viernes, 9 de agosto de 2013

DEBATE EN VIA V (8 DE AGOSTO)

jueves, 4 de julio de 2013

DEBATE EN VIA V (2ª PARTE)

DEBATE EN VIA V

lunes, 22 de abril de 2013

6 TESES SOBRE O SECTOR NAVAL, O PRESIDENTE MADURO E O GOBERNO SUICIDA DO PP

1. Esta semán o goberno portugués ven de paralizar a privatización dos asteleiros públicos de Viana do Castelo (aquí ao lado da nosa cidade) co fin de establecer unha línea de crédito público para a realización de dous buques asfalteiros para a petroleira PVDSA, amosando unha altura de miras diplomática fronte ao esperpento do PP.

2. Fronte ao que o PP pretende amosar sobre PEMEX a petroleira que de verdade está construíndo barcos no mundo e a venezolana PDVSA dentro da súa política de ser autosuficiente tamén no transporte de crudo, polo que pedir un cambio de política exterior contra o lexítimo goberno de Venezuela a fin de non perxudicar ao noso xa maltreito sector naval non é desorbitado
 
3.  Os máis de 48 meses de traballo asegurado en Viana do Castelo para máis de 600 empregados directos do asteleiro poñen en evidencia de que o PP coarta e evita que a petroleira venezolana contrate en España e pide que o PP galego presione ao goberno central para evitar “a dinamitación de posibles saídas para o sector naval galego”
 
4. As previsións de PVDSA son contar con máis de 40 buques propios e moitos deles están xa sendo construídos en Rusia e Asia. O propio presidente de PDVSA Rafael Ramírez lembraba na entrega ao país latinoamericano de 4 petroleiros construídos en Xapón que “que actualmente la industria petrolera cuenta con 20 buques activos, a los que se suman las cuatro nuevas embarcaciones. Están en construcción 22 naves más, con lo que llegarán a 46 el total de embarcaciones adquiridas por Pdvsa”
 
5. A actitude do goberno da xunta e de Madrid están impedindo que algún destes barcos poda chegar a ser construído na nosa ría. É o que se chama un goberno suicida
 
6. Coherentemente con todo esto o pasado venres 19 de abril, entre os que celebrabamos con normalidade a toma de investidura de Maduro xunto co personal do Consulado de Venezuela en Vigo estaba o cónsul de Portugal en Vigo. Non por ideoloxía entendo, pero sí por sentido común.


Acto de sinatura dos contratos con PVSA en Viana do Castelo en 2010

miércoles, 10 de abril de 2013

PALABRAS PARA A PRESENTACIÓN DA XI ASEMBLEA DE EU AO MUNDO SINDICAL

Foi nas famosas charlas da prisión onde Marcelino Camacho, nos estertores da ditadura franquista, afirmou que a situación socio-política, xunto co desenvolvemento do capitalismo español dese momento, obrigaban ao movemento sindical a establecer novas pautas de actuación para unha realidade concreta. Dicía entón Marcelino que cumpría transformar a forza teórica en forza operativa, en forza práctica,... conscientes de que facía falla que a clase obreira tivera consciencia da súa misión histórica, que tivera consciencia de clase.

A transformación do sindicalismo de clase en instrumento socio-político da clase obreira para a transformación da sociedade foi o gran acerto de homes e mulleres que, como Marcelino, foron quen de artellar unha resposta dende os centros de traballo para o debilitamento do franquismo e para fraguar un instrumento esencial para a consolidación de dereitos como pobo como o foron a mobilización continuada e a negociación colectiva.

Estes máis de 30 anos de mal chamado “período democrático” amosaron o acerto da aposta sindical nesa altura, puxeron ao movemento sindical nun papel social esencial e nunha responsabilidade histórica na construción dun modelo de desenvolvemento social igualitario .

Pero analogamente, no sindicalismo maioritario foi xermolando a idea de que a acertada aposta da transición por un “sindicato socio-politico” con perfil ideolóxico xa non era necesario. Que o sindicato podía transitar sen problemas no capitalismo realmete existente coa soa forza dunha vela chamada concertación. Froito desta idea sublimábase o concepto de “independencia sindical” coa idea de “apoliticismo ideolóxico”. Confundíase interesadamente non ter partido de referencia coa “indiferenza ideolóxica”.

