lunes, 21 de noviembre de 2011

"A LOS REVOLUCIONARIOS MÁS JÓVENES"

Fai uns meses durante unha visita que o secretario xeral do PCG Carlos Portomeñe e eu fixemos a Cuba invitados polo Consello de Estado, en Villa Clara, o mesmo lugar que tomou a columna rebelde liderada polo Ché, unha camarada dirixente do PCC na localidade regalounos un pequeno caderno donde figura un texto de Fidel.

Non lera antes desa visita este texto de Fidel nin coñecía o ano en que foi redactado, pero esa noite, despois dun día cheo de encontros e solidariedade con veciños e veciñas de Villa Clara, da visita ao memorial do Ché, da xuntanza cun CDR local, lendo o pequeno caderno pensei que esas verbas terían que acompañarme ó resto da miña vida. Dende entón ese caderno vai sempre na miña carteira.... e reconforta en tempos duros pero tamén faime ter os pés en terra nos tempos propicios.....

Quero compartilo cos homes e mulleres de esquerdas que deron este domingo as á nosa forza que tamén é a vosa:

" A los revolucionarios más jóvenes, especialmente, recomiendo exigencia máxima y disciplina férrea, sin ambición de poder, autosuficiencia, ni vanaglorias. Cuidarse de métodos y mecanismos burocráticos. No caer en simples consignas. Ver en los procedimientos burocráticos el peor obstáculo. Usar la ciencia y la computación sin caer en lenguaje tecnicista e ininteligible de élites especializadas. Sed de saber, constancia, ejercicios físicos y también mentales.

En la nueva era que vivimos, el capitalismo no sirve ni como instrumento. Es como un árbol con raíces podridas del que sólo brotan las peores formas de individualismo, corrupción y desigualdad. Tampoco debe regalarse nada a los que pueden producir y no producen o producen poco. Prémiese el mérito de los que trabajan con sus manos o su inteligencia.

Si hemos universalizado los estudios superiores, debemos universalizar el trabajo físico simple, que ayuda por lo menos a realizar parte de las infinitas inversiones que todos demandan, cual si existiera una enorme reserva de divisas y de fuerza de trabajo. Cuídense en especial de los que inventan empresas del Estado con cualquier pretexto y administran después las fáciles ganancias cual si hubiesen sido capitalistas toda la vida, sembrando egoísmo y privilegios.

Mientras no se tome conciencia de esas realidades, ningún esfuerzo puede realizarse para \"impedir a tiempo\", como diría Martí, que el imperio al que vio surgir por haber vivido en sus entrañas, destroce los destinos de la humanidad.

Ser dialécticos y creadores. No hay otra alternativa posible.

Fidel

sábado, 19 de noviembre de 2011

FOTOS DO ACTO DE PECHE DE CAMPAÑA DE EU EN TEIS (VIGO)

    Foto de familia de asinantes do manifesto NÓS, CON ESQUERDA UNIDA e membros da candidatura de EU-OV

     Rubén Pérez, cabeza de lista de EU-OV ao Congreso por Pontevedra

viernes, 18 de noviembre de 2011

NÓS, CON ESQUERDA UNIDA

Manifesto en apoio á candidatura de ESQUERDA UNIDA-OS VERDES-A ESQUERDA PLURAL en Pontevedra

A crise global do capitalismo, manifestada principalmente como unha crise financeira e de emprego, viuse agravada por unha crise enerxética e ambiental producida por un sistema que premia o afán de lucro en lugar do ben común. Hoxe as cifras de desemprego e precaridade laboral na provincia de Pontevedra son alarmantes, especialmente na comarca de Vigo que con máis de 60.000 desempregados supón un duro golpe a zona que aportaba ate fai ben pouco o 33% do PIB galego.

No mesmo sentido, a construción neoliberal europea entrou en crise e sofre dos males que lle diagnosticamos no seu momento fundacional, os gobernos actúan ao ditado dos especuladores, a soberanía popular está en dúbida e a democracia en cuestión. A economía ponse ao servizo de cada vez menos xente e de intereses cada vez máis inconfesables, as medidas que toman os Gobernos diríxense contra os traballadores e traballadoras, contra os pobos e contra as nacións.

Ao mesmo tempo, a guerra e a súa maquinaria de morte desprégase para pór os recursos naturais do planeta ao servizo dos intereses do capital e de manter o propio negocio da guerra.

