lunes, 25 de abril de 2011

AS PORTAS QUE ABRIL ABRIU

Un dos poemas máis fermosos do Ary dos Santos, poeta imprescindible das letras portuguesas pero inxustamente tratado quizáis pola súa decidida militancia no Partido Comunista, iníciase cuns versos proféticos e terriblemente actuais:

Era uma vez um país
onde entre o mar e a guerra
vivia o mais infeliz
dos povos à beira-terra*.

A infelicidade de Portugal, neste aniversario da Revolución dos Cravos, tradúcese hoxe na plasmación real do roubo destes últimos 35 anos realizado polos sucesivos gobernos do PS, PSD y CDS-PP, roubo e latrocinio que levou ao país a bancarrota, a facer da crise permanente a realidade que o pobo portugués mírase cada mañá. Roubo que non foi suficiente para os “vampiros” aos que cantaba o Zeca, e teñen que pedir ao FMI que veña a apuntalar o repunante sistema que construiron no país veciño.

Hoxe Portugal vive enfrentado a unha profunda crise económica e social. Máis de 700 000 traballadores están desempregados, centenares de miles sen protección social, a precariedade lastra, empobrece ao traballarador, a emigración voltou a ser unha necesidade. Máis de 2 millóns de portugueses viven na pobreza, o acceso a dereitos esenciais, como a saúde, a vivenda digna, a protección social, o ensino de calidade, a cultura, están, resultado da política de dereita, cada vez lonxe de ser unha realidade para todos e todas. Acentúanse as asimetrias entre o litoral e o interior. Á pobreza de cada vez máis portugueses contraponse as fortunas de moi poucos. Os salarios e as pensións dos portugueses son recortadas impunemente. O aparello produtivo destruído e recesión económica marcan a última década de entrada na Moeda Única e as políticas de sumisión as imposicións da UE. Como recordaba este fin de semana Jerónimo da Sousa, secretario xeral do PCP: “As políticas de capitulación nacional sucédense pondo en dúbida o interese nacional”.

Hoxe mais que nunca hai que recuperar os valores de Abril, vindicar o concepto de “povo” frente ao concepto de “naçao” ao que apelan os “vampiros” do PS e do PSD, vindicar os valores do antifascismo respondendo de xeito sincrónico a magnífica apelación que Stéphane Hessel fai aos valores da Resistencia Francesa no seu recomendable libro “INDIGNÁDEVOS”

Portugal ten que voltar a abrir as portas de abril.



*”As portas que Abril abríu”, de Jose Carlos Ary dos Santos

lunes, 18 de abril de 2011

CARTA ABERTA AOS MILITANTES E SIMPATIZANTES DE ESQUERDA UNIDA.

Rubén Pérez
Cabeza de lista de EU ao concello de Vigo

Hai unha parábola que conta sempre Felipe Alcaraz, que ademais de ser o pai do ex-entrenador do Recreativo de Huelva foi durante moitos anos portavoz parlamentario de IZQUIERDA UNIDA, que narra como un capitán manda excavar ós soldados trincheiras: “faremos unha aquí por se o enemigo ven polo norte” outra aquí por se ven polo sur, outra por se veñen polo leste...... e os soldados cavan a cavan sen descanso. É entón cando un soldado lle dí o capitán: disculpe meu capitán, e se atacamos nós e que as trincheiras as caven os enemigos?

.... e levábamos moitos anos cavando.... especialmente dende a caida do muro de Berlín, data na que a esquerda europea alternativa sumíuse nun eterno retroceso de posicións. Dende dentro e fora voces chamaban a que non tiña sentido unha esquerda alternativa, anticapitalista (xa que como decía Fukuyama nos 90 co fin do bloque socialista dábase o fenómeno que el chamou o fin da Historia: dende agora os feitos históricos serán anecdóticos), que tíñamos que integrarse nesa manida CASA COMÚN DA ESQUERDA que ubicaban nos partidos socialistas. Moitos escoitaron os cantos de sirena nese momento, outros como o noso actual alcalde, uns anos antes.
Paralelo a este retroceso, o capitalismo predador, que a nomenclatura empezou a chamar neoliberalismo económico nos 90, empezou a perder o medo os seus enimigos: ó Partido, o sindicato, a folga,... e empezou a artellar o calculado desartellamento do estado de benestar, dos mercados laborais regulados, da pluridade parlamentaria, da pluradidade nos medios,.... en resumo, a desartellar a democracia que dende as ruínas da europa de postguerra construiran golpe a golpe e folga a folga os traballadores e traballadoras.

Creaban paralelamente un sistema financiero mundial baseado esencialmente non na existencia de diñeiro, senón nas espectativas futuras de facerse con él o no endebedamento calculado das capas populares. Algún estratega afinou en chamarlle CAPITALISMO POPULAR. En 20 anos media población obreira de europa estaba hipotecada, ou con créditos ao consumo permanentes.

Este é o momento para nós, para os homes de mulleres de esquerdas de este país, é o momento de que os culpables desta crise, que teñen responsables fundamentalmente económicos pero tamén políticos, COMEZEN A CAVAR TRINCHEIRAS, non por deporte, senón por que a movilización e o voto rebelde e alternativo obríguelles a defenderse.