Este modelo serviu para unha singradura concreta, para o proceso de acumulación capitalista español de principios dos 90 e da década pasada, onde baixo a expansión do sector servizos e da construción (con emprego precario e desregulado) e a destrución orquestrada da industria, con grandes plantillas (e polo tanto seccións sindicais fortes) e emprego con máis dereitos.

Mesmo facíase forte a idea de que o esforzo na formación, por si soa, era un instrumento de futuro para a clase obreira e o seu progreso.

Pero caeu a torre de marfil, as graves contradicións do modelo económico do capitalismo español, foron espidas ante a poboación polas turbulencias do capitalismo financeiro internacional. Desapareceron miles de centros de traballo...... e con eles as seccións sindicais, os delegados, os créditos de formación. Tiñamos uns grandes instrumentistas chamados centrais sindicais pero, como a orquestra do Titanic, tocando nun barco que se afogaba.

Nesta tesitura os homes e mulleres de EU afrontamos esta XI Asemblea Nacional non como meros espectadores da realidade socio-política e sindical que estamos a vivir. Somos parte da clase obreira, somos fillos e fillas dun modelo de entender o mundo que nos rodea que naceu fai máis de 200 anos cando os obreiros e obreiras da nacente sociedade industrial decidiron afrontar xuntos, en pequenas mutuas, o contrato de miseria que ofrecía o capital.

Sabemos que non vai existir un partido, un solo modelo organizativo, ou mesmo proxecto de transformación social, que mude o mundo sen contar cun instrumento autónomo e plural como o sindicato.

E non vai existir un sindicato que mude o mundo sen ese proxecto. Da nosa historia aprendemos que efectivamente non hai correas de transmisión, pero da nosa historia recente tamén aprendemos que o motor sindical non vai funcionar sen un pequeno pistón, dos moitos pistóns necesarios, que se chame esquerda, que se chame construcción do socialismo. Porque hai que recuperar loitas máis ambiciosas máis aló dunha estrangulada negociación colectiva ou do marco cada vez máis endeble dos convenios sectoriais.

Os homes e mulleres de EU defendemos tamén o que xa é un clamor en todas as grandes centrais sindicais, estatais ou non, a necesidade de construír un novo modelo sindical para o capitalismo realmente existente. Para nós, e sabemos que para vós tamén, o novo modelo de sindicalismo que necesitamos non é novo, e vello, ten tantos anos como anos ten o lema de “proletarios do mundo. Unídevos”.

Estivo presente en centos de conflitos laborais, dende os mártires de Chigago ate o campamento de Sintel na Castellana, dende as insalubres fábricas do Manchester industrial ate as gradas de Bazán e Vulcano no 72.

Chámase sindicalista, chámase cadro sindical, chámase asemblea, chámase sección sindical. Vive, ou mellor sobrevive, no centro de traballo. Quere construír unha alternativa as condicións materiais da clase obreira, consciente do drama que viven os seus compañeiros e compañeiras e o mundo que lle rodea.

Agora que empezamos, pola vía da necesidade máis que do convencemento real das direccións sindicais; a falar de “sindicato de proximidade” de implicar ao conxunto da militancia nas tarefas sindicais, non podemos asumir unha postura de “gauche divine” sen implicación sindical. Sen vangardismos, sen tutela, con compromiso de ser unha nova vela que leve o barco a bo porto.

Nós, hoxe, voltamos a escoitar ao noso Marcelino dicindo: “Nosotros utilizamos la lucha reivindicativa, la mejora salarial y las condiciones de vida de cada día y cada hora para tirando de toda la clase hacia delante y darle la consciencia en primer lugar de que hay que mejorar desde ya las condiciones de vida, sin esperar a que venga el socialismo. En segundo lugar, haciéndole que vea por su propia experiencia de que mientras no acabemos con la explotación del hombre por el hombre sus males no tienen remedio."















miércoles, 27 de marzo de 2013

ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE O CONCELLO ACTÚE COMO ENTIDADE COLABORADORA DOS SERVICIOS PÚBLICOS DE EMPREGO A HORA DAS CONTRATACIÓNS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

EU considera necesario erradicar a fórmula da contratación mediante convenios e que os candidatos e candidatas saían directamente de listados das oficina de emprego da cidade e que o Concello simplemente bareme os criterios de situación familiar, risco de exclusión laboral, etc… a formación prepara unha proposta de BASES DE SELECCIÓN que toma como referencia o exitoso plan de emprego municipal de Xixón coparticipado na anterior lexislatura por IU da cidade.
 