Neste momento de fonda preocupación social, a indignación debe converterse en rebeldía organizada e nunha Alternativa que abra espazo á esperanza, trátase de buscar unha saída de esquerda á crise, trátase de politizar a crise, en definitiva de recuperar o nexo que nunca debeu romper entre economía, sociedade e política.

Desde esta realidade, estamos convencidos da necesidade de plantar cara ao neoliberalismo en todas as frontes, e de ampliar e fortalecer a alternativa programática e social que supón ESQUERDA UNIDA.

Poque é dende o encontro da esquerda plural que quere representar ESQUERDA UNIDA dende donde queremos construír con outros e outras, unha nova axenda para o cambio social, conectando co antigo soño dun mundo en liberdade e xustiza, sen represión, explotación, fame ou necesidade. O vello soño dos dereitos humáns de todos os dereitos humanos para todos.

Por iso é imprescindible una ESQUERDA UNIDA forte no Congreso dos Deputados, para fortalecer á esquerda en Galicia e no Estado español, porque é ESQUERDA UNIDA a que ten un programa que avanza decididamente, tamén, na defensa dun novo modelo de democracia económica e social, na reforma do poder xudicial, nun novo sistema electoral xusto, na laicidade do Estado, cunha plena separación deste das Igrexas, da Católica en particular, e nunha superación das inxustizas de xénero.

Por iso apoiamos a ESQUERDA UNIDA, porque entre a dicotomía DEMOCRACIA ou MERCADOS eleximos como homes e mulleres de esquerda.

É o momento da esquerda alternativa, por nós e polo futuro dos que virán. Seguir ese camino tal e como dixo o noso querido Marcelino Camacho: Sempre adiante, sempre a esquerda.

Marta Albadalejo Iglesias (Avogada); Luis Alonso Bacigalupe (Profesor universitario) Xesús Alonso Montero (Catedrático de Universidade) José Manuel Alves Piñeiro (Sindicalista) Socorro Aramburu Núñez (Enfermeira) Jesús Araújo Nores (Médico ORL) Carmen Becerra Suárez (Profesora de Universidade) Carmen Bellas Becerra (Directora de Cine) Emilio Bellas Jiménez (Catedrático de Instituto) Gustavo Bodelón Velasco (Profesor de Instituto) Mohamed Boutinguiza Larosi (Profesor universitario) Blanca Camaño González (Catedrática de Instituto) Pedro Carrasco Solla (Xornalista) José Carlos Cermeño Iglesias (Economista) Manuel Angel Candelas Colodrón (Profesor de Universidade) Soledad Cuba López (Investigadora) Anxel Culebras Pérez (Profesor de Instituto) Manuel Dacosta Pardo (Inx. Técnico) Marcos Estévez Orge (Sindicalista) Roi Feijoo Rey (Arquitecto) Jesús G. Maestro (Profesor de Instituto) Mar García Feijoo (Profesora de Instituto) Jose Luis García Pedrosa (Sec Union Comarcal CCOO Pontevedra) José Gómez Alén (Catedrático de Instituto) Avelino González (Actor) Marina González Fernández (Profesora de educación especial) Luis González "Ferreiro" (Militante comunista da clandestinidade) Juan Jose Guirado Fernández (Arquitecto) Modesto Hermida (Catedrático de Instituto) Betty León Fong (Catedrática de Universidade) Belén López Rodríguez (Xornalista Primitivo) López Valcárcel (Avogado) Dolores López Altamirano Negro (Ama de casa) Carmen Luna Sellés (Profesora de Universidade) Nacha Maceda Corujo (Profesora de instituto) Javier Mariño Sieiro (Profesor de Instituto) Miguel Mariño Sieiro (Catedrático de Instituto) Marcos Martínez Domínguez Filólogo Rosa Martínez Guerrero (Catedrática de Instituto) A. Fernando Martínez Randulfe (Avogado) Silvie Mascuñán Tolón (Profesora de Universidade) Jacinto Mosquera Nogueira (Médico de familia) Carlos Núñez Rodriguez (Publicista) José Luis Outes Ruso (Catedrático de Universidade) Cándido Pazó (Autor teatral e contacontos) Alberto Pazó González (Enxeneiro Tecnico) David Pérez Álvarez (Investigador) María de los Angeles Portela Iglesias (Bibliotecaria) Mercedes Quiroga Barro (Profesor de Instituto) Manuel Ramos Cabrer (Profesor universitario) María Luisa Rodriguez Fernández (mestra e militante feminista) Juan Rodríguez Pinal (Enxeñeiro Profesor de instituto) Ramón Rozas (Xornalista) Eduardo Segura Domínguez (Licenciado) Rosa Segura (Catedrática de Instituto) Pilar Seoane Vázquez (Sindicalista) Julia Serra Rodríguez (Profesor universitario) Antonia Tato Fontaina Catedrático de Instituto Waldino Varela Dominguez Sindicalista xubilado Manuel Vázquez de la Cruz (Inxeñeiro Agrónomo) Rosa Vidal Vázquez (Escritora) Raimundo Vidal Moreira (Perito Industrial) Olga Zurrón Ocio (Mestra) Fernado Ramos Armesto (Sec. Union Comarcal CCOO Arousa) Jesus López Rodriguez (Sec. Federación Servicios a cidadanía de CCOO de Arousa)

