propio concello para aquelas pensións non contributivas, ou donde todos os membros se atopen en situación de desemprego ou con ingresos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

A importancia da publicación e promoción das ordenanzas municipais é importante especialmente en tempos nos que os orzamentos municipais decrecen pola baixada de impostos indirectos e directos e transferencias de outras administracións. Os máis de 20.000 euros despilfarrados polo Alcalde en crear unha administración paralela ó Concello chamada “alcaldía” poderían servir para que cada cidadán de esta cidade recibise unha carta informando dos dereitos e dos deberes contídos nas ordenanzas.


SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO
eu-vigo@esquerdaunida.org