Para EU a pesar das reiteradas denuncias de varios colectivos, entre os que se atopa ESQUERDA UNIDA, da arbitrariedade na contractación laboral subvencionada con recursos públicos asignados ao orzamento, o certo é que o PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL para o 2013 corre un serio risco de seguir incidindo nesta vía errónea de xestión administrativa pese ao anuncio do Alcalde de cambiar a concurso público o sistema de contratación.
 
Non é casual este cambio xa que era moi evidente que mediante a fórmula de CONVENIOS con asociacións (nos que non existe unha fórmula de proceso selectivo e simplemente se require dende o Concello o contrato asinado e os TC1 e TC2 dos traballadores empregados) estábase a xestionar unha cantidade importante de recursos públicos que, se ben en ocasións axudan a manter estructuras xa existentes en diversos colectivos e non existen novas contratacións, noutros casos, os máis, as subvencións directas devengan en novos contratos carentes de toda garantía de igualdade e publicidade no acceso ao devandito posto de traballo.
Por isto, EU propoñe ao Concello de Vigo a fórmula de proceso selectivo público que parta das oficinas de emprego da cidade e que unha comisión municipal integrada por: Un Presidente: Concelleiro de Promoción Económica,Emprego e Participación Cidadá; Uns Vogais: Un polo equipo de goberno, un por cada sindicato presente no comité do concello e dous técnicos Municipais (o responsable da oficina de promoción económica e o Coordinador Xeral de Servizos). E un Secretario.
O proceso de selección sería realizado por accións OPEA (polo tanto o Concello deberá convertirse en entidade colaboradora cos sevicios públicos de emprego) conforme ao proceso seguinte:
  • Convocatoria Xenérica a través do Servicio Galego de Colocación.
  • Sesión de Información para o Emprego na que se expón o obxecto da convocatoria, as características do Plan e os criterios básicos de selección. Na mesma sesión faise entrega da documentación que debe ser cumprimentada polo solicitante e entregada posteriormente por OPEA.
  • Recollida da documentación e baremación conforme aos criterios de selección estipulados.
  • Elección dos candidatos e comprobación da veracidade dos datos, previa á firma do contrato, polo Servizo de Relacións Laborais e OPEA.
  • Apertura dun prazo de 10 días naturais de presentación de alegacións.
  • Selección definitiva dos beneficiarios.
  • Prazo de 10 días para a presentación de reclamacións á Comisión de Selección e Control.
  • Os beneficiarios do Plan, terían que cumprir uns requisitos obrigatorios, dependendo da vía de acceso ao Plan. Existirían tres vías: para mozos en busca do primeiro emprego, para desempregados en xeral e para persoas en situación de urxencia social; excepto neste último caso, aplicaranse uns criterios de prioridade para establecer unha orde de acceso dentro das persoas que cumpran os requisitos.

ACTO HOMENAXE AO PRESIDENTE HUGO CHAVEZ EN MADRID

O vindeiro sábado día 6 de abril en Madrid organízase un gran acto estatal en homenaxe ao presidente Hugo Chávez. Dende Vigo o consulado de Venezuela pon a disposición dos asistentes autobuses cun precio de colaboración de 10 euros que sairían na mañá do propio sábado e retornarían a Vigo ao rematar o acto. Podedes contactar co Consulado para apuntarse ou ter máis información: 670512338 (Coral)

miércoles, 13 de marzo de 2013

O novo papa Jorge Mario Bergoglio dando a comunión ao xenocida Videla
Eu son máis de Xesuíta con AK-47 entrando en Managua coas columnas do FSLN,

son de xesuíta loitando de xeito conxunto co FMLN no Salvador nos 80,

son de Ellacuría, asasinado ante o indecente silencio da curia de Roma,

son de Jon Sobrino, exemplar cerebro que o ultra de Ratzinguer mandou calar,

son dos curas de Vulcano de Teis,

dos do Cristo da Vitoria de Coia,

desa igrexa que sabe o que pasa neste mundo.

