jueves, 24 de junio de 2010

Rubén Pérez Correa encabezará a lista de ESQUERDA UNIDA en Vigo nas municipais de 2011


O actual coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez será o cabeza de lista da formación de esquerdas para enfrontar ás municipais do ano que ven según o acordo do Consello Político Local desta organización.

Rubén Pérez, de 33 anos é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Membro do Consello Político Nacional de ESQUERDA UNIDA, e tamén membro do Comité Federal do Partido Comunista de España e do comité executivo do Partido Comunista de Galicia.


Actualmente traballa nunha compañía de servicios informáticos na cidade de Vigo e é delegado sindical de CCOO na Federación de Industria. E ademáis o delegado en Vigo da ONGD OSPAAAL (Organización de Solidariedade cos pobos de Africa Asia e América Latina) .

Coa candidatura de Rubén Pérez ESQUERDA UNIDA tenta que a voz dos traballadores e dos mozos entre no Concello para defender políticas alternativas, anticapitalistas e democráticas nunha tesitura económica e social que fai imprencindible a presencia dos homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA nas institucións.

O candidato de ESQUERDA UNIDA suliñou que “nestes anos, dende a desaparición do PCG do panorama institucional do Concello de Vigo , a clase traballadora viguesa botou en falla unha voz que defendera os seus intereses en momentos decisivos, ante as privatizacións que gobernos de un e outra cor levaron a cabo, ante conflictos laborais nos que o concello tiña que actúar codo con codo coa cidadanía asalariada. A percepción da cidadanía de que todos os partidos políticos son iguais é froito de que non existíu unha alternativa, senón unha alternancia de forzas políticas.”

Engadíu que “Se pode facer outra política, e se pode facer política DE ESQUERDAS, dende o compromiso con políticas anticapitalistas, antiespeculativas e co horizonte da construcción do socialismo. Queremos desterrar a teoría de que ideoloxia e municipalismo non son concurrentes.”


miércoles, 16 de junio de 2010

ESPERAME EN SEPTIEMBRE


Como el guión de una película de amor de la noveau vague, .esperaremos a septiembre para la huelga general. Los sindicatos asumen que para que triunfe se necesita tiempo. Y tiempo, especialmente tiempo, es lo que tienen más de cuatro millones de españoles que pasan dilatadamente sus “lunes al sol” desde hace meses manteniendo un tórrido romance con el mostrador de las oficinas de empleo.

Las huelgas generales se hacen para ganarlas, claro que si, pero no se pierden el día que se para (o no) el país.

Se pierden cuando, durante años, se mina el sindicalismo de clase con políticas pactistas, clientelares de un gobierno con el que cientos de sindicalistas (de uno y otro sindicato) comparten carnet.

Se pierden cuando se asume que el sindicato es un “agente social” que tiene una especie de “compromiso histórico” con el gobierno y con el pais, al igual que Enrico Berlinguer dijo que el PCI lo tenía con la Democracia Cristiana para el bien de Italia. Falló Enrico y también fallará CCOO en esta empresa.

Durante años a muchos delegados sindicales y miembros de comités de empresa nos ha costado un Potosí defender a nuestro sindicato ante los trabajadores y en nuestros centros de trabajo. Quizás nosotros, los que defendemos un sindicato socio-político y no de servicios, los que hemos sobrevivido a las purgas internas del señor Gutiérrez (ahora diputado del PSOE) y del señor Fidalgo, (plausible candidato de UpyD a la alcaldía de Madrid), si nos conmueva una suerte de “compromiso histórico” con los orígenes e historia de nuestro sindicato. Pero todo tiene un límite.........

Tenemos varios meses para explicar, asamblea a asamblea, centro de trabajo a centro de trabajo no solo los motivos de la huelga sino, desgraciadamente, que es y para que sirve una huelga general ante una clase obrera unidimensionalizada, perdida en la cultura del “salvese quien pueda” y el “individualismo proletario”.

Nuestro sindicato nos lo ha puesto difícil, nos esperan en las asambleas caras de enfado, amarguras por situaciones personales angustiosas, mentes teledirigidas por el discurso teacheriano de “sindicatos corruptos y que viven de mis impuestos” que tan bien le fue a la dama de hierro ya que en un lustro se cargó cualquier regulación bidireccional patronal-sindicatos en las relaciones laborales inglesas.


Tiempos aciagos para la “fraternidad por el que no conozco” que decía Pablo Neruda. Tiempos aciagos para permitirnos esperar al amor en septiembre. A ver si de tanto esperar se nos va con otro.................

Rubén Pérez
Coordinador local de EU en Vigo, miembro del comité federal del Partido Comunista de España