lunes, 14 de noviembre de 2011

O PARTIDO COMUNISTA CELEBRA OS SEUS “90 ANOS DE COMUNISMO EN VIGO”


Tal día como hoxe luns 14 de novembro fundábase o PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA, xurdido da fusión dos dous partidos comunistas existentes en novembro de 1921 no estado Español.
O PCE, forza integrada actualmente en ESQUERDA UNIDA, quiso celebrar estes 90 anos de loita xuntando na entrada do MARCO, antiga cárcere de Vigo a significados referentes do comunismo vigués. Un representante do mundo da cultura como o catedrático Xesús Alonso Montero, do sindicalismo clandestino e da transición como o fundador de CCOO Waldino Varela, un representante da loita militante clandestina como Luis González “Ferreiro” e un representane da loita institucional na transición como o ex-concelleiro Cárlos Núñez.
Con eles estiveron Carlos Álvarez o actual secretario xeral da Xuventude Comunista E Rubén Pérez, membro do comité federal do PCE e cabeza de lista de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra.
A federación galega do PCE, o Partido Comunista de Galicia quiso facer este acto no M.A.R.C.O. que foi durante decenas de anos cárcere de tortura e represión por onde pasaron antes e despois da guerra centos de militantes comunistas: José Gomez Gayoso, sindicalistas comunistas da conserva, de tranvías, a militante comunista María Araújo, e durante a dictadura Carlos Núñez, Luis González, Waldino Varela, etc…
na foto, de esquerda á dereita:
  • CARLOS ÁLVAREZ: Actual secretario xeral da Xuventude Comunista de Galicia 
  • WALDINO VARELA: Sindicalista histórico de Vulcano, fundador de CCOO en Vigo e exconcelleiro do PCG na primeira lexislatura democrática 
  • LUIS GONZÁLEZ “FERREIRO”: Responsable do aparato de propaganda do PCG durante a dictadura. Foi torturado e foi preso político do franquismo. Membro do primeiro comité central do PCG elexido en París en 1968 
  • (NO CENTRO) XESÚS ALONSO MONTERO: Catedrático da Real Academía da Língua Galega e militante do PCE dende 1962. Escritor e autor de ensaios sobre o comunismo en Galicia 
  • RUBÉN PÉREZ: Membro do Comité Federal do PCE e actual cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA ao Congreso por Pontevedra 
  • CARLOS NÚÑEZ: Exconcelleiro do PCG en Vigo, reorganizador das estructuras clandestinas do PCG durante a dictadura e preso e torturado no mesmo edificio. Membro do primeiro comité central do PCG no exilio.

sábado, 12 de noviembre de 2011

EU-OV DEFENDE A EDUCACIÓN PÚBLICA, LAICA E DE CALIDADE

FONTE: www.vigoalminuto.com

Rubén Pérez, cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, lembrou este martes que ten que haber un “plan de inversión real en Educación con desenvolvemento nos orzamentos do Estado”, evitando os “desastrosos recurtes” que actualmente minan o sistema educativo público.

O candidato lembrou que Esquerda Unida “aposta por unha escola pública, laica e democrática como garante do dereito á educación de todos e todas en condicións de igualdade” e como requisito imprescindibel para un novo modelo produtivo, basado nun desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible. Asimismo, asegurou, “defendemos unha Universidade entendida como servizo público que non busque a competitividade e a excelencia, senón a calidade e a cooperación, e que se oriente á formación de persoas creativas e críticas cunha elevada formación cultural e profesional; “non unha universidade ao servizo do mercado e das demandas empresariais”.
 
