martes, 20 de abril de 2010

ANTE O CONCURSO DE ACREEDORES EN ALFAGEME


Enviamos hoxe este comunicado de prensa que, como é habitual, gozará do "silencio preventivo" da prensa local de Vigo




ESQUERDA UNIDA CONSIDERA A SUSPENSIÓN DE PAGOS DE ALFAGEME COMO O CASO PARADIGMÁTICO DE EMPRESA QUE CAE NAS MANS DE ESPECULADORES FINANCIEROS QUE A “DESANGRAN” PARA INTERESES FORA DO ÁMBITO INDUSTRIAL

EU pide que se reforme a lexislación vixente e que se evite que sociedades de inversións ou inmobiliarias encubertas poidan facerse con industrias productivas.



A aceptación por parte do Xulgado do Mercantil de Vigo do concurso de acreedores da conservería BERNADO ALFAGEME pon en evidencia a neglixencia da sociedade inversora que adquiriu fai tres anos unha compañía consolidada no mercado e cunha traxectoria industrial histórica. Para ESQUERDA UNIDA que intereses inmobiliarios, os terrenos da conserveira en Vigo son apetecibles para o sector do ladrillo, poñan en liza a máis de 350 familias fainos defender con máis razón que se teñen que modificar as normativas en canto a compra de sociedades, prohibindo que empresas ou sociedades que non teñan actividade nun sector poidan adquirir empresas do mesmo, evitando con isto a especulación financeira.

ESQUERDA UNIDA pide a Xunta que se responsabilice como avalista do grupo inversor (dos 44 millóns de euros en créditos que solicitaron os propietarios, 30,8 millones foron avalados pola Xunta) na superación do concurso de acreedores e no mantemento dos centros e dos postos de traballo, evitando que sexan os traballadores os que paguen a mala xestión de especuladores capitalistas sen escrúpulos.

Igualmente pide que de executarse o aval bancario, ante o impago dos propietarios, sobre a propia Xunta se artellen fórmulas de continuidade industrial do grupo baixo tutela pública da Consellería de Industria, evitando o peche definitivo dos catro centros

ESQUERDA UNIDA apoia ós traballadores nesta tesitura difícil e porá os seus esforzos e medios en colaborar activamente coa súa loita pola defensa dos nosos sectores industriais e os postos de traballo.

SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario