martes, 1 de junio de 2010

PARADOXAS

Se denuncio a violación dos máis mínimos dereitos da poboación palestina dende 1948 son un proárabe antisemita

Se discuto a incapacidade da ONU de velar polo cumprimento da legalidade internacional nos territorios ocupados por Israel son un unilateralista que boicotea a paz mundial artellada trala segunda guerra mundial

Se considero a Hamas como a lexitima forza política elexida pola cidadanía palestina para que lle represente posiblemente son un islamista radical

Se denuncio que o goberno español ten contratos multimillonarios con Israel en materia de industria e I+D+I militar son un antipatriota que quere ver afundido un importante sector da economía industrial do estado

Pero, se Israel ten artellado o maior campo de concentración que coñeceu a historia da humanidade en Gaza, onde mais de un millón setecentas mil personas están completamente ailladas e bloqueadas

Se Israel asesina impunente.....

eles son victimas, sempre victimas...... e hai que chorarlles os mortos do nazismo, o éxodo, os progromos ó longo da historia,

estou ben farto de que os fornos de Auschwitz se aviven sempre que hai que tapar unha masacre sionista

ben farto................

No hay comentarios:

Publicar un comentario