miércoles, 27 de marzo de 2013

ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE O CONCELLO ACTÚE COMO ENTIDADE COLABORADORA DOS SERVICIOS PÚBLICOS DE EMPREGO A HORA DAS CONTRATACIÓNS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

EU considera necesario erradicar a fórmula da contratación mediante convenios e que os candidatos e candidatas saían directamente de listados das oficina de emprego da cidade e que o Concello simplemente bareme os criterios de situación familiar, risco de exclusión laboral, etc… a formación prepara unha proposta de BASES DE SELECCIÓN que toma como referencia o exitoso plan de emprego municipal de Xixón coparticipado na anterior lexislatura por IU da cidade.
 
Para EU a pesar das reiteradas denuncias de varios colectivos, entre os que se atopa ESQUERDA UNIDA, da arbitrariedade na contractación laboral subvencionada con recursos públicos asignados ao orzamento, o certo é que o PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL para o 2013 corre un serio risco de seguir incidindo nesta vía errónea de xestión administrativa pese ao anuncio do Alcalde de cambiar a concurso público o sistema de contratación.
 
Non é casual este cambio xa que era moi evidente que mediante a fórmula de CONVENIOS con asociacións (nos que non existe unha fórmula de proceso selectivo e simplemente se require dende o Concello o contrato asinado e os TC1 e TC2 dos traballadores empregados) estábase a xestionar unha cantidade importante de recursos públicos que, se ben en ocasións axudan a manter estructuras xa existentes en diversos colectivos e non existen novas contratacións, noutros casos, os máis, as subvencións directas devengan en novos contratos carentes de toda garantía de igualdade e publicidade no acceso ao devandito posto de traballo.
Por isto, EU propoñe ao Concello de Vigo a fórmula de proceso selectivo público que parta das oficinas de emprego da cidade e que unha comisión municipal integrada por: Un Presidente: Concelleiro de Promoción Económica,Emprego e Participación Cidadá; Uns Vogais: Un polo equipo de goberno, un por cada sindicato presente no comité do concello e dous técnicos Municipais (o responsable da oficina de promoción económica e o Coordinador Xeral de Servizos). E un Secretario.
O proceso de selección sería realizado por accións OPEA (polo tanto o Concello deberá convertirse en entidade colaboradora cos sevicios públicos de emprego) conforme ao proceso seguinte:
  • Convocatoria Xenérica a través do Servicio Galego de Colocación.
  • Sesión de Información para o Emprego na que se expón o obxecto da convocatoria, as características do Plan e os criterios básicos de selección. Na mesma sesión faise entrega da documentación que debe ser cumprimentada polo solicitante e entregada posteriormente por OPEA.
  • Recollida da documentación e baremación conforme aos criterios de selección estipulados.
  • Elección dos candidatos e comprobación da veracidade dos datos, previa á firma do contrato, polo Servizo de Relacións Laborais e OPEA.
  • Apertura dun prazo de 10 días naturais de presentación de alegacións.
  • Selección definitiva dos beneficiarios.
  • Prazo de 10 días para a presentación de reclamacións á Comisión de Selección e Control.
  • Os beneficiarios do Plan, terían que cumprir uns requisitos obrigatorios, dependendo da vía de acceso ao Plan. Existirían tres vías: para mozos en busca do primeiro emprego, para desempregados en xeral e para persoas en situación de urxencia social; excepto neste último caso, aplicaranse uns criterios de prioridade para establecer unha orde de acceso dentro das persoas que cumpran os requisitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario