O fascismo, ao longo da súa existencia, que non se termina nas ruínas do Berlín liberado ou a cama dun flebítico Franco, demostrou que a súa depuración política e social é gradual, na orixe case sibilina e difícil de percibir a súa magnitude futura.
En Alemaña primeiro empezaron acosando á oposición socialista e comunista, asestando pequenos golpes, incomodando nun principio a xudeos ricos e aos poucos, gradualmente, conducindo a súa política de terror a miles de cidadáns en toda europa. Igualmente en Italia o fascismo foi acurralando á oposición proba da que queda os maginificos debates de Matteoti ou Gramsci contra un bociferante Mussolini de recomendada lectura para entender como este cancro degrada aos poucos a mente da xente.
Denunciouno centos de veces Bertolt Brecht, até deixou un belo poema que, moitos citan pero que non se adoita reproducir literalmente, e rezaba:
"Primeiro viñeron buscar aos comunistas, e eu non falei porque non era comunista. Despois viñeron polos socialistas e os sindicalistas, e eu non falei porque non era únoo nin o outro. Despois viñeron polos xudeus, e eu non falei porque non era xudeu. Despois viñeron por min, e para ese momento xa non quedaba ninguén que puidese falar por min"
Primeiro é a asuncion de que unha etnia ten un patrón de comportamento, xitano trafica, judio especula co noso diñeiro, árabe rouba (algo que xa nos engalanaron magníficamente os medios de comunicación dando noticias coa coletilla "de orixe arabe" "de etnia xitana"
Logo é o guetto (nesas estan en Francia e Italia)
Logo deportación,
A historia dar exemplos: desde os Armenios até os xudeos de que seguir estas vías ten moito perigo....
....pero Europa xa non está para escoitar á Historia
No hay comentarios:
Publicar un comentario