Pérez, enumerou as propostas básicas de EU nesta materia que se basan nnha educación pública” como eixo fundamental do sistema educativo; unha rede única de centros de titularidade e xestión pública; a educación nas escolas, a relixión nas igrexas; mellorar, dignificar e recoñecer a labor dos profesionais da educación; aumento da autonomía con “máis participación democrática” en centros e distritos escolares; paralización da “Estratexia Universidade 2015”,”revisión do sistema de titulacións do plan Bolonia” e abrir un debate social con toda a comunidade universitaria. 

A eles uniu un sistema de bolsas e axudas que permita completar os estudos sen obstáculos derivados da orixe social e económico; fixar como obxectivo a “gratuidade dos estudos universitarios”; elaborar un estatuto do Persoal Docente e Investigador negociado cós sindicatos;planificación das prazas universitarias públicas dacordo coas necesidades sociais; establecemento de Campus Interuniversitarios sustituíndo o carácter competitivo dos chamados “Campus de Excelencia” por un modelo cooperativo e incrementar a financiación pública ata alcanzar o 2% do PIB, cun gasto anual por alumno/a equivalente á media universitaria europea.

martes, 8 de noviembre de 2011

HOXE PRESENTAMOS A CAMPAÑA "VOTA PPSOE" COA XUVENTUDE COMUNISTA...E, POR QUÉ?

Porque como ben di a Xuventude Comunista, promotora desta campaña de loita contra o bipartidismo xa sexa con tinta vermella ou azul, o PPSOE ofréceche o mesmo para saír da crise: acatar as reformas que "os mercados" decidan. Para iso non dubidarán en privatizar ou mercantilizar servizos públicos, en seguir aprobando reformas laborais coas que perden dereitos os traballadores e mesmo modificar a ata o de agora intocable Constitución Española con tal de acougar a tan insaciables entes

PORQUE BAIXO GOBERNOS DO PP E DO PSOE TEMOS ESTA SITUACION DRAMÁTICA DA MOCIDADE:

Baixo gobernos do PPSOE os mozos e mozas que teñen máis dificultade para atopar un emprego son os que non acabaron a ESO, cun alarmante 62% de paro entre os menores de 25 anos. Os que estudaron até Bacharelato ou cursaron FP teñen un desemprego do 40,6%. Os universitarios, a pesar dos anos de estudo, afrontan agora máis dificultades que nunca para atopar traballo: un 28,3% segue buscando un traballo.

Baixo gobernos do PPSOE o 42% dos 3.201.200 mozos entre 20 e 30 anos que traballan ten un contrato temporal, segundo o Instituto Nacional de Estatística. A menos idade, máis temporalidade.

Baixo gobernos do PPSOE nesa franxa de idade, o salario medio é de 15.370 euros ao ano. Homes e mulleres traballan en igual proporción.

Baixo gobernos do PPSOE a taxa de paro dos universitarios de entre 25 e 29 anos é o 16,4%, o dobre que en 2008.

Baixo gobernos do PPSOE a metade dos mozos de entre 16 e 35 anos tarda polo menos un ano en atopar traballo tras os seus estudos, segundo unha radiografía do INE (2010) sobre a incorporación dos mozos ao mercado laboral.

Baixo gobernos do PPSOE un de cada cinco novos mantivo o seu primeiro traballo entre un e dous anos. Ao 14,7% duroulle menos de cinco meses (INE).

Baixo gobernos do PPSOE seis de cada dez novos sinalan o paro como o seu principal problema, segundo unha sondaxe da Fundación Bertelsmann. Só a un 4% preocúpanlle os salarios baixos e a un 7%, a precariedade.

Baixo gobernos do PPSOE o 44% dos mozos de 25 a 29 anos ten un emprego por baixo do seu nivel de estudos (segundo datos da OCDE).

Baixo gobernos do PPSOE dos 3.085.600 asalariados públicos de España, o 10,6% ten entre 20 e 30 anos.

Baixo gobernos do PPSOE dous de cada 10 mozos entre 20 e 30 anos declarou na última Enquisa de Poboación Activa que o seu contrato duraría entre catro e seis meses. O 15%, entre un e tres. O 28% non o sabía.

Baixo gobernos do PPSOE 356.200 mozos que teñen traballo buscan outro emprego.

Baixo gobernos do PPSOE o 31,9% dos mozos de entre 18 e 24 anos deixou os estudos sen completar a segunda etapa de ESO, segundo cifras de CC OO a partir dos datos do Eurostat. A media da Unión Europea de mozas sen estudos nesa franxa de idade é do 14,9%.

Baixo gobernos do PPSOE o 62% dos menores de 25 anos que non acabaron a ESO está en paro. Entre os que terminaron Bacharelato ou FP, o paro é do 40,6%.

Baixo gobernos do PPSOE os menores de 29 anos acaparan o 76% dos empregos perdidos entre a poboación que deixou os estudos en ESO.

Baixo gobernos do PPSOE os datos son abafadores: a maior nivel de formación, menos paro: a taxa de desemprego é o 38% entre os 24 e 29 anos para aqueles con formación primaria e vaise reducindo até o 16,6% para aqueles con formación superior (9,4% no caso dos Doutoramentos).

Baixo gobernos do PPSOE aínda así, case tres de cada 10 licenciados ocupa postos de traballo para os que sente máis cualificado do necesario e o incentivo económico por ter unha carreira -é dicir, a mellora salarial fronte a carecer desa formación- é inferior á media da OCDE, segundo o organismo. O problema, segundo os expertos, é a falta de adaptación entre os estudos que se cursan e a necesidade dun mercado de traballo.

Baixo gobernos do PPSOE a principios de 2008, o sector da construción daba emprego a 644.800 mozos de entre 20 e 29 anos. Hoxe son 294.500. En dous anos, os mozos perderon 350.300 postos de traballo na construción.

Baixo gobernos do PPSOE o 53,6% dos mozos entre 18 e 34 anos non está emancipado (5.863.763), segundo cifras do Consello da Mocidade de España (CJE).

Baixo gobernos do PPSOE os mozos terían que apartar máis da metade do seu salario (56%) para pagar unha hipoteca. A porcentaxe cae ao 42,3% no caso do aluguer, segundo o Ministerio de Vivenda.

E para erradicar esta situación ESQUERDA UNIDA si temos programa, programa e programa:


domingo, 6 de noviembre de 2011

SOMOS MÁIS

sábado, 5 de noviembre de 2011

¿Por qué ESQUERDA UNIDA-OS VERDES- A ESQUERDA PLURAL?

Moitos me preguntades directamente pero outros, interesados políticamente, preguntan que tipo de coalición é ESQUERDA UNIDA-OS VERDES- A ESQUERDA PLURAL? Vou tentar ser telegráfico

Como saberedes (e senón podedes consultado no rexistro de partidos do Ministerio de Interior" no estado español existen 30 partidos rexistrados coa denominación OS VERDES, nas pasadas municipais na nosa cidade presentouse unha candidatura que viña avalada polo partido estatal OS VERDES-GRUPO VERDE (un de eses múltiples partidos coa denominación verdes), frente ao que din algúns este partido se ten presentado xa en Vigo nas autonómicas, nas xerais e en procesos municipais anteriores (podedes consultalo sen problemas na rede). Agora ben, esta lista estaba composta por INDEPENDENTES (como así figura na propia candidatura presentada á xunta electoral en todos os nomes dos candidatos e candidatas). Os que si eran militantes e non independentes e que históricamente se presentaban polos verdes en Vigo estaban en proceso de decisión (como todos ou case todos os partidos verdes do estado español) de coaligarse con IZQUIERDA UNIDA ou disolverse no proxecto chamado EQUO.

Para ir rematando

O 7 de outubro representantes de ESQUERDA UNIDA e de outros 19 partidos asinaron un acordo de coalición que se presentou ante Xunta electoral contendo cos seguintes partidos verdes:

- LOS VERDES (OS VERDES como a súa denominación GALICIA tal e como aparece no rexistro de Partidos políticos do MIR)
- GIRA MADRID LOS VERDES
- ELS VERDS DEL PAIS VALENCIÁ
- OPCIÓ VERDA-EL VERDS

E outros 16 partidos entre os que destacan CHUNTA ARAGONESISTA, BATZARRE, INICIATIVA PER CATALUÑA-EL VERDS, etc…

En Galicia hai militantes (militantes que non é o mesmo que ir nunha candidatura electoral) de OS VERDES nas candidaturas por exemplo el Lugo onde figura Jose Luis Fernández, un histórico desta organización en Galicia.

O esforzo de ESQUERDA UNIDA en sumar é máis que evidente, quen queira non entendelo, algunha interese electoral ou persoal terá…………