lunes, 8 de marzo de 2010

FAST FOOD, FAST CINEMA

Lonxe de avellanar máis na polémica aparecida ao redor da película AVATAR de James Cameron sobre a consideración do cine dixital fronte ao cine “analóxico” á hora de configurar candidaturas a premios, o que se é certo que o infausto desta discusión é que de súpeto decenas de anos de construción da difícil linguaxe cinematográfica, de avances nos recursos fotográficos, lumínicos, vestiarios, expresión corporal, montaxe, etc.... quedan igualados, fulminantemente, aos cálculos matemáticos dun computador. Desde fai anos, calquera persoa que madure intelectualmente e espiritualmente á calor do cine, observaría como as novas xeracións de mozas só coñecen particularmente como “bo cine” aquel que é efectivista, con grandes dispendios de efectos especiais, imaxe dixital e guións dixeribles. Isto converte máis de 100 anos de evolución dunha linguaxe complexa como é o cine en pasto de filmotecas polvorientas.

É alarmante que estes mozos descoñecerán, porque xa o ignoran dende pequenos, os sucesivos fitos do cine, desde a incorporación do son, os grandes clásicos norteamericanos dos anos 30 e 40, o neorrealismo italiano, a noveau vague ou ata o moderno cine independente europeo e norteamericano de baixo orzamento.

É grave, terrible, que desapareza este cine das canles globais de distribución, que languidezan as salas que non tremen á hora de preferir proxectar a Loach ou Tavernier antes que AVATAR, que grandes directores do cine europeo só sobrevivan pola cultura da subvención pública. ¿Temos suficiente capacidade moral para prescindir deste cine que ha radiografíado as nosas sociedades desde que Lubitsch, Lang, ou Chaplin empezaron a contar historias utilizando o invento dos irmáns Lumiere?. A cultura do consumo rápido fai que dispor de tempo para ver un filme sexa algo prescindible, unha boa película é a que se descarga por internet, consómese nunhas horas e bórrase do noso disco duro. E debe deixar nas nosas retinas luces de cores e efectos visuais grandiosos. Desaparece a figura do espectador lento, reflexivo, que pode ver varias veces unha escena só por admirar a montaxe, a fotografía ou a hilaridade ou traxedia dun fragmento de guión. Nalgúns cines xa cortan os títulos de crédito, algo que antes convertería ao espectador nunha sorte de Juana de Arco soliviantada ante o invasor.

Hai que empezar a defender o cine ante o seu triste futuro global, e como primeira medida urxe unha materia adaptada aos niveis educativos de ESO e Bacharelato, que transversalice todo o coñecemento humano, a filosofía, a relixión, a historia, a socioloxía, .... nas miles de obras mestras do cine que están empapadas deste coñecemento. Se hai agora unha materia que lles ensina a hipotecarse e conseguir un crédito bancario é profundamente inmoral que non haxa unha que lles ensine a radiografiar a pobreza nun John Ford nas UVAS DA IRA ou o ocaso da nobreza no Gatopardo de Visconti.

Eu empezo desde hoxe, desde que centos de persoas recomendáronme AVATAR describíndoma como “un peliculón” a miña campaña por crear esta materia nos deseños curriculares. Porque a min, moitas das poucas cousas que me fixeron feliz na vida transcorreron nunha sala de cine, con poucos espectadores pero que non se cortaban os créditos ao final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario