Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, explicou hoxe en rolda de prensa, que a Marea de Vigo ven de consignar a fianza para poder levar a cabo a acusación popular na “Operación Patos”, que este grupo municipal veuse na obriga de presentar dada a negativa do goberno vigués a aportar a información sobre os expedientes que están sendo investigados; do mesmo xeito que explicou a postura da Marea de Vigo con respecto a preparación dos orzamentos do 2016 e sobre a subvención a unha compañía aérea privada (Ryanair) que acaba de ser concedida.
Para a Marea de Vigo, tal e como se reflicte no seu programa, é fundamental a participación da veciñanza e o seu tecido asociativo na elaboración de políticas municipais en asuntos de tanta importancia para as e os vigueses coma os orzamentos do Concello. Por iso esta tarde, as 20:00, no local da FAVEC, vaise levar a cabo unha xornada de traballo o respecto, onde se debaterán e prepararán emendas ós orzamentos do 2016, xunto coas asociacións de veciños, movementos sociais e todas aquelas persoas que así o desexen facer.
A Marea de Vigo considera que, a cidadanía debe coñecer como interactúa un orzamento municipal coas prioridades que unha cidade ten que ter cubertas, considera non secundarios asuntos tales a xeneralización da figura do convenio con entidades para substituír ao concurso público, a aposta errónea polo formato de obra pública na modalidade concesional de humanizacións, os incrementos de pagos a empresas privadas por xestión de servizos públicos ou mesmo a priorización de gasto publicitario sobre inversión produtiva.
Na mesma liña, e a colación da subvención concedida a Ryanair, Rubén Pérez expresou a opinión do grupo municipal da Marea de Vigo con respecto a política de subvencións a compañías aéreas e o impacto que supón no turismo que ven a Vigo, cuestión que parece secundaria no plantexamento da mesma, priorizando máis a “saída” que a “entrada” de persoas, feito que podería supoñer un beneficio económico ó comercio e hostalaría da cidade; non obstante, dende o plantexamento de incremento na saída de persoas dende Vigo resulta ilustrativo que calquera voo dende Compostela a Barcelona, onde este ano non se plantexa unha subvención á Ryanair, é sensiblemente máis barato que dende Vigo, onde imos consignar máis de 1 millón. de euros á aerolínea
No hay comentarios:
Publicar un comentario