Hoxe, con media europa gobernada por esa CASA COMÚN DA ESQUERDA e con outra media cos neocons que compraban o libro de FUKUYAMA como a biblia os borbóns, non contexto de crise e descomposición do capitalismo, os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA atrevemonos a decir:

TIÑAMOS RAZÓN EN 1989 MENTRAS TIRÁBADES O MURO E UNIDIMENSIONÁBADES O MUNDO E AS IDEAS. TÍÑAMOS RAZÓN CANDO DENUNCIAMOS ESTE MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TÍÑAMOS RAZÓN CANDO CHAMAMOS SOCIALISMO A ESPERANZA COLECTIVA DE UN MUNDO MELLOR.

Hoxe, nos albores do século XXI, os homes e mulleres de Esquerda Unida presentámonos a este proceso electoral para ser a voz dos traballadores e traballadoras, das persoas máis afectadas pola crise estrutural do capitalismo na nosa terra.

HAI ALTERNATIVA a esta desfeita. Nós sempre defendimos o mesmo: o fin da miseria e do desenvolvemento sostible pasa pola construción do socialismo, esencialmente para que as persoas prevalezan sobre o capital; para que na loita política sea central a contradicción entre o interese acumulativo do capital e os do traballo asalariado. Para que o ben público e social érgase sobre os intereses económicos e a especulación privatizadora.

Para todo esto, ESQUERDA UNIDA achega solucións desde unha óptica de federalidade, de xustiza, de solidariedade.

domingo, 17 de abril de 2011

OUTRO MODELO PRODUCTIVO É POSIBLE. RECUPEREMOS OS SECTORES PRIMARIOS NO CONCELLO DE VIGO

Trascurridos máis de dous anos da “entrada en barrena” do capitalismo español a realidade é que casi ninguén discute que, no esencial, unha parte importante de orixe do problema parte do modelo de cremento económico do noso país nos últimos anos. Un modelo intimamente ligado a construcción de vivenda baixo o sistema de propiedade privada como modelo de tenencia, descartando modelos públicos de propiedade (parques públicos de vivenda) ou réximes de aluguer. Este sistema de posta en mercado de vivenda libre en cantidades industriais orixinou dous efectos terriblemente lesivos para os traballadores: a dependencia dun alto porcentaxe da man de obra total do sector inmobiliario e o sobreendebedamento familiar como modelo de consumo (lembremos que se chegaban a financiar ate o 120% do valor da vivenda nova en periódos hipotecarios de 40 e 50 anos).

A caída do sector inmobiliario significou a elevación do desemprego a niveis preocupantes e lastrado por este feito outros sectores empezaron a incrementar as súas tasas de desemprego, caldo de cultivo que se vía axudado por ese endebedamento familiar máis alto dos países da UE (89% del PIB en 2010)

Casi tres anos despois o dilema que as forzas políticas temos que soventar para dar solución a un desemprego despegando xa do 20% é se o modelo productivo anterior, que agochaba as propias debilidades industriais e tecnolóxicas do Estado español, é sostible e pode voltar a xenerar emprego a curto e medio prazo.

ESQUERDA UNIDA temos a certeza de que non. O “dorado” do ladrillo non poderá absorver a demanda de man de obra sobre todo nun contexto de crise financeira, de exceso de oferta de parque de vivenda nova e dun recurte importante de obra pública. Polo tanto é perentorio ofrecer alternativas de modelo productivo, un modelo productivo ao servizo dos interereses da maioria dos españois que somos os que, como maxistralmente analizara o vello Marx: o capitalismo somentes nos deixou a opción de vender a nosa forza de traballo a cambio dun salario.

E outra cuestión moi relacionada co proceso electoral que viviremos ¿poden os concellos ser parte activa na concrección do novo modelo productivo? Creemos firmemente que si.

E creemos que poden crear emprego porque Concellos como o de Vigo teñen un patrimonio inmenso en forma de espacio rural e forestal, sectores que nestes últimos 15 anos se abandoaron, mediante actuacións como o actual PXOM, para ser pasto dos especuladores inmobiliarios. Lembremos que o PXOM actual erradica de forma encuberta unha parte esencial da superficie rústica de Vigo convertindoa nunha amalgama de cualificacións pero cun acervo común: a edificabilidade.

Creemos firmemente que é posible recuperar aqueles sectores económicos en risco de desaparecer ou que se extinguiron como actividade produtiva. En moitos casos constitúen unha aposta económica viable, que se pode potenciar dende o público en forma de réxime de empresa municipal agraria ou de cooperativa participada polo Concello. Facilitando a instalación de empresas de transformación dos produtos autóctonos sustentables, contribuíndo á súa revalorización mediante cláusulas de bonificación e/ ou axudas directas. ¿Non é posible unha empresa municipa de productos agroecolóxicos que empregue a unha parte significativa dos traballadores e traballadoras expulsados pola crise do sector da construcción e que surta ós mercados de Vigo de productos biolóxicos a un precio competitivo ao implementar cíclos loxísticos de distribución curtos e erradicar a figura do intermediario agrícola? ¿non é posible unha empresa municipal de desenvolvemento forestal?, creemos radicalmente que sí.