O resto..............como o reino de Deus, non é deste mundo

martes, 22 de enero de 2013


TEXTO PARA O ENCONTRO DE MOVEMENTOS SOCIAIS que promove Alternativa Galega de Esquerda o vindeiro sábado 26 en Vigo (17:00 horas no centro parroquial Cristo da Victoria en Coia)
 
 
Amigos e amigas:

Hai hoxe exactamente 5 anos, un anaco importante das organizacións e redes que na Galiza formaban –e aínda forman– os movementos de oposición ao capitalismo reuníamonos na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Tratábase do primeiro gran encontro de movementos galegos en resposta a un chamamento do Consello Internacional do Foro Social Mundial.

Dese exitoso Día de Mobilización e Acción Global xurdiría, no decembro seguinte, o primeiro Foro Social Galego (FSGal), como unha das múltiples expresións dos procesos de confluencia, entendemento e construcióncolectiva que entre os movementos galegos foran imaxinando resistencias e alternativas para resposta á instauración dun mundo apodrecido e desigual, dunha inxustiza global que, con especial virulencia nos pobos do Sur, ameazaba con esnaquizar a vida xa non só da humanidade, senón tamén do planeta.

O dito andazo neoliberal, tendente a impoñer unha nova orde mundial con absoluta hexemonía dunha oligarquía planetaria dos menos e un escravismo social dos máis, seguiu, no entanto, a súa ofensiva total até contaxiar o Norte xeopolítico do orbe. Así chegamos á insustentábel situación que hogano atravesamos como maioría social agredida tamén nesta parte do planeta. Enfrontámonos a unha campaña ampla de conquista xa non só da capacidade de decisión dos Estados, que mudaron en inútiles aparellos administrativos e eficaces instrumentos represivos, senón do propio espírito da democracia, da dignidade das persoas e, ao cabo, de todo o que nos fai seres humanos e unha parte desta agonizante biosfera.

Os procesos de confluencia entre movementos, a organización de redes e a construción colectiva de alternativas mantivéronse antes e despois daquel 26 de xaneiro de 2008 e daquel FSGal. De feito proseguen en mil e un lugares, en mil e unha formas e en mil e unha dimensións dentro dos nosos tecidos sociais. Hai esperanza. Porén, parece evidente que non fomos nin somos quen de construír unha grande e necesaria alianza que, por unha banda axude a visibilizar eses milleiros de alternativas e as poña a disposición da maioría social e, pola outra se constitúa nunha verdadeira ameaza para a fronte dos poderosos, nun actor con potencial suficiente para disputar a súa destrutora hexemonía.
 
Dende a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en Vigo queremos axudar a emprendermos o vieiro necesario do encontro e do reencontro, á ineludíbel construción colectiva dunha grande alianza de movementos e organizacións sociais que sexa quen de impoñer, con todo dereito, a axenda da maioría social agredida.
 
A AGE constituíuse hai catro meses como unha alianza táctica dunhas poucas organizacións da esquerda para a acción política. Porén, a maioría dos seus membros proceden tamén da esquerda social e adquiriron o compromiso de utilizar a vía política institucional só como expresión da axenda da esquerda social. A primeira sen a segunda sería un exercicio estéril e, asemade, ilexítimo.
 
Non renunciamos a ningún espazo de loita, mais somos conscientes de que só unha gran fronte social pode xestionar con éxito o que cremos que é un duro período de transición cara un novo modelo de sociedade. En todas e todos nós está a responsabilidade de facermos que esa nova organización da sociedade resposte aos desexos dos menos ou aos anhelos e dereitos dos mais.
 
É por isto que, cun espírito de irmandade social e renunciando a toda intención partidaria mantemos o noso compromiso coa maioría social e convocámosvos a nos encontrar o vindeiro 26 de xaneiro de 2013, ás 17:00 horas, na parroquia do Cristo da Vitoria de Vigo, para entre todas e todos falarmos sobre necesidades e proxectos, sobre loitas imperiosas e alternativas comúns, sobre mandatos populares e espazos de autoorganización, sobre a axenda da xente e a axenda dos poderosos.