sábado, 13 de marzo de 2010

GRECIA SOMOS TODOS

Stravros Lambrinidis é un dos vicepresidentes da mesa do Parlamento europeo. Onte era entrevistado en Euronews e recitaba, ante a pregunta da xornalista sobre o que pasa en Grecia, as particularidades da situación do país helénico onde os cidadáns estaban cansados de ver como nos postos da administración entraban via trifásica familiares e amigos de políticos locais, como empresarios que declaraban gañar 18.000 euros ó ano paseaban o corpo en autos de luxo, de como o paro xuvenil hipoteca o futuro dunha xeración,... claro, o eurodeputado grego argumentaba que por todo isto (non so pero tamén) estaba xustificada a invervención europea nas contas e na economía.
Eu non sei pero todo o que conta este señor paréceme familiar, non sei....
creo que Grecia somos todos, (e algúns especialmente)

No hay comentarios:

Publicar un comentario