Ademáis de que se implanta o modelo dos mercados de produtores fronte ao actual modelo de mercado de intermediarios axudaríamos a promocionar a produción e consumo de productos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica de proximidade. Fomentaríamos o desenvolvemento da agricultura ecolóxica como saída para o sector investindo en formación, recuperando variedades, dando canles curtas de comercialización e artellando accións que faciliten a explotación sustentable da nosa terra.

Voltar ao campo, ao cultivo agrario, algo que parecía inpensable no noso concello, pero que hoxe é perentorio para aliviar uns datos de desemprego xa endémicos. Hoxe temos nas parroquias miles de metros cadrados sen explotación agraria, moitos deles actualmente empezan a ser cedidos a terceiros para o cultivo, porque moitas familias están facendo números do que custa un kilo de tomates ou o kg de pementos nas áreas comerciais e as contas saen perfectamente. Pode parecer que dende unha perspectiva local esta aportación á soberanía alimentaria parece ínfima, pero si se pode organizar un sistema de distribución a nivel local (ou mesmo comarcal) máis xusto, que ofreza aos produtores a posibilidade de obter o 100% dos beneficios que reporte o seu traballo, e que ao mesmo tempo ofreza aos consumidores un produto de referencia, próximo e de alta calidade.

Esta reflexión colectiva que os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA plantexamos ten que ter unha proposta real, factible e concreta; polo que defendemos para o Concello de Vigo a creación dunha EMPRESA MUNICIPAL AGRÍCOLA con atribucións concretas: Xestión das terras de cultivo municipalizadas, xestión dun viveiro municipal, adquisición de maquinaria agrícola e subarrendo da mesa a cooperativas, formación e capacitación agraria, etc.... un novo modelo de empoderar o noso valioso medio rural, o riquísmo e amenazado sistema de regadío das parroquias, o desenvolvemento sostible, a integración laboral, en definitiva un modo modelo productivo para unha nova sociedade tamén no eido local.

jueves, 14 de abril de 2011

¿SABÍADES QUE....?

¿Os actuais procesos privatizadores da Sanidade Pública no que se inclúe a financiación privada da construcción e xestión de Hospitales como o proxectado para Vigo, ten un orixe na lei 15/1997, do 25 de abril, sobre habilitación de novas formas de xestión no sistema nacional de saúde que permite esta forma encuberta de privatización?

….¿Esta Norma foi aprobada polo goberno do PP de Jose María Aznar pero foi votada a favor polo PSOE?

¿…. o goberno negase sistemáticamente a modificar esta lei plantexando que hai que buscar fontes de financiación privados para o sistema público de saúde? PP e PSOE rebaixaron impostos ás grandes fortunas e agora din que non teñen cartos.

¿….ESQUERDA UNIDA ten sistemáticamente presentado iniciativas para impedir a entrada de empresarios como os da construcción, culpables en parte desta crise, no noso sistema público de saúde sendo derrotadas pola pinza entre o PP e o PSOE?

¿…que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa responsabilidade nesta situación por canto inaugurou ata tres veces o inicio das obras do novo hospital, non deixando nin a primeira pedra posta, facilitándolle a estratexia privatizadora ao PP?

¿…. en febreiro desde ano o PSOE negouse de novo a apoiar unha iniciativa parlamentaria de IU para modificar esta lei?


QUE NON TE ENGANEN, O PP e o PSOE defenden o mesmo modelo de entrada de capital privado na sanidade, modelo que fomentan nas comunidades autónomas donde gobernan, sexa Madrid ou Castela A Mancha

INDIGNÁDEVOS (TAMÉN EN VIGO)

Coincidindo coa edición en castelán e galego do altamente recomendable libro de Stephane Hesse....

En Vigo o concello (pupularmente coñecido como ALCALDÍA) pretende reducir case o 100% dos impostos por ocupación de vía pública aos bares e restaurantes, perdoa 1,1 millóns de euros en impostos lexítimos municipais a Citroën, preguntome: ¿porqué non se condiciona incluso a exención de impostos de terrazas ao cumprimento de horarios, convenio e salarios no sector da hostelería?, e porque perdoarlle a Citroen esa cantidade (que é irrisoria para un grupo industrial que o ano pasado en medio da crise tivo un beficio de 1134 millóns de euros) pero é importante para as arcas municipais.

Todos coñecemos bares e terrazas que facturan miles de euros e teñen aos traballadores con salarios de miseria ou sen contrato, asi que INDIGNÁDEVOS

Citroën fai do medo a deslocalización unha arma arroxadiza para conquerir medidas de flexibilidade e presión laboral únicas no estado español. Cun director da planta de Vigo impresentable, que presiona a proveedores non en calidade ou costes dos productos senón en flexibilizar e instaurar o modelo laboral nauseabundo da planta de Vigo. Asi que INDIGNÁDEVOS