lunes, 7 de junio de 2010

A POLITICA DE CONVERXENCIA DO PCE, ESQUERDA UNIDA

(DOCUMENTO APROBADO NO XVIII CONGRESO DO PCE)
Levamos anos falando do PCE de EU, o PCE en EU, Un PCE forte para unha EU forte, do PCE como garante da existencia esquerda transformadora. É dicir, dun partido sempre en función de EU. Chegamos a confundir ao proxecto do partido coa estratexia e a esta co instrumento da mesma. PERO A aposta por EU NON É A RESPONSABLE da degradación do PCE, ao contrario, a política de Converxencia (que despois deu orixe a EU) foi capaz de ?romper con Carrillo? e o ?eurocomunismo?, responsables do principio da devandita degradación.Temos que lembrar que o proxecto do PCE é a construción do socialismo e que para iso elabora estratexias e dótase de instrumentos. Por tanto, EU foi un instrumento da estratexia. Así, temos que abordar a cuestión comunista desde o punto de vista ideolóxico, político e do papel do partido. Somos unha forza que non asume o pensamento do sistema, senón que debe organizar a resposta desde a resistencia e a construción da alternativa.
En España faise urxente a recuperación dun forte referente ideolóxico en torno ao PCE.Partimos dun acordo na necesidade dunha ampla converxencia política e social que se concrete por unha banda en que o PCE traballe creando e desenvolvendo tecido social alternativo co que converxer na loita, e por outra banda no compromiso cunha EU Refundada, para o que desde o PCE debemos desenvolver o acordo que se tomaron en EU sobre este tema e situarnos á cabeza do proceso refundador de EU, concretando os elementos que xa vimos na pasada conferencia política, coas achegas que despois da pasada asemblea de EU teñamos que facerlle, empezando por deixar claro que sen unha satisfactoria solución dos conflitos que se arrastran desde hai anos en diversas federacións de EU, sobre a base dos seus principios e os seus estatutos, non é factible unha auténtica refundación de EU.
Paradigma disto foi a situación anómala da cal é vítima o PCE en Asturias
O PCE defende o seu compromiso irrenunciable á refundación de EU como unha aposta dos comunistas por recuperar a hexemonía cultural que a dereita nos arrebatou nos últimos anos, e non unha simple recomposición de hexemonías internas en EU, que conduciría irremediablemente ao fin do noso proxecto estratéxico e ao fracaso na sociedade.Hai que destacar que Esquerda Unida, aínda que actualmente aparece como a única alternativa fronte ao bipartidismo capitalista, non é máis que un pequeno embrión do amplo movemento plural e unitario que requiren as tarefas a realizar, articulando a organización política co conxunto dos movementos sociais emancipatorios, e no cal haberán de poder participar todas as organizacións, correntes e sensibilidades de esquerdas desde ao respecto á identidade de cada unha, axuntando a plena liberdade no debate interno e externo e na mobilización social democrática coa unidade de acción nas institucións do Estado.
Sinalemos que a autoorganización social necesaria para a construción dunha sociedade alternativa debe descansar necesariamente sobre a liberdade de acción e decisión dos diferentes compoñentes, políticos e sociais, do movemento que ha de impulsalo. A disciplina, pola contra, debe ser estrita na actuación dos cargos públicos nas institucións do Estado en cada nivel, que deben pór en práctica os acordos colectivos adoptados pola organización política no nivel correspondente, esforzándose así por evitar que ditas institucións desvincúlense da súa base social, como condición imprescindible para o proxecto de transformación social que defendemos.
O traballo do PCE no movemento cidadán, nos foros sociais, nos colectivos de solidariedade, no movemento feminista, etc. debe facerse en clave de converxencia social, ligada á Converxencia Politica que se concreta na aposta pola Refundacion de EU.
A necesidade de refundar EU derívase de que esta non pode ser, nin na súa composición, nin no seu funcionamento un partido político clásico, se non o que viñemos en denominar un movemento político e social organizado.
Porque o paradoxo é que, nun contexto de fracaso do neoliberalismo que propiciou o estalido da crise global do capitalismo, as principais forzas que desenvolveron o proxecto neoliberal, como o PSOE, pero tamén o PP, esforzáronse por esconder o seu perfil neoliberal e presentarse como forzas preocupadas polos problemas sociais.
A cuestión está en transformar o malestar fronte aos desastres do capitalismo nunha alternativa crible para amplos sectores sociais que EU non puido expresar até agora coa amplitude que se necesita. Este é o obxectivo político, o reto da refundación que debemos impulsar en EU desde os postulados políticos da Asemblea de novembro dun proxecto soberano que se define de esquerda anticapitalista, democrática, federal e republicana, pero tamén ten un reto organizativo, xa que todos coincidimos en que EU non pode ser, nin na súa composición, nin no seu funcionamento un Partido Político clásico, senón o que viñemos en denominar un Movemento Político e Social Organizado.

martes, 1 de junio de 2010

PARADOXAS

Se denuncio a violación dos máis mínimos dereitos da poboación palestina dende 1948 son un proárabe antisemita

Se discuto a incapacidade da ONU de velar polo cumprimento da legalidade internacional nos territorios ocupados por Israel son un unilateralista que boicotea a paz mundial artellada trala segunda guerra mundial

Se considero a Hamas como a lexitima forza política elexida pola cidadanía palestina para que lle represente posiblemente son un islamista radical

Se denuncio que o goberno español ten contratos multimillonarios con Israel en materia de industria e I+D+I militar son un antipatriota que quere ver afundido un importante sector da economía industrial do estado

Pero, se Israel ten artellado o maior campo de concentración que coñeceu a historia da humanidade en Gaza, onde mais de un millón setecentas mil personas están completamente ailladas e bloqueadas

Se Israel asesina impunente.....

eles son victimas, sempre victimas...... e hai que chorarlles os mortos do nazismo, o éxodo, os progromos ó longo da historia,

estou ben farto de que os fornos de Auschwitz se aviven sempre que hai que tapar unha masacre sionista

ben farto................